Archive | octubre 21, 2014

GETAFE NEGRO RECIBE A LEE CHILD, EL «BOSS» DEL THRILLER NEGRO NORTEAMERICANO, CON 60 MILLONES DE LIBROS VENDIDOS EN TODO EL MUNDO

El creador de Jack Reacher, último ganador del Premio RBA de Novela Negra por su libro Personal, charlará con unnamedToni García Ramón en La Fábrica de Harinas

La delegada del Gobierno en Madrid, Cristina Cifuentes, participará en un debate en torno al ciberactivismo y los nuevos escenarios del crimen en Internet junto a Simona Levi y Manuel Marlasca

Almudena Grandes, Noemí Sabugal, Domingo Villar y Santiago Roncagliolo analizarán la inevitabilidad del tema de la guerra como escenario para la ficción

Almudena Grandes firmará ejemplares de sus libros en la Carpa de la Feria del Libro de Getafe. También allí presentarán sus libros Rosario Curiel y el Teniente Luis Gonzalo Segura

A editora Mar Maior preséntase mañá na Casa del Lector de Madrid como a plataforma de difusión da literatura galega no mundo

MM_convocatoria O evento contará coa participación, entre outros, de César Antonio Molina, Ramón Villares, Antón Riveiro Coello, Xulia Alonso e Víctor F. Freixanes

• A música galega de orixe palestino Najla Shami interpretará uns poemas de Rosalía de Castro ante o público asistente

Madrid, 21 de outubro de 2014.- A Casa del Lector de Madrid acollerá mañá mércores 22 ás 19 h. a presentación de Mar Maior, a editora da cultura galega no mundo. Trátase do novo e ambicioso proxecto da Editorial Galaxia, que con máis de 50 anos de historia e cun fondo editorial no que se atopan as obras máis representativas da literatura galega se lanza agora ao mercado global cunha coidada selección de títulos traducidos a outras linguas.

Participarán na presentación estatal do proxecto personalidades como César Antonio Molina, director da Casa del Lector; Ángel Basanta, presidente da Asociación de Críticos de España; ou María Isabel de Andrés, presidenta da Fundación Germán Sánchez Ruipérez. Tamén intervirán Antón Riveiro Coello, autor de Laura en el desierto; Xulia Alonso, autora de Futuro Imperfecto; e Ramón Villares, autor de Historia de Galicia e presidente do Consello da Cultura Galega. Finalmente, Víctor F. Freixanes, director xeral de Editorial Galaxia e de Mar Maior, defenderá a importancia da cultura galega na construcción das identidades europea e latinoamericana, así como a capacidade da nosa literatura para conectar cun público global. E, unha vez concluído o acto, a música galega de orixe palestino Najla Shami interpretará uns poemas de Rosalía de Castro para o público asistente.

Mar Maior chega á Casa del Lector de Madrid despois do éxito acadado no Instituto Cervantes de Bruxelas, onde defendeu ante un nutrido grupo de personalidades que a cultura galega é unha cultura europea, conectada e comprometida históricamente na construcción de Europa, dende os cancioneiros medievais e o Camiño de Santiago ata o galeguismo da xeración Nós. O proxecto quere proxectar a cultura gallega a outras linguas e sociedades, comezando polo mundo do libro. Estamos presentes en Bruxelas e Buenos Aires e axiña chegaremos tamén a Montevideo, México, São Paulo e Salvador de Bahía. Traballamos, asimesmo, nunha liña de coedicións para o francés, alemán e inglés.
Primeiros títulos

O novo proxecto da Editorial Galaxia arrinca cunha coidada selección de textos de autores e autoras relacionados con Galicia e coa nosa cultura en Arxentina e en Brasil, xa que estes serán os primeiros espazos de actuación en América. “A oferta será sempre moi escollida”, advirte Freixanes, “pero Mar Maior nace como cunha vocación aperturista, coa ambición de converterse axiña nun mar para navegar todos, en palabras do libreiro e distribuidor arxentino Danilo Albero, que participa da idea do proxecto”.

Neste primeiro lanzamento para o mercado estatal, que se presenta mañá en Madrid, Mar Maior ofrecerá ao público español catro textos clásicos de Álvaro Cunqueiro El año del cometa, Flores del año mil y pico de ave, Vida y fugas de Fanto Fantini della Gherardesca e Tertulia de boticas prodigiosas; un inédito de Emilia Pardo Bazán, Cuentos para las Américas; a Historia de Galicia de Ramón Villares; e tres obras contemporáneas que teñen conquistado a crítica e o público galego e que axiña atraparán os lectores e lectoras do resto do mercado español:
• A primeira novela da xornalista Begoña Caamaño relata unha parte nunca antes contada da historia de Circe, a feiticeira, e Penélope, a esposa. Dúas mulleres poderosas que tecen a catro mans unha relación epistolar tan imprevisible como apaixonante e reescriben así a súa historia, que é a historia da cultura europea e occidental.
• Santiago de Compostela, Barcelona, Nova York e unha Europa convulsa durante a Segunda Guerra Mundial son os escenarios de Laura no deserto, unha historia sobre a memoria, a culpa, o amor e a liberdade que se fixo, entre outros, co Premio da Crítica Española 2011.
• A vida e a obra de Xulia Alonso danse cita en Futuro Imperfecto, un libro que destila sinceridade, valentía, honradez narrativa e autenticidade. Unha crónica personalísima da xeración dos 80, cos seus descubrimentos e coas súas consecuencias: o amor, a amizade, as drogas, o VIH, a SIDA… Unha historia conmovedora, única, tan grande como a vida.

Precisamente, serán Antón Riveiro Coello, Xulia Alonso e Ramón Villares os encargados de achegar as voces dos autores e autoras galegas ao sector editorial do resto do Estado, coa súa participación na festa de presentación de Mar Maior en Madrid.

MEDALLA DE OURO DO CÍRCULO DE BELLAS ARTES DE MADRID PARA CARLOS OROZA

MEDALLA DE OURO DO CÍRCULO DE BELLAS ARTES DE MADRID PARA CARLOS OROZA

O poeta galego Carlos Oroza recibirá mañá 21 de outubro (19:30 horas) a  Medalla de Ouro do Círculo de Bellas Artes de Madrid, o máximo galardón que outorga esta institución. Posteriormente ao acto de entrega, o homenaxeado mantenrá unha conversación co pintor Antón Patiño.

Master en Industria Musical da USC – O 31 de outubro de 2014 remata o prazo de preinscripción]

Máster en Industria Musical que organiza a Universidade de
Santiago de Compostela queríamos lembrarche que o prazo de preinscripción
remata este 31 de outubro de 2014.

Aínda queda algunha praza por cubrir, a xente que se preincribíu xa
comezou a facer actividades con nós.

Tes toda a información neste site:
www.masterenindustriamusical.com

E para dúbidas este é o noso mail: info@masterenindustriamusical.com

Equipo de investigación Canla Campus
www.masterenindustriamusical.com

La Fundación Provincial del Banco de Alimentos necesita 1.200 voluntarios para la Gran Recogida Solidaria de noviembre

Cartel Voluntarios 2014La ong amplía su radio de acción integrando en la acción solidaria a Pontevedra, Baiona, Cangas, Moaña, Lalín, Ponteareas y Chapela.

Vigo, 21/10/14.- El Banco de Alimento de Vigo afronta un nuevo reto para superarse: la nueva edición de la Gran Recogida Solidaria, prevista para los días 28 y 29 de noviembre. Una acción que este año no se ceñirá únicamente a la ciudad de Vigo sino que como, Fundación Provincial, se extenderá a otros puntos de la provincia, como Pontevedra (que cuenta ya con sede propia), Baiona, Cangas, Moaña, Lalín, Ponteareas y Chapela. Y para poder llevar a cabo la iniciativa solidaria, esta mañana su Presidente, Pedro Pereira, ha presentado el pilar fundamental de las acciones del Banco de Alimentos: la campaña de captación de voluntarios. Como era de esperar, y teniendo en cuenta los nuevos puntos de recogida, la llamada se duplica con respecto a 2013. Así las cosas, el Banco de Alimentos necesita 1.200 voluntarios, vitales todos ellos para llevar a cabo la Gran Recogida Solidaria de 2014

Pereira explicó que, con la experiencia del año paso, y gracias a las redes sociales, al término del periodo estival, desde el Banco de Alimentos comenzaron un trabajo de captación “que hoy se plasma en una gran campaña, sobre todo para las localidades que sumamos a esta edición”. Además, y para garantizar la correcta atención de las personas interesadas en colaborar, la Fundación Provincial del Banco de Alimentos acaba de poner en funcionamiento una nueva centralita con dos líneas dedicadas a este fin y siempre canalizadas a través el mismo número: 986 263 022. A mediados de noviembre, los voluntarios, recibirán una pequeña formación de cara a los días de la GRS y sobre todo, tratando de guiar a las personas que participan por primera vez.

El Presidente de la ong hizo hincapié, también en la participación de los niños y niñas (mayores de 12 años), que podrán colaborar en compañía de un adulto. “Es muy importante inculcar este tipo de valores en los más pequeños, que vean que la solidaridad con los que menos tiene realmente existe”, afirmó Pereira.

Durante los días 28 y 29 de noviembre, los voluntarios realizarán turnos de cuatro horas aproximadamente entre las 9:00 y las 22:00 horas dependiendo de los horarios de cada centro, y en la sede del Banco de Alimentos de Vigo quedará un equipo disponible para cualquier incidencia.

A mediados de noviembre está prevista la presentación oficial de la Gran Recogida Solidaria de 2014, que en esta ocasión contará con un rostro “muy conocido por todos” y que tendrá un carácter “no tanto local sino a nivel Galicia”. También se conocerá el objetivo final de recogida, así como el número de establecimientos participantes, que superarán el centenar.

Pedro Pereira hizo un último llamamiento a que los ciudadanos se pongan en contacto con la Fundación Provincial del Banco de Alimentos a través de las redes sociales, Facebook y Twitter, para colaborar e interactuar.

A XUNTA INICIA A EXECUCIÓN DOS APARCADOIROS DISUASORIOS DE MOAÑA CO FIN DE IMPULSAR O TRANSPORTE PÚBLICO E AS VIAXES COMPARTIDAS NAS CONTORNAS METROPOLITANAS

A directora xeral de Mobilidade visitou hoxe estas obras, onde destacou “que non hai proba máis clara da vontade da Xunta de poñer en marcha o Transporte Metropolitano de Vigo que os 1,5 millóns de euros reservados nos Orzamentos da Xunta para 2015”

 Estas áreas ofrecerán 104 prazas de aparcadoiro, 32 en Domaio e 72 en Broullón
 O Goberno galego achega máis de 435.000 euros para estas actuacións, recibindo a instalación de Domaio máis de 151.000 euros e a de Broullón, case 285.000
 As dúas superficies suporán un importante beneficio para o concello de Moaña, mellorando a calidade de vida duns 30.000 habitantes, que poderán acceder a estes espazos de xeito gratuíto
 Helena de Lucas salienta que a implantación do transporte metropolitano suporá que o traxecto de ida e volta dende Vigo a Moaña, en transporte urbano máis barco, pase de custar 4,3 euros a 2,56 euros
 Os Orzamentos da Xunta para 2015 reservan para a comarca morracense 2,14 millóns de euros, que se incrementarán nos seguintes exercicios, para licitar e iniciar as obras do desdobramento do corredor do Morrazo

Moaña (Pontevedra), 21 de outubro de 2014.- A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas vén de iniciar as obras de construción dos aparcadoiros disuasorios en Domaio e Broullón, no Concello de Moaña. A directora xeral de Mobilidade, Helena de Lucas, acompañada polo alcalde de Moaña, José Fervenza, e a delegada territorial da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch, visitaron hoxe estas actuacións.

Cómpre lembrar que estas obras licitáronse no mes de xuño por máis de 435.000 euros, recibindo a instalación de Domaio máis de 151.000 euros e a de Broullón case 285.000.

Os aparcadoiros disuasorios pretenden fomentar o transporte público e as viaxes compartidas nas contornas metropolitanas, co obxectivo de avanzar cara unha mobilidade sustentable, e ir da man dos obxectivos marcados na estratexia de Europa 2020.

A directora xeral de Mobilidade sinalou que “o plan de aparcadoiros disuasorios forma parte dunha aposta da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas polo desenvolvemento da mobilidade sustentable en Galicia”. As dúas instalacións suporán un importante beneficio para o Concello de Moaña, mellorando a calidade de vida de máis de 30.000 habitantes, que poderán acceder a estes espazos de xeito gratuíto.

No aparcadoiro de Domaio existirán 32 prazas de aparcadoiro (31 prazas normais +1 praza para persoas de mobilidade reducida). Deste xeito, porase en valor unha parcela de 1.500 metros cadrados na zona na antiga estrada PO-551, nas proximidades da glorieta de unión entre a estrada PO-551 e o Corredor do Morrazo.

No caso do de Broullón, na estrada CG-4.1 encádrase dentro da rede de Alta Capacidade e a PO-313, a construción deste modifica a intersección existente, resolvéndose cunha glorieta que facilita a entrada e saída ao aparcadoiro e permite a circulación fluída do resto dos viais. Esta instalación contará con 70 prazas normais e 2 prazas para persoas de mobilidade reducida.

Orzamentos da Xunta en Vigo
Helena de Lucas destacou “os case 1,5 millóns de euros que se reservaron nos Orzamentos da Xunta para 2015 para a implantación do Plan Metropolitano de Vigo e doutros 13 concellos, entre eles este de Moaña”. Engadiu que “estamos actualmente avanzando nas negociacións con todas as partes implicadas e coido que non hai proba máis clara da vontade da Xunta de poñelo en marcha que os Orzamentos.”

A directora xeral de Mobilidade explicou que “o transporte metropolitano é un sistema cheo de vantaxes: sociais, ambientais e económicas, permitindo aforros medios de 600 euros ao ano. Por iso, creo que poder ofrecer este servizo a case medio millón de habitantes da área metropolitana de Vigo é un obxectivo que ben paga a pena”.

Helena de Lucas puxo como exemplo que “na actualidade o traxecto de ida e volta de Vigo a Moaña, en transporte urbano máis o barco, custa 4,3 euros, que co servizo do transporte metropolitano reducirase a 2,56 euros”.

Por outra banda, Vigo será unha das oito comarcas nas que se vai implantar un plan de mobilidade sustentable urbano e interurbano. Consistirá no deseño e construción de sendas peoníns que permita que os cidadáns poidan acceder a lugares de referencia, como o centro de saúde ou os colexios sen necesidade de utilizar o vehículo privado e en condicións de máxima seguridade.

Estas actuacións complementarán de maneira importante as actuacións sobre as infraestruturas viarias, de maneira significativa o desdobramento do Corredor do Morrazo.

Os Orzamentos da Xunta, con 2,14 millóns de euros que se incrementarán nos seguintes exercicios, permitirán licitar e iniciar as obras en 2015. E dese xeito, esta obra, agardada e demandada, que actualmente está en fase de redacción dos proxectos construtivos, será o ano que vén unha realidade en marcha.