HELENA DE LUCAS DESTACA A APOSTA CLARA DO MINISTERIO DE FOMENTO POLO IMPULSO Á MOBILIDADE EN GALICIA

141016 facenda 02aA directora xeral de Mobilidade sinala que un dos obxectivos prioritarios da Xunta en materia de mobilidade será a posta en marcha do plan de transporte metropolitano da área de Vigo

 No vindeiro exercicio o investimento en materia de estradas en Galicia consignada aumentará nun 5,1% con respecto a 2014, sendo Galicia a terceira autonomía con maior gasto
 Os orzamentos previstos polo Ministerio de Fomento na Comunidade ascenden a 1.159 millóns de euros e responden en gran medida aos plantexamentos formulados pola Xunta de Galicia
 O Goberno central consigna un investimento de 790 millóns de euros en materia ferroviaria na Comunidade, o que permitirá rematar o Eixe Atlántico de Alta Velocidade e avanzar ao ritmo necesario na conexión coa Meseta

Vigo, 17 de outubro de 2014.- A directora xeral de Mobilidade, Helena de Lucas, destacou esta mañá que o Ministerio de Fomento mantén a aposta e o impulso pola mobilidade na Comunidade Autónoma, tal e como se recollen nos Presupostos Xerais do Estado.

Así o puxo de manifesto durante un almorzo onde analizou os investimentos do Goberno do Estado en Galicia, organizado pola Asociación galega da Empresa Familia, onde recordou que o Ministerio de Fomento destinará un importe de máis de 790 millóns de euros a investimentos ferroviarios en Galicia no vindeiro ano. Esta cifra sitúa a Galicia como a segunda Comunidade coa maior partida para ferrocarrís, cun gasto un 133% superior ao da media nacional. Estas partidas farán posible rematar o Eixe Atlántico de Alta Velocidade o vindeiro ano, así como avanzar ao ritmo necesario nas obras de conexión coa Meseta.

A directora xeral destacou que a estes investimentos hai que engadir o que tamén se realizará en materia de estradas, que en 2015 incrementarase nun 5,1% con respecto a 2014, sendo a terceira comunidade autónoma con maior investimento. En total, tendo en conta ademais o investimento que a empresa concesionaria realizará na ampliación da Autoestrada do Atlántico, está previsto destinar a actuacións en estradas galegas 356 millóns de euros o vindeiro ano.

Salientou que, por cuarto ano consecutivo, o Goberno do Estado mantén un forte compromiso inversor con Galicia, que da resposta aos intereses de Galicia e se materializarán nun importante impulso para as infraestruturas prioritarias na Comunidade.

Os investimentos territorializados previstos polo Ministerio de Fomento en Galicia ascenden a 1.159 millóns de euros e recollen en gran medida os plantexamentos formulados pola Xunta en relación coas actuacións máis importantes e necesarias para a Autonomía de cara a 2015.
Plan de transporte metropolitano
A directora xeral de Mobilidade sinalou que un dos obxectivos do departamento que dirixe será aposta en marcha do Plan de Transporte Metropolitano na área de Vigo. A implantación do PTM na área de Vigo realizarase aplicando os mesmos criterios que no resto de áreas nos que está implantado o Transporte Metropolitano.

Iso significa que as bonificacións son cofinanciadas polas diferentes administracións: todas as viaxes de carácter metropolitano son subvencionadas pola Xunta nun 80% e polos concellos da área nun 20%. Así mesmo, o Goberno galego abonaría o 100% do custe dos transbordos que se produzan dende os buses metropolitanos aos urbanos e a recurrencia.

Helena de Lucas afirmou que o máis destacable desta iniciativa de mobilidade son os importantes aforros económicos para os seus usuarios. A modo de exemplo salientou que unha persoa de Vigo que traballe no Porriño e colla todos os días o autobús urbano e o metropolitano poderá aforrarse uns 70 euros ao mes.

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: