A XUNTA DE GALICIA TRANSFIRE A PROL DO CONCELLO DE NIGRÁN A RÚA RANS E PARTE DA AVENIDA DA PRAIA AMÉRICA

clip_image002 Trátase dun tramo de 1,45 km de lonxitude que se inicia na PO-552 (C-550), en Rans, inclúe a denominada rúa Rans e parte da avenida da Praia América, e finaliza na estrada Vigo-A Ramallosa (PO-325), na zona da Foz
 A entrega dos bens formalizarase no prazo dos dous meses seguintes á publicación deste decreto no Diario Oficial de Galicia (DOG)
 Corresponderanlle ao Concello de Nigrán, a partir da formalización da entrega, todas as actividades de xestión, mantemento, conservación e explotación do vial

Santiago, 17 de outubro de 2014.- O Consello da Xunta de Galicia aprobou na súa sesión de hoxe o decreto polo que se se autoriza o cambio de titularidade da estrada PO-334, un antigo ramal desde a estrada Vigo-Tui (PO-552) ata A Praia América, a prol do concello de Nigrán.

Trátase dun tramo de 1,45 km de lonxitude que se inicia na PO-552 (anteriormente denominada C-550), en Rans, inclúe a denominada rúa Rans e parte da avenida da Praia América, e finaliza na estrada Vigo-A Ramallosa (PO-325), na zona da Foz. O treito ten características de vía urbana e funcionalidade local, e existe alternativa viaria e continuidade de itinerario polas estradas autonómicas PO-552 e PO-325.

Cómpre lembrar que a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas ten entre as súas funcións a tramitación dos cambios de titularidade das estradas incluídas nas redes dependentes da Comunidade Autónoma e das entidades locais. A teor do previsto no artigo 9.4 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, os cambios de titularidade das estradas ou treitos delas, cando non se trate de travesías urbanas ou treitos delas que estean incluídos no inventario de travesías da súa administración titular, deberán ser aprobados por decreto da Xunta de Galicia, por proposta da consellería competente en materia de estradas, e logo do acordo entre as administracións afectadas.

A entrega dos bens formalizarase no prazo dos dous meses seguintes á publicación deste decreto no Diario Oficial de Galicia (DOG), mediante a sinatura da correspondente acta. Corresponderanlle ao Concello de Nigrán, a partir da formalización da entrega, todas as actividades de xestión, mantemento, conservación e explotación da vía, así como o exercicio das funcións de disciplina viaria e calquera outra que poida corresponderlle como nova Administración titular da estrada.

No seguinte plano amósase o treito obxecto do cambio de titularidade.

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: