MÁIS DE 250 CENTROS ESCOLARES SÚMANSE Á TERCEIRA EDICIÓN DA CAMPAÑA AUTONÓMICA ‘SEPAREMOS BEN, RECICLAREMOS MELLOR’

 Todos manifestaron por escrito o interese en participar nesta iniciativa, que consideran imprescindible para complementar a formación dos seus alumnos no eido da reciclaxe
 A campaña arranca este mes en diferentes colexios das catro provincias, previndo dar resposta ao conxunto das solicitudes durante todo o curso académico
 Grupos de educadores desprazaranse aos centros para impartir charlas informativas, que serán adaptadas aos distintos niveis educativos, e que complementarán con recursos de apoio tales como presentacións en power point, emisión de vídeos, unidades didácticas, pasatempos e xogos
 Os alumnos que participen nas distintas actividades serán obsequiados con diferente material divulgativo e de merchandising da campaña

Santiago, 14 de outubro de 2014.- Máis de 250 centros escolares de Primaria, Secundaria, Bacharelato e Formación Profesional adscribíronse á terceira edición da campaña autonómica Separemos ben, reciclaremos mellor, unha iniciativa educativa promovida pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e Sogama, e que conta co apoio de Ecoembes, Ecovidrio e os sistemas integrados de xestión de pilas (Ecopilas, Ecolec e ERP).

A iniciativa arranca este mesmo mes en diferentes colexios da Comunidade galega, que xa manifestaron por escrito o seu interese, previndo dar resposta ao conxunto das solicitudes durante o curso académico 2014-2015.

Deste xeito, os grupos de educadores desprazaranse aos centros para impartir charlas informativas, que complementarán con recursos de apoio tales como presentacións en power point, emisión de vídeos, unidades didácticas, pasatempos e xogos, como é o caso do xogo xigante da reciclaxe.

As explicacións e actividades adaptaranse aos distintos niveis educativos, garantindo con isto unha mellor comprensión, por parte do alumnado, dos conceptos básicos, isto é, por que é necesario reducir a produción de lixo, en que consiste a reutilización e como debemos separar os residuos para que poidan ser reciclados. Neste punto traballarase intensamente nos tipos de material a depositar en cada un dos contedores de recollida selectiva: amarelo, para os envases de plástico, as latas e os briks (nunca plásticos que non sexan envases nin envoltorios); e o azul, para os envases de cartón e papel (nunca sucios nin con restos de graxa, debendo retirar elementos accesorios tales como arames, anelas, clips e grampas).

O iglú verde, para as botellas, frascos e tarros de vidro (nunca para os vidros especiais tales como cristais de fiestras, parabrisas de coches, restos de cristalerías e espellos); contedores específicos para pilas, que polo xeral poden atoparse nos propios colexios; e recipiente verde convencional, para a fracción resto, que Sogama converte en enerxía eléctrica no seu complexo industrial de Cerceda (A Coruña).

Outro dos aspectos que se aborda dentro desta iniciativa son as vantaxes ambientais, económicas e sociais da compostaxe doméstica, toda vez que xa se atopa implantada, da man de Sogama, en máis de cen entidades (concellos, colexios e asociacións). De feito, moitos centros educativos que dispoñen de servizo de comedor contan cun composteiro cedido pola empresa pública no que fabrican o seu propio abono natural a partir da materia orgánica producida, podendo fertilizar con este as hortas e xardíns dos recintos escolares.

Os alumnos que participen nas distintas actividades serán obsequiados con diverso material divulgativo e merchandising mediante o cal se pretende recordar en todo momento o importante papel que os pequenos cumpren no eido da reciclaxe, podendo levar a cabo unha importante tarefa educativa nas súas respectivas contornas familiares e sociais.

Estreo
A campaña estréase este mes en centros das catro provincias, polo que 20 centros de ensino de Galicia participarán nesta iniciativa. O primeiro, o 15 de outubro, será o CEIP A Florida de Sanxenxo, seguido do CEIP de Randufe. Na táboa indícase o calendario de visita:

DIA Concello Centro HORA NIÑOS
15 SANXENXO CEIP A Florida
(3º, 4º, 5º, 6º) 97
15 TUI CEIP de Randufe
(3º, 4º, 5º, 6º) 80
16 MALPICA DE BERGANTIÑOS CEIP Joaquín Rodríguez Otero (3º, 4º, 5º, 6º) 54
16 OURENSE Divina Pastora
(2º A, 2ºB, 2ºC ESO) 75
17 MOAÑA CEIP de Quintela (3º, 4º, 5º, 6º) 74
20 A GUARDA Colegio San José (3º, 4º, 5º, 6º primaria e 1º, 2º, 3º, 4º ESO) 155
21 OS BLANCOS CEIP dos Blancos (1º, 2º, 3º, 4º, 5º, 6º) 16
22 VIGO CEIP Virxe do Rocío (3º, 4º primaria) 41
22 MANZANEDA CEIP de Manzaneda (1º, 2º, 3º, 4º, 5º, 6º) 21
22 ARZÚA IES de Arzúa (1º, 2º ESO) 70
23 POIO CEIP de Lourido
(3º, 4º, 5º, 6º) 100
23 COSPEITO CPI Virxe do Monte
(3º, 4º, 5º, 6º,Primaria
1º, 2º, 3º, 4º ESO) 165
24 VILLALBA CEIP Antonio Insua Bermudez (3º, 4º, 5º, 6º) 78
27 CARBALLO CEIP Xesús San Luis Romero (3º, 4º, 5º, 6º) 55
27 BOIRO CEIP Plurilingüe Abanqueiro (1º, 2º, 3º, 4º, 5º, 6º) 100
28 VIVEIRO CEIP Lois Tobío (3º, 4º, 5º, 6º) 191
28 TUI CEIP Plurilingüe Nº 1 (3º, 4º, 5º, 6º) 100
29 TRABADA CEIP Celso Currás (3º, 4º, 5º, 6º) 15
29 VIGO Colegio Montesol (3º A y B ESO) 42
30 PONTEVEDRA C.F.E. Agroforestal (1º, 2º ciclo medio
1º, 2º ciclo superior) 120

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: