A CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E INFRAESTRUTURAS INCREMENTA NUN 20% OS INVESTIMENTOS NA PROVINCIA DE PONTEVEDRA PARA O ANO 2015, SUPERANDO OS 122 MILLÓNS DE EUROS

As actuacións en estradas nesta provincia disporán dun investimento de 77,6 millóns de euros, 20 millóns máis que no exercicio anterior

 O presuposto fará posible iniciar o desdobramento do Corredor do Morrazo ou o acceso ao novo hospital de Vigo
 Destínanse 1,43 millóns de euros á implantación do Plan de Transporte Metropolitano de Vigo e avánzase na estación intermodal de Vigo
 Augas de Galicia continuará con actuacións tan relevantes para esta provincia como a EDAR de Vigo, cun importe de 7,36 millóns de euros
 Os presupostos contemplan unha achega de 8,1 millóns de euros para a explotación de 14 depuradoras da provincia, entre as que destacan estacións como as de Baiona, Pontevedra, Cambados, A Illa de Arousa ou Ribadumia
 O IGVS continúa traballando para facilitar aos cidadáns o acceso á vivenda, polo que os pontevedreses contarán no 2015 con máis de 6,2 millóns de euros en axudas ao alugueiro e á rehabilitación de vivendas
 Destaca tamén o impulso á Plataforma Loxística de Salvaterra-As Neves (PLISAN), que recibirá o vindeiro ano unha achega económica de 1,35 millóns de euros para iniciar os servizos xerais
 A Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental disporá de algo máis de 2 millóns de euros para a construción de puntos limpos ou a clausura de vertedoiros

Santiago, 20 de outubro de 2014.- A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas destinará un total de 122,63 millóns de euros á provincia de Pontevedra no vindeiro ano 2015, un 20 % máis que no actual exercicio. Así, esta provincia convértese na segunda con maior investimento de Galicia, onde a achega por habitante tamén medra, xa que será de 128,4 euros fronte aos 106,6 euros do ano anterior.

As actuacións en materia de estradas nesta provincia disporán de 77,6 millóns de euros para 2015, 20 millóns máis que en 2014. Isto fará posible que a Axencia Galega de Infraestruturas (AXI) impulse proxectos relevantes como a licitación e adxudicación do desdobramento do Corredor do Morrazo, o acceso ao novo hospital de Vigo ou o convenio de enlaces do Val Miñor.

Ademais, a Xunta segue a priorizar a conservación viaria, polo que se achegan 15,5 millóns de euros para levar a cabo accións de reforzo de firme ou outros tipos de melloras na rede viaria de titularidade autonómica.

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas tamén achega para o vindeiro ano 4,54 millóns de euros ao convenio para a supresión de peaxes no Morrazo e as bonificacións correspondentes na AG-57, no Val Miñor.
ACTUACIÓNS MÁIS DESTACADAS 2015
Conservación de estradas 15,50 M€
Convenio supresión peaxes Morrazo e bonificacións AG-57 (Val Miñor) 4,54 M€
Desdobramento do Corredor do Morrazo 2,14 M€
Acceso novo hospital de Vigo 1,96 M€
Convenio enlaces Val Miñor 1,13 M€
Convenio para a continuación do Paseo Marítimo de Moaña. 0,16 M€
Variante de Cangas 0,10 M€
Aparcadoiros disuasorios en Moaña 0,07 M€

Augas de Galicia
A provincia de Pontevedra disporá dun total de 25,33 millóns de euros para a execución de proxectos hidráulicos ao longo do próximo ano. Así, o organismo continuará con actuacións tan relevantes para esta provincia como a estación depuradora de augas residuais (EDAR) de Vigo, cunha achega de 7,36 millóns de euros ao convenio con Acuaes.

Outras obras centraranse na mellora do colector xeral e a nova impulsión de Marín, a nova estación de tratamento de auga potable (ETAP) de Cercedo ou os colectores xerais e a EDAR de Baiona. Tamén se ampliará a rede de abastecemento a Camos, en Nigrán, cun investimento de 1,4 millóns de euros e executarase a segunda fase da mellora do saneamento no saco de Fefiñáns, en Cambados.

Estes orzamentos tamén contemplan un capítulo para a explotación de 14 depuradoras da provincia, no que Augas de Galicia conta con 8,1 millóns de euros. Deste xeito, estacións como as de Baiona, Pontevedra, Cambados, A Illa de Arousa ou Ribadumia serán obxecto desta achega no próximo exercicio.

ACTUACIÓNS MÁIS DESTACADAS 2015
EDAR de Vigo 7,36 M€
Mellora do colector xeral e nova impulsión en Marín 1,47 M€
Captación, bombeo, impulsión e nova ETAP de Cerdedo 0,95 M€
Colectores xerais e EDAR de Baiona 1,39 M€
Mellora do abastecemento nas parroquias de A Lama e Antas, na Lama 0,86 M€
Ampliación da rede de abastecemento a Camos. Nigrán 1,41 M€
Fase 2 da mellora do saneamento no saco de Fefiñáns, en Cambados 0,67 M€
Rede de sumidoiros nos lugares de O Pereiro e Cadrelo, Marín 0,54 M€
Explotación de 14 depuradoras (Destacan Pontevedra, Baiona, Cambados, A Illa de Arousa e Ribadumia ) 8,10 M€
Plan de control de vertidos 0,87 M€
Acondicionamiento do Río Rodeiro, 2ª fase. 0,1 M€

Vivenda e urbanismo
As actuacións no eido da vivenda na provincia pontevedresa disporán o vindeiro ano de 12,98 millóns de euros, incrementándose así a achega en 4 millóns con respecto ao 2014, no que constaban 8,98 millóns. O Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) destinará 1,6 millóns de euros á construción de vivendas de promoción pública en Pontevedra e 850.000 euros á reparación deste tipo de inmobles.
O IGVS continúa traballando para facilitar aos cidadáns o acceso á vivenda, polo que os pontevedreses contarán no 2015 con máis de 6,2 millóns de euros en axudas ao alugueiro e á rehabilitación de vivendas.

Neste capítulo destaca, así mesmo, o impulso á Plataforma Loxística de Salvaterra-As Neves (PLISAN), que recibirá o vindeiro ano unha achega económica de 1,35 millóns de euros para iniciar os servizos xerais, aos que deben sumarse aos orzamentos comprometidos polos outros dous promotores, a Autoridade Portuaria e Zona Franca de Vigo, e que permitirán comezar as obras o vindeiro ano. Así mesmo, destinarase unha partida para completar os accesos á plataforma.

ACTUACIÓNS MÁIS DESTACADAS 2015
Construción de VPP Pontevedra 1,60 M€
Reparación VPP 0,85 M€
Solo empresarial. PLISAN 1,35 M€
Axudas á rehabilitación de vivendas 3,33 M€
Axudas ao aluguer 2,96 M€

En relación ás actuacións en materia de urbanismo, cómpre salientar as subvencións aos concellos para a redacción dos planeamentos urbanísticos ou as obras enmarcadas no Plan Hurbe como por exemplo, o acondicionamento da travesía de Sabarís.

Mobilidade
Os investimentos da Xunta consignan unha partida de 1,43 millóns de euros á implantación do Plan de Transporte Metropolitano de Vigo, un proxecto en avanzado estado de negociación que integra, ademais, os concellos de Baiona, Cangas, Fornelos, Gondomar, Moaña, Mos, Nigrán, Pazos de Borbén, O Porriño, Redondela, Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño e Soutomaior, é dicir, máis de 450.000 habitantes que se beneficiarán deste servizo cos seus correspondentes aforros económicos. Así mesmo, iniciaranse os traballos para o desenvolvemento da estación intermodal de Vigo.

Medio Ambiente
As accións destinadas á mellora e conservación do medio ambiente contarán cun investimento de máis de 3,5 millóns de euros para esta provincia.

Por unha parte, a Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental disporá de algo máis de 2 millóns de euros para levar a cabo traballos de mellora da calidade do aire, construción de puntos limpos e clausura de vertedoiros de residuos ou limpeza de puntos de vertidos incontrolados.

Por outra parte, a Dirección Xeral de Conservación da Natureza destina 1,56 millóns de euros á provincia pontevedresa, centrándose en axudas a concellos en Rede Natura 2000 ou parques naturais e subvencións á ordenación da actividade cinexética e piscícola. Nestes orzamentos tamén se contempla o programa Margal-Ulla e un paquete de traballos de conservación e protección da biodiversidade en Rede Natura 2000.

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: