Nota de prensa da sección sindical da CIG no Concello de Ponteareas

A CIG vén denunciando dende hai tempo a inexistencia de negociación cos sindicatos por parte do Concello de Ponteareas . Dende a central nacionalista critican que as manobras da concelleira de Persoal “distan moito do que cabe esperar dun Concello afogado nas débedas e cun Goberno en minoría que necesita apoios para solventar a súa situación”.

A CIG explica que, a pesar dos continuos atropelos da representante municipal -“forzando votacións, reducindo a duración das reunións, sacando notas de prensa pouco veraces e manipulando a información para inculpar os sindicatos das súas atrocidades”- desta vez foi máis alá menosprezando os sindicatos.

A xuízo da central, na última reunión coa representante municipal quedou clara “a falta de interese de negociar, posto que o único que lle interesa é cumprir o requisito legal para poder levar a pleno o que lle pete, segundo as súas propias palabras”. Dende a CIG lémbranlle á concelleira “que se ela se sente lexitimada por ser electa nun proceso democrático nós tamén o somos”.

Ao mesmo tempo, explican que dende que esta concelleira comezou no seu cargo tense esforzado por reducir custes no Concello, “aínda que é unha mágoa que ninguén lle teña dito que hai máis áreas onde aforrar que a de persoal, pois se utilizase a metade dos esforzos en xestionar mellor os servizos do Concello e deixar de facer actuación especiais que non competen a esta Administración igual non tiña que aforrar en material de seguridade e traballadores/as”.

Finalmente, amosan a súa preocupación polo “raro encaixe de bolillos” que se intenta facer coa praza de profesor de óboe, “pois iniciado xa o curso aínda non había profesor, noutra brillante xestión da concelleira posiblemente cara a amortización doutra praza”.

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: