PROGRAMACIÓN CULTURAL DA UVIGO OUTUBRO-DECEMBRO 2014

BudinŽo PRENSA CELINA DA PIEDADE PORTRAIT FOR COVER CD AND PROMOTION Chevere_Ananos 25-04 436 _MAT6488 Pepe Viyuela prensa

O garaxe-pop e os sons tradicionais máis vangardistas centran a proposta musical da programación cultural da UVigo
• O humor de Pepe Viyuela e as “ultranoites” de Chévere protagonizarán as actuacións teatrais neste cuadrimestre
• A UVigo programará unha actuación de Celina da Piedade no edificio Cambón co fin de achegar as actividades da Universidade á cidadanía
Vigo, 13 de outubro de 2014.- A programación cultural da Universidade de Vigo ofrecerá este cuadrimestre actuacións musicais que percorren o garaxe-pop e os sons máis tradicionais. O 16 de outubro abrirá o cartel o grupo galego Novedades Carminha. A banda de garaxe-pop ofrecerá un concerto moi esperado no auditorio da Universidade viguesa logo de cancelarse este verán a súa actuación no festival PortAmérica, en Nigrán, por razóns meteorolóxicas. Novedades Carminha tocará temas do seu último traballo, Juventud infinita.
No apartado musical outra actuación destacada, con sons máis tradicionais, será a da acordeonista Celina da Piedade. Considerada un referente do acordeón, a intérprete portuguesa actuará o 23 de outubro no edificio Cambón (no Casco Vello de Vigo) co fin de achegar a programación da UVigo á cidadanía. A Universidade interesouse por incluír na programación esta actuación xa que o edificio Cambón acolle a sede do Centro de Interpretación Illas Atlánticas, cun forte vínculo co Campus do Mar e as facultades de Ciencias do Mar e Bioloxía, e ademais, a UVigo contará próximamente cunha sede nesta mesma zona. A solista e compositora tocará temas do seu último traballo: O cante das ervas. Como vén sendo habitual, a Universidade colaborará neste cuadrimestre tamén co programa VertixeVigo14 coa actuación de Particles, un dúo de percusión e arpa que actuará o 27 de novembro.
Narf Trío será outra das actuacións musicais programadas. O grupo, composto por veteranos músicos galegos: Fran Pérez Narf -galardoado nos Premios Galegos da Música Martín Códax-, LAR Legido e Alberte Rodríguez, “Ho ChiMing”, tocará temas do seu disco Nas tardes escuras, no que apostan polo rock mesturando textos de Rosalía de Castro. Narf Trío actuará no Teatro da Cidade Universitaria o vindeiro 6 de novembro, nun concerto introducido por Anxo Angueira, docente da UVigo e presidente da Fundación Rosalía. A esta actuación, a Universidade invitará a estudantes de institutos da contorna.
Pechará o cartel musical o tradicional Concerto de Nadal da Universidade de Vigo no que Xosé Manuel Budiño, que vai ser o director artístico da gala inaugural do Womex 2014, estará acompañado no escenario por convidados como Mercedes Peón, Vega, Xabier Díaz ou Oreka TX, para facer un espectáculo único. Esta actuación celebrarase o 18 de decembro no auditorio de AFundación.
As propostas teatrais deste cuadrimestre centraranse no humor non exento de crítica e compromiso. Os galegos Chévere achegarán ao teatro de Cidade Universitaria Ultranoite no país dos ananos, unha obra na que en clave satírica repasan os 20

últimos anos da historia galega. As “ultranoites” de Chévere misturan teatro e música co humor. Este será tamén o fío condutor da segunda proposta teatral deste cuadrimestre. O actor e humorista Pepe Viyuela, coñecido por series como Aída ou por interpretar no cine ao persoeiro de cómic Filemón, subirase ás táboas do auditorio da UVigo con Encerrona, o 20 de novembro. Pepe Viyuela aproveita o seu traballo de actor para participar en iniciativas solidarias como na que está a colaborar nestes días en Palestina con Pallasos en rebeldía.
A programación cultural da Universidade de Vigo, aberta tamén a cidadanía, é con entrada libre -ata completar aforamento, agás o Concerto de Nadal que é con invitación-, e cada curso achega aos universitarios e universitarias a oportunidade de formarse como futuros espectadores. O cartel inclúe variedade de estilos co fin de que os estudantes poidan coñecer as diferentes linguaxes creativas durante a súa etapa universitaria.

+ información: Binomio Comunicación. Ana B. Gómez / Matilde Corral. 608 157 956 / 606 704 368
anab@agenciabinomio.com/mcorral@agenciabinomio.com

Programación

DÍA/HORA ACTUACIÓN CATEGORÍA LUGAR
16 de outubro
18.30h. Novedades Carminha Música Teatro da Cidade
Universitaria
23 de outubro
20.30h. Celina da Piedade

Música
Auditorio do Edificio Cambón
29 de outubro
18.30h. Chevere
Ultranoite no País dos Ananos
Teatro Teatro da Cidade
Universitaria
6 de novembro
18.30h. Narf Trío
Música
Teatro da Cidade
Universitaria
20 de novembro
18.30h. Pepe Viyuela
Encerrona
Teatro Teatro da Cidade
Universitaria
27 de novembro
13.45h.. Particles
Angélica Vázquez (arpa)
Luis Bittencourt (percusión) Concerto
Vertixe Sonora Ensemble Hall da ETSE de Minas
18 de decembro
20.30h. Xosé Manuel Budiño +
convidados (Mercedes Peón, Vega, Xabier Díaz e Oreka TX)
Concerto de Nadal Centro Cultural AFUNDACIÓN

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: