BENESTAR INCREMENTARÁ POR SEGUNDO ANO CONSECUTIVO O ORZAMENTO DESTINADO Á DISCAPACIDADE QUE ALCANZARÁ OS 100 MILLÓNS EN 2015

 A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, acompañada da delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, visitou hoxe en Xove o Centro de Recursos para persoas con Discapacidade (CRD)
 Mato anunciou que a partida global destinada ás persoas con discapacidade aumentará o próximo ano nun 8,6 por cento con respecto aos dous últimos exercicios
 Do total, a dotación para os programas de emprego para a discapacidade aumentará un 2 por cento con respecto a este ano, chegando ata os preto de 18 millóns de euros
 A titular de Benestar anunciou, ademais, que o Goberno galego porá en marcha 140 novas prazas de atención diúrna para persoas con discapacidade antes de que remate este ano
 Tras a visita a Xove, Mato e Arias desprazáronse ata Burela para comprobar in situ as obras da escola infantil que ofertará 41 novas prazas públicas de 0-3 anos
 A apertura deste servizo incrementará a 9 as escolas infantís da Rede A Galiña Azul na Mariña que contará cunha oferta de 446 prazas, das que o Goberno galego puxo en marcha un total de 143

Xove (Lugo), 22 de outubro de 2014.- A Consellería de Traballo e Benestar incrementará nos orzamentos de 2015 e por segundo ano consecutivo a partida global destinada a atender ás persoas con discapacidade, que se achegará aos 100 millóns de euros, un 8,6 por cento máis que nos dous últimos anos.

Así o destacou hoxe a titular do departamento autonómico, Beatriz Mato, en Xove, onde, acompañada pola delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, visitou o Centro de Recursos para persoas con Discapacidade de Cogami, que presta servizo na comarca da Mariña occidental e os seus concellos limítrofes. A titular de Benestar resaltou que do orzamento global da discapacidade investiranse en programas de emprego para este colectivo preto de 18 millóns de euros, un 2 por cento máis que en 2014.

Neste eido, subliñou que só para subvencionar o salario dos traballadores en centros especiais de emprego dedícanse 7,5 millóns de euros anuais, unha cantidade coa que se financia o emprego de 2.000 traballadores nos 114 centros de este tipo que hai en Galicia. Máis de 500 correspóndense con traballadores dos centros de Cogami.

Así mesmo, no que se refire ás prazas públicas para persoas con discapacidade, a conselleira anunciou que antes de que remate o ano poranse en marcha 140 novas prazas de atención diúrna para este colectivo, polo que destacou que cando comece 2015 o Goberno galego terá creado case 850 prazas, un 20 por cento máis das que había en 2009. Na actualidade hai 5.000 prazas públicas para persoas con discapacidade en Galicia. Ao mantemento destas prazas, a Administración autonómica destina 50 millóns de euros en 2014.

Un centro de referencia
O Centro de Recursos para persoas con Discapacidade (CRD) A Mariña-Palmeiro que xestiona Cogami conta con preto de 100 usuarios converténdose, deste xeito, nun centro de referencia de apoio á discapacidade no norte da provincia de Lugo. Na súa construción, Mato lembrou que se investiron un total de 1,6 millóns de euros dos que a Consellería colaborou cunha achega de 400.000 euros.

“O noso Goberno ten un firme compromiso coa calidade de vida, a igualdade de oportunidades e a integración das persoas con discapacidade, xa que o noso obxectivo é acadar unha inclusión plena e efectiva de todos os galegos e galegas na nosa sociedade”,m apuntou Mato. Neste senso, sinalou a importancia de contar coa colaboración que ofrecen entidades como Cogami e coas que tamén coopera a Xunta. Así, por exemplo, a colaboración da Xunta con Cogami supera os 60 millóns de euros desde 2009. Só en 2014 destináronse máis de 8 millóns a actuacións de orientación laboral, os centros especiais de emprego, a formación, ou concerto de prazas e servizos.

Escola Burela
Tras a visita ao centro de discapacidade, Mato e Arias desprazáronse ata Burela para comprobar in situ as obras da nova escola infantil da Rede A Galiña Azul, que ofertará 41 novas prazas públicas para nenos e nenas de 0 a 3 anos neste concello. Na súa construción vanse investir máis de 580.000 euros. Mato avanzou que a prevención é que esta escola estea en funcionamento para o próximo curso.

A titular de Benestar destacou que, coa posta en marcha desta nova escola, o próximo curso haberá en Burela unha oferta de 161 prazas públicas de 0-3 anos, un 34 por cento máis das actuais. Así mesmo, resaltou que a apertura deste centro vai elevar a 9 as escolas da Rede A Galiña Azul na Mariña que contará con 446 prazas, das que o Goberno galego puxo en marcha 143. Isto supón un 47 por cento máis das que había en 2009.

Mato indicou que a posta en marcha de novas prazas en escolas infantís supón “un instrumento fundamental” no obxectivo da conciliación, un dos principais eixos do Plan de Dinamización Demográfica.

Por último, apuntou que desde 2009, e segundo este obxectivo, puxéronse en marcha 3.320 prazas en escolas infantís, máis do 60 por cento de incremento con respecto ás que había entón. En total, a oferta actual é de preto de 9.000 prazas. A esta oferta sumaranse antes de que acabe esta lexislatura máis de 2.000 novas prazas, o que significará, segundo Mato, practicamente dobrar as que había en 2009. Na provincia de Lugo creáronse preto de 300 prazas, un aumento do 41 por cento.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: