A CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE INICIA O PROGRAMA EDUCATIVO 2014-2015 DO PARQUE NACIONAL MARÍTIMO TERESTRE DAS ILLAS ATLÁNTICAS DE GALICIA

O departamento que dirixe Ethel Vázquez cree necesarias este tipo de actividades de educación ambiental, que son imprescindibles para todos os espazos protexidos

 Hoxe visitou o centro o colexio Compañía de María de Vigo, repartido en grupos que irán rotando por tres dinámicas diferentes
 Poderán disfrutar do xogo das ferramentas, onde os rapaces investigarán cales son as “ferramentas” que empregan algúns seres vivos que lles permiten vivir na costa das illas
 Para a organización destas visitas, o primeiro paso foi convidar aos centros de Educación de Infantil, Primaria e Secundaria dos concellos que se sitúan na ribeira das tres rías nas que están as illas do Parque Nacional a participar nas actividades educativas no centro
 O curso pasado, un total de 1.891 rapaces de distintas idades participaron nas actividades educativas levadas a cabo polo Parque Nacional no Centro de Visitantes do Cambón

Santiago, 23 de outubro de 2014.- A directora xeral de Conservación da Natureza, Verónica Tellado,participou hoxe no inicio do programa educativo do curso 2014-2015 do Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia. Neste acto, Tellado explicou que desde a creación do Parque Nacional, vense dando cumprimento a un dos principais obxectivos do mesmo, que é achegar ao parque aos cidadáns e, dentro de eles, ao grupo de nenos e xoves, mediante diversas actividades educativas deseñadas para as distintas idades.

A responsable de Conservación da Natureza concretou que cabe sinalar, a enorme importancia que as actividades de educación ambiental deben ter en todo espazo protexido, por elo, desde a apertura do centro de visitantes, no Edificio Cambón de Vigo no mes de decembro de 2012, elaboráronse novos programas educativo para os distintos ciclos formativos: para Educación Infantil, Secundaria e Bacharelato.

Colexio Compañía de María
Hoxe visitou o centro o colexio Compañía de María de Vigo, repartido en grupos que irán rotando por tres dinámicas diferentes. Durante a visita, presentaráselles o parque, con imaxes, nas que se poderán ver as illas e a vida que nelas habitan.

Tamén poderán disfrutar do xogo das ferramentas, onde os rapaces investigarán cales son as “ferramentas” que empregan algúns seres vivos que lles permiten vivir na costa das illas. Posteriormente, escoitarán o conto das xentes das illas:, no que se explica, de maneira festiva, a historia das illas, onde os rapaces disfrazaranse de personaxes que viviron ou viven nas illas: corsario, fareiro, mariñeiro e rei explican cales son as súas “ferramentas” para vivir nas illas (faros, barcos…). Tras unha conclusión do que viron esa mañá, darase concluída a visita.

As visitas
Para a organización destas visitas, o primeiro paso foi convidar aos centros de Educación de Infantil, Primaria e Secundaria dos concellos que se sitúan na ribeira das tres rías nas que están as illas do Parque Nacional: ría de Vigo, ría de Pontevedra e ría de Arousa, a participar nas actividades educativas no centro. Os grupos deben ser dun máximo de 50 rapaces e o horario preferente para a súa atención, previa cita, é de 09:30 a 12:00 horas, de martes a venres.

As actividades educativas están adaptadas os distintos grupos de idade, existindo polo tanto:

 Educación Infantil: ofrécese unha actividade específica de visita ao centro baseada nos xogos e contacontos, onde por medio de busca de tesouros e co relato de historias, váiselles explicando as personaxes que viviron na illa e tamén as principais especies animais e vexetais que nelas habitan.

 Educación Primaria de 1º a 4º: para os mais pequenos de educación primaria (de 1º a 4º), a través de distintos xogos e dinámicas, que se levan a cabo nas distintas plantas do edificio, e empregando os recursos que alí existen e combinando os xogos con presentacións por parte dos guías, vanse descubrindo os valores do Parque Nacional.

 Educación Primaria de 5º e 6º: realizarán actividades no centro, pero teñen a opción de participar no concurso “Rumbo ás illas”. O premio para os gañadores consiste nunha viaxe ás illas para todo o curso da aula gañadora, cunha actividade guiada pola illa.

 Educación Secundaria e Bacharelato,: para este tramo de idade hai unha actividade específica moi participativa, onde os alumnos se lles recibe presentando o Parque Nacional das illas, dentro do contexto da Rede de Parques, e, posteriormente, se fai unha ruta guiada moi práctica, onde os alumnos deben ir reflectindo nunha ficha e mediante traballo en grupo, as distintas conclusións ás que van chegando.

 Comunidade educativa superior: a atención a estes grupos baséase nunha presentación do Parque e da Rede de Parque e nunha visita guiada polo centro. Segundo as súa formación e interese durante a visita, adaptábase os contidos do discurso ás súas demandas.

No curso 2013-2014 as actividades desenvolvéronse entre outubro e maio e, en Primaria, participaron:
Ciclos Centros Profesores Alumnos
1º ciclo Primaria 5 12 149
2º ciclo Primaria 15 40 549
3º ciclo Primaria 17 41 709
TOTAL 22 93 1.449

No concurso participaron 13 cursos pertencentes a 6 colexios, concedéronse premios a 8 aulas de 2 centros distintos, cun total de 111 nenos premiados. As viaxes do premio do concurso realizáronse durante os últimos días de maio e os primeiros días de xuño e foron ás illas Cíes.

Pola banda da Educación Secundaria e Bacharelato, rexistráronse os seguintes datos son os seguintes: participaron 5 centros escolares, con un total de 163 estudantes e 12 profesores. Os datos con respecto a comunidade educativa superior foron os seguintes: 3 centros participantes, con un total de 103 alumnos e 9 profesores.

En conxunto, un total de 1.891 rapaces de distintas idades participaron nas actividades educativas levadas a cabo polo Parque Nacional no Centro de Visitantes do Cambón.
.

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: