Concello de Vigo


O goberno de Vigo adxudica provisionalmente 22 humanizacións por 1,8 millóns de euros

Segundo informou Caballero, a Xunta de Goberno Local realizou a clasificación de ofertas para traballos de mellora en 22 rúas da cidade, por importe total de 1.768.000 euros. O alcalde reiterou que «continuamos coas humanizacións masivas na cidade de Vigo, que non se van deter».

 


Caballero respalda que San Francisco continúe xestionando o centro ocupacional

O alcalde cualifica de «disparate» a posibilidade de trasladar aos usuarios do centro ocupacional de San Francisco. Así o trasladou hoxe xoves aos medios de comunicación logo de manter un encontro con responsables da asociación.

 


O alcalde felicita aos organizadores do XIX Congreso de Calidade na Automoción

Os profesionais que manteñen o progreso tecnolóxico e da automoción daránse cita durante dous días en Vigo participando no XIX Congreso de Calidade na Automoción. No Centro Social Afundación daranse cita hoxe e mañá venres os principais fabricantes do mundo.

 


Caballero saúda a celebración en Vigo dunhas xornadas sobre automatización industrial

O alcalde mantivo unha reunión este xoves con Nacho Armesto e Patricia Ibarra, organizadores do evento, tras a cal Caballero explicou que será un evento «importantísimo» sobre automatización industrial que exhibirá tecnoloxía implementada en Vigo. O Congreso terá lugar do 3 ao 7 de novembro no Auditorio do Centro Social Afundación.

 

O Concello amplía este sábado os horarios dos museos pola escala do Oasis of the Seas

A Pinacoteca Municipal, a Casa das Artes e a Casa Galega da Cultura abrirán este 18 de outubro de 10 a 14 horas en horario de mañá e de 17 a 21 horas de tarde, aproveitando a escala en Vigo do maior crucero do mundo. Esta decisión do goberno local súmase ás actividades culturais, turísticas e lúdicas xa programadas para este sábado.

 

Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo

 

Xunta de Goberno Local

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: