A XUNTA INVISTE EN MOS MÁIS DE 40.000 EUROS A TRAVÉS DO PLAN MARCO PARA MELLORAR O CAMIÑO ARRUBIAL, EN PETELOS

 A delegada territorial da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch, visitou esta mañá a zona para comprobar o estado dos traballos que se executaron coa subvención outorgada pola Consellería de Medio Rural e do Mar.
 A través dos programas de axudas ao medio rural, o Concello de Mos recibiu nos últimos anos preto de 374.000 euros para diversas actuacións en zonas rurais do municipio.
 A Xunta destinou 600.000 euros nos anos 2013 e 2014 para levar a cabo preto de 30 actuacións en camiños e estradas rurais dos 14 concellos da área territorial.
 O Concello recibirá outra subvención para mellora de camiños rurais de case 70.000 euros co vindeiro Plan Marco 2014-2015.

Mos, 17 de outubro de 2014.- A delegada territorial da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch, acompañada pola alcaldesa da localidade, Nidia Arévalo, visitou esta mañá o camiño de Arrubial, na zona de Petelos, para comprobar as obras de mellora que se executaron ao abeiro do Plan Marco de mellora de camiños de titularidade municipal da Consellería de Medio Rural e do Mar.

Coma explicou Bravo Bosch, o departamento que dirixe a conselleira Rosa Quintana concedeu a axuda solicitada polo Concello de Mos ao abeiro do Plan Marco para executar a pavimentación do camiño de Arrubial, en Petelos, dende as inmediacións da capela de San Amaro ata o matadoiro municipal.

O investimento da obra chega case aos 50.000 euros (49.163,51), sendo a cantidade subvencionable pola Administración autonómica de máis de 40.000 euros (40.631,00 euros) mentres que o goberno local fíxose cargo do resto, que corresponde ao pago do IVE.

As obras xa están rematadas e, concretamente, para mellorar a seguridade do vial procedeuse a mellora da capa de rodaxe nunha lonxitude de 950 metros e 5 metros de ancho. Entre os traballos realizados levouse a cabo a limpeza das marxes e cunetas, un varrido enérxico do firme e aglomerado en quente de 5 centímetro de espesor con AC 16 surf 50/70 e, tamén, a posta a cota de 15 tapas de rexistro con formigón (recrecido de pozos).

En definitiva, a través de distintos programas de axudas ao medio rural, o Concello de Mos recibiu nos últimos anos preto de 374.000 euros para diversas actuacións en zonas rurais do municipio. Ademais, o Concello de Mos recibirá ao abeiro do próximo Plan Marco 2014-2015 a cantidade de 69.809 euros para seguir a mellorar os camiños rurais da localidade.

Preto de 600.000 euros para a área de Vigo
A través deste programa, a Xunta de Galicia destinou preto de 600.000 euros (598.509,06) nos anos 2013-2014 para levar a cabo ao redor de 30 actuacións en camiños e estradas rurais dos 14 concellos que forman parte da área territorial de Vigo.

O Plan Marco de mellora de camiños de titularidade municipal 2013-2014 ven a ser unha continuidade do anteriormente coñecido Programa Estratéxico de Infraestruturas do Medio Rural (PEIM) e lévase a cabo mediante axudas convocadas pola Axencia de Desenvolvemento Rural de Galicia (Agader) dirixidas ás entidades públicas locais. Deste xeito, as actuacións que se enmarcan neste programa teñen coma finalidade que a totalidade dos concellos de Galicia se beneficien da mellora das súas infraestruturas básicas incidindo na mellora da calidade de vida da súa poboación rural. O obxectivo é realizar actuacións de ampliación, mellora ou mantemento de camiños de titularidade municipal na procura de mellorar os accesos e a comunicación, permitindo incrementar a calidade de vida das zonas rurais e contribuíndo á fixación da poboación no rural e á diversificación económica.

Nos últimos anos, o investimento dedicado ás infraestruturas no eido rural para o ámbito da delegación territorial de Vigo achegouse aos 3 millóns de euros e as actuacións nos 14 concellos centráronse en mellorar as infraestruturas viarias, no acceso a explotacións, reposición de capa de rodaxe, adecuación de camiños e mellora de abastecementos de auga e saneamentos.

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: