Concello de Vigo


O Concello cede gratuitamente as intalacións do IMD a nove entidades educativas e sociais

O Concello cede gratuitamente as instalacións do Instituto Muncipal dos Deportes a nove entidades sociais e deportivas da cidade para que poidan desenvolver a súas actividades físicas. O rexedor asinou hoxe martes os convenios con estes colectivos para o que o Concello realiza unha exención de preto de 35.000 euros.

 


Caballero invita á cidadanía a comprobar a súa visión tridimensional na carpa instalada polo Día Mundial da Optometría

O alcalde felicitou ao Colexio de Optometristas de Galicia, que ten instalada durante este martes unha carpa informativa en Príncipe con Velázquez Moreno para conmemorar o Día Mundial da Optometría, adicada este ano á visión en 3D. Tanto hoxe na carpa como toda a semana nas ópticas, a evalución é gratuita para quen desexe acudir.

 

O Concello continua coa entrega das achegas extraordinarias a familias con escasos recursos

O goberno local prosegue este martes coa concesión dos 1.253 cheques sociais para familias viguesas con poucos recursos, a un ritmo de 150 beneficiarios cada día e por importe total de 2 millóns de euros. Abel Caballero destacou que Vigo é “o concello con maior política social de toda España”

 

O Concello outorga 67.000 euros a Foanpas para actividades extraescolares en 52 colexios

Abel Caballero indicou que esta achega permitirá que a Federación de Asociacións de Pais e Nais de Alumnos de Vigo poida organizar case 500 actividades extraescolares de diversa índole en 52 centros públicos da cidade, das que participarán case 9.000 alumnos.

 

O goberno amenizará as rúas e o comercio local para a segunda escala do Oasis of the Seas

Caballero deu conta hoxe martes da batería de propostas diseñadas polo Concello para potenciar o comercio local durante a segunda visita do Oasis of the Seas á cidade. Tal e como explicou en rolda de prensa, tamén se reforzará a información e o bus turístico.

 


Exposición sobre Manuel Gómez Román na Casa Galega da Cultura

Este mércores día 15 de outubro, ás 12:00 h, inaugúrase na sala de exposicións da Casa Galega da Cultura (praza da Princesa, 2) a mostra “Manuel Gómez Román. Arquitecto e galeguista. Unha ollada desde a Casa Galega da Cultura”, organizada pola Fundación Penzol en colaboración coa Concellería de Cultura e Festas e maila Editorial Galaxia, con motivo do 50ª aniversario do seu pasamento.

 


Cursos de improvisación oral en verso e narración oral

O Centro de Interpretación da Oralidade de Vigo (CIOV) de Normalización Lingüística organiza os cursos de improvisación oral en verso e narración oral. Os cursos de carácter gratuíto celebraranse de outubro a maio, os mércores e xoves, respectivamente, no IME-Instituto Municipal de Educación

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: