A XUNTA APLICARÁ EN 2015 BENEFICIOS FISCAIS A FAMILIAS E EMPRESAS POR 321 MILLÓNS DE EUROS, UN 4,8% MÁIS, E AFONDARÁ NO REEQUILIBRIO TERRITORIAL
A Administración galega investirá 732 por habitante en Lugo e 673 euros en Ourense, fronte aos 401 de A Coruña e 396 de Pontevedra
- A conselleira de Facenda entregou hoxe no Parlamento os proxectos de Lei de Orzamentos para 2015 e de Medidas Fiscais e Administrativas
- Elena Muñoz Fonteriz lembra que as contas de 2015 son as primeiras que medran dende 2009, e que elevan os investimentos sen deixar de reforzar o gasto social
- Uns 280 millóns de euros de beneficios fiscais terán carácter social, para favorecer ás familias e empresas galegas
- O aforro corrente positivo acadará os 415 millóns de euros, cun incremento de 225 millóns respecto ao actual exercicio
- En 2015, Galicia recuperará a creación de emprego neto e rexistrará un crecemento da economía do 2%, o maior incremento do PIB dende 2007
- As prioridades e áreas clave ata 2020 serán a mellora da empregabilidade, a competitividade das pemes, a economía do coñecemento, o benestar social, as infraestruturas de rede e a sostenibilidade ambiental