Archivo | octubre 17, 2014

No Día contra a riqueza iniciamos a campaña “Da RISGA á RBis”

Debido ao mal tempo cancelamos onte os actos previstos para celebrarmos o Día contra a riqueza 2014. Malia non estar hoxe na rúa recollendo sinaturas da ILP pola Renda Básica, non queremos desaproveitar esta data para achegar o texto de presentación da campaña galega: “Da RISGA á RBis”. Achegamos o manifesto que tiñamos preparado para este mediodía:

Hoxe 17 de outubro celébrase o Día Internacional para a Erradicación da Pobreza. A Oficina de Dereitos Sociais de Coia, a Parroquia Cristo da Vitoria, o Grupo de Axitación Social (GAS) e as xentes de Baladre saímos á rúa nesta data, que xa o ano pasado rebautizamos como Día contra a riqueza, para denunciar unha vez máis que a riqueza acumulada nas mans duns poucos non fai máis que medrar a costa dunha maioría de persoas cada vez máis ampla que padece a crecente precarización das súas condicións de vida.

Os datos, e mais aló dos datos a realidade cotiá coa que nos enfrontamos, non deixan lugar a dúbidas: seis de cada dez familias galegas seguen a ter dificultades para chegar a fin de mes; pola contra, o 10% máis rico dos fogares europeos acumula a metade da riqueza do continente, os dez magnates máis ricos de Europa posúen unha fortuna case dez veces maior ao gasto español previsto en desemprego para o 2015 e a fortuna de Amancio Ortega equivale ao 87% do PIB galego.

Fronte a esta realidade de inxustiza, precariedade e exclusión á que nos condena o capitalismo, nós queremos presentar publicamente neste Día contra a riqueza a campaña galega “Da RISGA á RBis”, que ten como obxectivo visualizar o inútil que resulta a Renda de Inclusión Social de Galicia (RISGA) como ferramenta de transformación social e de loita contra o empobrecemento, así como defender a necesidade de superar estes modelos asistenciais e de loitar pola Renda Básica das iguais (RBis), definida como o dereito individual, universal e incondicional a recibir unha cantidade periódica que cubra as necesidades elementais.

Moitas veces temos denunciado que a terrible situación de empobrecemento e precariedade que padecen tantas persoas e familias en Galicia está a ser agravada dun xeito intolerable pola resposta da Xunta, que pasa case exclusivamente por unha RISGA insuficiente e excluínte, que pouco axuda e nada transforma. Orzamentos que rozan a miseria, contías mínimas e escasa cobertura, longos tempos de espera que se prolongan ata os oito meses, burocracia excesiva, requisitos rigorosos que deixan sen acceso a moita xente, incompatibilidades absurdas, esixencias a modo de contraprestación de participar en proxectos de inserción sen seguimento e inútiles, e mesmo obstáculos para obter o resgardo de entrega da solicitude… son algúns dos problemas que evidencian que a Xunta de Galicia non está a cumprir coa súa obriga de dar unha solución real e eficaz para cubrir as necesidades básicas das galegas e galegos.

Sen dúbida, un dos aspectos máis crueis é o que ten que ver cos atrasos na concesión da RISGA, cunha demora totalmente inaceptable por tratarse dunha axuda dirixida a persoas e familias nunha situación de verdadeira emerxencia social. A finais de agosto, sen ir máis lonxe, a Xunta recoñecía que estaba a resolver as solicitudes de decembro do 2013, o que é o mesmo que recoñecer que está a incumprir o establecido pola lexislación vixente no que atinxe aos prazos de resolución desta axuda (a Xunta ten 2 meses para resolver dende a entrada de toda a documentación, mentres que os concellos teñen 1 mes para enviar a documentación completa á Xunta).

Tampouco se está a dar présa a administración autonómica en elaborar e publicar o decreto que debe desenvolver e aclarar a citada Lei de inclusión social, publicada o 31 de decembro de 2013. Aínda que na aprobación da mesma se falaba dun  prazo de 6 meses, pasaron xa dez sen que nada novo se saiba, o que contribúe a incrementar a incerteza e indefensión da que son vítimas as persoas solicitantes da RISGA. Por poñer un exemplo, no que ten que ver coa solicitude dos atrasos coa anterior lei, aínda que nun primeiro momento falaban de recoñecemento automático en casos de RISGA nova e tras solicitude na antiga, sempre con data do mes seguinte á petición da última documentación requirida, semella que a estas alturas non teñen nada claro aínda como van tramitalo.

Ante a grave situación referida, non podemos deixar de denunciar, en primeiro lugar, que menten cando dan por única resposta ás nosas críticas e demandas iso de que “non hai cartos”. Fronte os recortes sociais e a súa imposta “austeridade” mal entendida, basta un exemplo significativo que vén de ser denunciado publicamente: a Consellería de Traballo e Benestar malgasta mil euros diarios en pagar a un número esaxerado de asesores contratados a dedo e que están ao servizo exclusivo da conselleira Beatriz Mato.

E finalmente non podemos deixar de denunciar, unha vez máis, o insuficiente e inútil da Renda de Inclusión Social de Galicia en termos de transformación social e de loita contra o empobrecemento. Por iso nós, e moitos colectivos e persoas, defendemos a necesidade de superar estes modelos de “rendas ou salarios para pobres”, para dar paso á Renda Básica das Iguais, concibida como o dereito de toda persoa a recibir unha cantidade periódica que cubra as súas necesidades elementais. Fronte a unha RISGA subsidiaria e restritiva, familiar e condicionada, a RBisten carácter universal, persoal e incondicional. A RBisé suficiente e digna; a RISGA, escasa e miserable. Finalmente, a RBis é un instrumento máis de xustiza e redistribución da riqueza, mentres a RISGA supón un instrumento de fiscalización, exclusión e perpetuación da esmola asistencial.

Porque temos dereito a vivir con dignidade: RENDA BÁSICA das iguais, XA!

 

A XUNTA DE GALICIA TRANSFIRE A PROL DO CONCELLO DE NIGRÁN A RÚA RANS E PARTE DA AVENIDA DA PRAIA AMÉRICA

clip_image002 Trátase dun tramo de 1,45 km de lonxitude que se inicia na PO-552 (C-550), en Rans, inclúe a denominada rúa Rans e parte da avenida da Praia América, e finaliza na estrada Vigo-A Ramallosa (PO-325), na zona da Foz
 A entrega dos bens formalizarase no prazo dos dous meses seguintes á publicación deste decreto no Diario Oficial de Galicia (DOG)
 Corresponderanlle ao Concello de Nigrán, a partir da formalización da entrega, todas as actividades de xestión, mantemento, conservación e explotación do vial

Santiago, 17 de outubro de 2014.- O Consello da Xunta de Galicia aprobou na súa sesión de hoxe o decreto polo que se se autoriza o cambio de titularidade da estrada PO-334, un antigo ramal desde a estrada Vigo-Tui (PO-552) ata A Praia América, a prol do concello de Nigrán.

Trátase dun tramo de 1,45 km de lonxitude que se inicia na PO-552 (anteriormente denominada C-550), en Rans, inclúe a denominada rúa Rans e parte da avenida da Praia América, e finaliza na estrada Vigo-A Ramallosa (PO-325), na zona da Foz. O treito ten características de vía urbana e funcionalidade local, e existe alternativa viaria e continuidade de itinerario polas estradas autonómicas PO-552 e PO-325.

Cómpre lembrar que a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas ten entre as súas funcións a tramitación dos cambios de titularidade das estradas incluídas nas redes dependentes da Comunidade Autónoma e das entidades locais. A teor do previsto no artigo 9.4 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, os cambios de titularidade das estradas ou treitos delas, cando non se trate de travesías urbanas ou treitos delas que estean incluídos no inventario de travesías da súa administración titular, deberán ser aprobados por decreto da Xunta de Galicia, por proposta da consellería competente en materia de estradas, e logo do acordo entre as administracións afectadas.

A entrega dos bens formalizarase no prazo dos dous meses seguintes á publicación deste decreto no Diario Oficial de Galicia (DOG), mediante a sinatura da correspondente acta. Corresponderanlle ao Concello de Nigrán, a partir da formalización da entrega, todas as actividades de xestión, mantemento, conservación e explotación da vía, así como o exercicio das funcións de disciplina viaria e calquera outra que poida corresponderlle como nova Administración titular da estrada.

No seguinte plano amósase o treito obxecto do cambio de titularidade.

EXPERTOS DE LA FACTORÍA DE INNOVACIÓN DE VIGO DAN A CONOCER UNA METODOLOGÍA DE CREACIÓN PARA LANZAR PRODUCTOS INNOVADORES BASADA EN EL CONOCIMIENTO Y LA EMPATÍA

SAMSUNG CAMERA PICTURESVigo, 17 de octubre de 2014. Cerca de cuarenta empresarios y emprendedores asistieron esta mañana, en el Centro de Negocios de Porto do Molle, en Nigrán, a la jornada “Design Thinking: pilares, herramientas y simulación práctica”, organizada, dentro de su Programa de Actividades en Abierto, por la Factoría de Innovación de Vigo, promovida por la Escuela de Organización Industrial (EOI), el Consorcio de la Zona Franca de Vigo (CZFV) y la Universidad de Vigo (UVIGO), y cofinanciada por el Fondo Europeo de Desarrollo Regional y el Ministerio de Industria, Energía y Turismo.
Durante esta sesión, Adrián Rial y Fernando Álvarez dieron a conocer a los asistentes en qué consiste la metodología Design Thinking y cómo se puede aplicar para innovar en procesos y productos mejorando su posicionamiento en el mercado. Se trata de un modelo en el que se emplea el conocimiento y la empatía para que las necesidades de los clientes sean resueltas mediante soluciones que le aporten valor añadido.
Según explicaron, el 40% de las innovaciones que se plantean no tienen éxito porque no satisfacen las demandas de los usuarios. Esto se debe a que, o bien no se han identificado correctamente cuáles son, o porque, aun conociéndolas, no cubren las expectativas de los clientes. Para evitar este resultado, recomienda aplicar el Design Thinking como método de trabajo teniendo en cuenta los principios de la innovación sostenible: buscar soluciones que cubran una necesidad, que pueda hacerse posible con la tecnología existente y que sea viable económicamente.
Para su aplicación, se identifican tres fases: inspirar, idear e implementar. En la primera, se define cuáles son los requerimientos de los usuarios, empleando la empatía; en la segunda, se trabaja en las posibles ideas para responder a dichas necesidades, aplicando un filtro para trabajar en profundidad en las que más se adapten; y en la tercera, se prototipan y testan las soluciones para comprobar su cabida en el mercado.
Esta metodología, empleada para el lanzamiento de productos innovadores tanto por grandes compañías, como Apple, Google o Procter & Gamble, como por pymes, como la catalana Lékué; debe ser desarrollada por equipos multidisciplinares, con perfiles caracterizados por tener amplitud y profundidad de conocimiento, con una visión transversal del mercado.
Para comprobar cómo se desarrolla el “Design Thinking”, los asistentes crearon grupos de trabajo que aplicaron estos principios para la creación de un mando a distancia innovador. Además, representantes de la compañía TokApp School explicaron su experiencia tras la incorporación de esta metodología a su modelo de negocio, replanteando su idea inicial y poniendo en marcha un producto innovador con respuesta positiva en el mercado: una aplicación móvil dirigida a conectar los centros de enseñanza con las familias de los alumnos.
Factoría de Innovación de Vigo
La Factoría de Innovación de Vigo es un centro de alto rendimiento en creatividad aplicada a la innovación, que se dedica al desarrollo de las capacidades innovadoras de las empresas y organizaciones empresariales, facilitándoles la puesta en marcha de proyectos innovadores, contribuyendo a dinamizar su actividad empresarial y a mejorar sus procesos de gestión.
Se trata de la primera factoría de innovación de Galicia y está promovida por la Escuela de Organización Industrial (EOI), el Consorcio de la Zona Franca de Vigo (CZFV) y la Universidade de Vigo (UVIGO), y cofinanciada por el Fondo Europeo de Desarrollo Regional y el Ministerio de Industria, Energía y Turismo.

ABIERTO EL PLAZO DE SOLICITUD PARA PARTICIPAR EN EL PROGRAMA “XUNTOS POLO NADAL”

Esta actividad está dirigido a mayores de 65 años o pensionistas de más de 60 que vivan en Galicia, cuenten con un nivel de ingresos bajo, no residan en ningún centro y no tengan allegados con los que pasar las fiestas de Navidad

Todos aquellos interesados en participar pueden presentar su solicitud hasta el próximo 15 de noviembre en las dependencias de los Servicios Sociales del Concello de Porriño o en el Centro Sociocomunitario de Porriño, en la calle Pio XII

Porriño, 17 de octubre de 2014.- La concejalía de Servicios Sociales del Concello de Porriño, que dirige Teresa Veloso, informa a todos los vecinos de que ya está abierto el plazo para participar en el programa “Xuntos polo Nadal”, destinado a personas mayores que pasen solos las fiestas de Navidad, que convoca, un año más, la Consellería de Traballo e Benestar.

Este programa está dirigido a mayores de 65 años o pensionistas de más de 60 que vivan en Galicia, cuenten con un nivel de ingresos bajo, no residan en ningún centro y no tengan allegados con los que pasar las fiestas de Navidad. Tendrán prioridad las personas que no hayan disfrutado anteriormente de ninguna actividad del programa de Turismo Social, las que no hayan participado en ediciones anteriores de “Xuntos polo Nadal”, las de más edad y las de menos recursos económicos.

Dentro de este programa los vecinos de Porriño podrán disfrutar de una estancia en la residencia de tiempo libre de O Carballiño (Ourense) entre el día 24 de diciembre y el 2 de enero. El alojamiento, en habitaciones dobles, y la comida de esos días están incluidos en el programa.

La Consellería que encabeza Beatriz Mato ofrece un total de 240 estancias en las residencias de tiempo libre de O Carballiño (Ourense) y Panxón (Pontevedra).

Todos aquellos interesados en participar pueden presentar su solicitud hasta el próximo 15 de noviembre en las dependencias de los Servicios Sociales del Concello de Porriño o en el Centro Sociocomunitario de Porriño, en la calle Pio XII.

O ISSGA ELABORA UN MANUAL DE BOAS PRÁCTICAS E SEGURIDADE NO TRABALLO NOS LABORATORIOS

 A directora do Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (ISSGA), Adela Quinzá-Torroja, clausurou hoxe en Santiago a presentación desta guía ás tres universidades galegas
 A iniciativa vai dirixida a todos os laboratorios de investigación, docencia, análise ou de control de calidade, entre outros, tanto no ámbito privado como público
 A realización deste manual forma parte do eixo de formación, difusión e sensibilización do Plan de Actividades do ISSGA para o ano 2014

Santiago, 17 de outubro de 2014.- O Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (ISSGA), que depende da Consellería de Traballo e Benestar, vén de elaborar un manual de boas prácticas de prevención de riscos laborais e de seguridade nos traballos en laboratorios, que hoxe se presentou ás tres universidades galegas en Santiago. A directora do Instituto, Adela Quinzá-Torroja, clausurou hoxe a presentación desta iniciativa, un acto que contou coa participación dos responsables de prevención de riscos laborais das tres universidades galegas.

O manual, que elaborou a técnica de Hixiene Industrial do ISSGA e doutora en Bioloxía, Lucía Ferrón, proporciona información básica para desenvolver o traballo de laboratorio en condicións seguras en consonancia co que marca a lexislación vixente en materia de prevención de riscos laborais. Ademais de abordar os principais perigos e riscos, a guía inclúe normas de conduta e protocolos de actuación en caso de accidente. No documento considéranse fundamental os riscos producidos nun laboratorio onde exista unha exposición a axentes químicos.

A guía, segundo explicou Quinzá-Torroja, vai dirixida a todos os laboratorios de investigación, docencia, análise, de control de calidade ou síntese de produtos, entre outros, tanto no ámbito público como no privado. Neste último eido, o empresario, como responsable da seguridade e da saúde dos seus traballadores, deberá designar unha persoas encargada (normalmente o director/responsable do laboratorio) de engadir a información específica para cada laboratorio.

Quinzá-Torroja lembrou que naqueles laboratorios nos que se manipulan materiais radiactivos, o control da exposición dos traballadores a estes produtos é competencia do Consello de Seguridade Nuclear, que o fai mediante os servizos e unidades técnicas de protección radiolóxica.

Por último, a directora do ISSGA indicou que a elaboración deste documento forma parte do eixo de formación, difusión e sensibilización do Plan de Actividades do ISSGA para o ano 2014 e se encadra no acordo marco de colaboración que o Instituto e as tres universidades manteñen para a promoción e información da prevención de riscos laborais.

A Deputación de Pontevedra informa: prazas vacantes no curso de Cociña Tradicional Galega na A. VV. San Roque

cocineroActividade: curso de Cociña Tradicional Galega

·         Lugar de realización: local da A. VV. San Roque, Vigo

·         Día: os xoves a partir do 23 de outubro

·         Horario: de 17.00 a 19.30 h

·         Tel. de información: 986 424 355 (de lunes a xoves de 19.00 a 20.00 h)

A Xunta manda inspectores aos domicilios dos perceptores da RISGA na procura de fraude

A Xunta e o seu mundo ao revés, no que se desconfía das persoas empobrecidas e non das enriquecidas!

Nestes días varias persoas beneficiarias da RISGA recibiron no seus domicilios a inesperada visita dunha inspectora da Xunta. Sen previo aviso, unha funcionaria presentouse na vivenda dalgunhas delas, semella que escollidas ao chou, co fin de contrastar os datos recollidos nos seus expediente. Deste xeito a inspectora preguntaba e pedía documentación sobre aspectos tan diversos como: selado do paro, ingresos dos membros da unidade familiar, estado dos trámites de divorcio…

Coa escusa de controlar os casos de fraude dentro dos perceptores da RISGA a Xunta obriga a pasar a moitas persoas por unha nova rolda de recoñecemento, volvendo a preguntar por datos e a pedir explicacións sobre feitos que coñecen dabondo.

A Xunta lonxe de arranxar a desfeita da RISGA, preocupase agora por controlar o fraude dentro do colectivo de perceptores da RISGA. Lembramos que a RISGA nestes momentos esta marcada pola restritiva aplicación dunha nova lei sen desenvolver, polos elevados meses de agarda, por contías de miseria, por cobertura social ridícula…

Está moi ben que a Xunta se preocupe por como se empregan os cartos de todas, pero en vez de sinalar ás persoas máis vulnerables economicamente, aconsellamos que comece mellor por controlar ás grandes fortunas e empresas e o seu abano de medios para evadir impostos. Acaso non hai sentenzas, datos, investigacións abertas… que apuntan a que os cartos de todas escapan sempre ás mans dunha minoría? Déixennos tranquilas!

A RISGA e outras axudas sociais son consecuencia da necesidade que teñen os poderes de simular que “parchean” -iso si, con moitos límites- as consecuencias máis sangrantes dun sistema económico excluínte e inxusto. Moitas veces falamos do mal reparto da riqueza no capitalismo; para nós as saídas non pasan pola esmola das axudas sociais, senón por superar a RISGA e chegar á Renda Básica das iguais, como dereito de toda persoa a unha contía coa que cubrir as necesidades elementais.

Coia, outubro 2014

Nota de prensa da sección sindical da CIG no Concello de Ponteareas

A CIG vén denunciando dende hai tempo a inexistencia de negociación cos sindicatos por parte do Concello de Ponteareas . Dende a central nacionalista critican que as manobras da concelleira de Persoal “distan moito do que cabe esperar dun Concello afogado nas débedas e cun Goberno en minoría que necesita apoios para solventar a súa situación”.

A CIG explica que, a pesar dos continuos atropelos da representante municipal -“forzando votacións, reducindo a duración das reunións, sacando notas de prensa pouco veraces e manipulando a información para inculpar os sindicatos das súas atrocidades”- desta vez foi máis alá menosprezando os sindicatos.

A xuízo da central, na última reunión coa representante municipal quedou clara “a falta de interese de negociar, posto que o único que lle interesa é cumprir o requisito legal para poder levar a pleno o que lle pete, segundo as súas propias palabras”. Dende a CIG lémbranlle á concelleira “que se ela se sente lexitimada por ser electa nun proceso democrático nós tamén o somos”.

Ao mesmo tempo, explican que dende que esta concelleira comezou no seu cargo tense esforzado por reducir custes no Concello, “aínda que é unha mágoa que ninguén lle teña dito que hai máis áreas onde aforrar que a de persoal, pois se utilizase a metade dos esforzos en xestionar mellor os servizos do Concello e deixar de facer actuación especiais que non competen a esta Administración igual non tiña que aforrar en material de seguridade e traballadores/as”.

Finalmente, amosan a súa preocupación polo “raro encaixe de bolillos” que se intenta facer coa praza de profesor de óboe, “pois iniciado xa o curso aínda non había profesor, noutra brillante xestión da concelleira posiblemente cara a amortización doutra praza”.

HELENA DE LUCAS DESTACA A APOSTA CLARA DO MINISTERIO DE FOMENTO POLO IMPULSO Á MOBILIDADE EN GALICIA

141016 facenda 02aA directora xeral de Mobilidade sinala que un dos obxectivos prioritarios da Xunta en materia de mobilidade será a posta en marcha do plan de transporte metropolitano da área de Vigo

 No vindeiro exercicio o investimento en materia de estradas en Galicia consignada aumentará nun 5,1% con respecto a 2014, sendo Galicia a terceira autonomía con maior gasto
 Os orzamentos previstos polo Ministerio de Fomento na Comunidade ascenden a 1.159 millóns de euros e responden en gran medida aos plantexamentos formulados pola Xunta de Galicia
 O Goberno central consigna un investimento de 790 millóns de euros en materia ferroviaria na Comunidade, o que permitirá rematar o Eixe Atlántico de Alta Velocidade e avanzar ao ritmo necesario na conexión coa Meseta

Vigo, 17 de outubro de 2014.- A directora xeral de Mobilidade, Helena de Lucas, destacou esta mañá que o Ministerio de Fomento mantén a aposta e o impulso pola mobilidade na Comunidade Autónoma, tal e como se recollen nos Presupostos Xerais do Estado.

Así o puxo de manifesto durante un almorzo onde analizou os investimentos do Goberno do Estado en Galicia, organizado pola Asociación galega da Empresa Familia, onde recordou que o Ministerio de Fomento destinará un importe de máis de 790 millóns de euros a investimentos ferroviarios en Galicia no vindeiro ano. Esta cifra sitúa a Galicia como a segunda Comunidade coa maior partida para ferrocarrís, cun gasto un 133% superior ao da media nacional. Estas partidas farán posible rematar o Eixe Atlántico de Alta Velocidade o vindeiro ano, así como avanzar ao ritmo necesario nas obras de conexión coa Meseta.

A directora xeral destacou que a estes investimentos hai que engadir o que tamén se realizará en materia de estradas, que en 2015 incrementarase nun 5,1% con respecto a 2014, sendo a terceira comunidade autónoma con maior investimento. En total, tendo en conta ademais o investimento que a empresa concesionaria realizará na ampliación da Autoestrada do Atlántico, está previsto destinar a actuacións en estradas galegas 356 millóns de euros o vindeiro ano.

Salientou que, por cuarto ano consecutivo, o Goberno do Estado mantén un forte compromiso inversor con Galicia, que da resposta aos intereses de Galicia e se materializarán nun importante impulso para as infraestruturas prioritarias na Comunidade.

Os investimentos territorializados previstos polo Ministerio de Fomento en Galicia ascenden a 1.159 millóns de euros e recollen en gran medida os plantexamentos formulados pola Xunta en relación coas actuacións máis importantes e necesarias para a Autonomía de cara a 2015.
Plan de transporte metropolitano
A directora xeral de Mobilidade sinalou que un dos obxectivos do departamento que dirixe será aposta en marcha do Plan de Transporte Metropolitano na área de Vigo. A implantación do PTM na área de Vigo realizarase aplicando os mesmos criterios que no resto de áreas nos que está implantado o Transporte Metropolitano.

Iso significa que as bonificacións son cofinanciadas polas diferentes administracións: todas as viaxes de carácter metropolitano son subvencionadas pola Xunta nun 80% e polos concellos da área nun 20%. Así mesmo, o Goberno galego abonaría o 100% do custe dos transbordos que se produzan dende os buses metropolitanos aos urbanos e a recurrencia.

Helena de Lucas afirmou que o máis destacable desta iniciativa de mobilidade son os importantes aforros económicos para os seus usuarios. A modo de exemplo salientou que unha persoa de Vigo que traballe no Porriño e colla todos os días o autobús urbano e o metropolitano poderá aforrarse uns 70 euros ao mes.

Dúas actividades de contacontos próximamente na Biblioteca de Chapela

Cartel A Orixe R Queizas Fatimafernandez contacontos adultosdous contacontos que terán lugar na biblioteca de Chapela próximamente. Un é para rapaces e o outro, para maiores.
– Venres 24 de Outubro, ás 18:30 h.: Contacontos para nenos/-as a partir de 5 anos: “A Orixe”, con Raquel Queizás.
– Luns 27 de Outubro, ás 18:00 h.: Contacontos para maiores: “Contos susurrados”, con Fátima Fernández.
Con ambas actividades festexaremos o Día das Bibliotecas. Ambos contacontos terán lugar coa colaboración do programa Lercontamoito, da Rede de Bibliotecas de Galicia.