AXENDA SINSALAUDIO // DORIAN WOOD MAÑÁ NO MAC DA CORUÑA
VELLO, RARO, NOVO é un ciclo organizado polo Museo de Arte Contemporáneo Gas Natural Fenosa e comisariado por Sinsalaudio.
Vello, raro, novo é un ciclo adicado á cultura musical nas súas diferentes proxeccións. Trátase dun programa pioneiro e novedoso que abarca, ademáis da música en directo, o campo do coleccionismo musical como ligazón e conexión entre o museo e a cidadanía. Ao longo de varios meses presentaranse concertos internacionais, charlas e actividades didácticas que indagarán no traballo documental.
A programación de concertos continúa con Dorian Wood o xoves 16 de outubro. O primeiro trimestre do ciclo remata en novembro coa francesa Laetitia Sadier.