ABANCA, primeira entidade en poder ofrecer aos seus clientes tarxetas de forma inmediata

O banco instala impresoras de tarxetas nas oficinas principais de Galicia

  • Os clientes poderán contratar ou renovar unha tarxeta e levala ao momento 


20.10.2014.
ABANCA é a primeira entidade financeira española que ofrece de forma masiva aos seus clientes a opción de poder contratar ou renovar unha tarxeta de débito ou crédito e recibila ao momento.

A entidade financeira galega finalizará durante este mes de outubro a instalación de máquinas de impresión instantánea de tarxetas nas oficinas principais de Galicia. “A implantación destas impresoras permítenos dar aos nosos clientes un servizo urxente e diferenciador. Eliminamos o tempo de espera por unha tarxeta xa que se poderá obter de forma inmediata”, afirma José Manuel Valiño, director xeral de Información, Procesos e Operacións de ABANCA.

As impresoras de tarxetas estarán situadas en sucursais estratéxicas pero os clientes de calquera oficina poderán solicitar a opción de impresión inmediata e recoller a súa tarxeta na sucursal máis próxima que conte cunha máquina de impresión instantánea.

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: