Archivo | octubre 24, 2014

Concello de Vigo

O goberno local ratifica definitivamente a baixada de impostos e taxas para 2015

Abel Caballero deu conta esta mañá do visto bo definitivo da rebaixa de taxas e e impostos para 2015, dado que non houbo alegacións á aprobación inicial. Deste xeito rebaixanse un 1,4% os recibos de IBI, vehículos e lixo, ademais de conxelar todas as taxas e prezos públicos.

 


A biblioteca Neira Vilas oferta servizos especiais de préstamo para persoas con mobilidade reducida

Caballero avanzou hoxe xoves os servizos especiais que oferta a biblioteca Neira Vilas para persoas con mobilidade reducida ou entidades que traballan con discapacitados temporais ou permanentes. Así o explicou durante unha visita a esta instalación municipal no Día das Bibliotecas.

 


Caballero entrega da bandeira de Vigo á numerosa representación do taekwondo local que vai ao Mundial de México

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o concelleiro de Deportes, Manel Fernández, entregaron hoxe unha gran bandeira de Vigo aos deportistas dos ximnasios locais Tao e Kiap que van disputar o Campionato do Mundo de técnica en Aguascalientes (México).

 


O alcalde anima á participación o proximo 9 de novembro na carreira popular Vigo+11

A Vigo+11 volverá o día 9 as rúas de Vigo, organizada pola Delegación en Vigo da Federación de Atletismo e a colaboración do Concello. Durante a presentación, esta mañá en El Corte Inglés, o rexedor animou a todo Vigo a participar nesta proba popular

 


Xornadas municipais “As violencias contra as mulleres a estudo. O patriarcado. Respostas do feminismo”

A Concellería de Igualdade de Vigo xunto co Consello Municipal da Muller organiza unhas xornadas sobre a Violencia de Xénero que baixo o título: ” As violencias contra as mulleres a estudo. O patriarcado. Respostas do feminismo” terán lugar en Vigo os días 24 e 25 de outubro. Lugar de realización: sala de conferencias do Centro Social Afundación. R/Policarpo Sanz, 24

 

Xunta de Goberno Local

EXPOSICIÓN IGNACIO URIARTE Unos y ceros – O Marco Vigo

EXPOSICIÓN    Miniaturas+Pies foto_URIARTE_cast
IGNACIO URIARTE
Unos y ceros
24 octubre 2014 – 25 enero 2015

Ignacio Uriarte. Producción de la obra Unos y ceros. Foto: Manuel G. Vicente (cortesía Colección Sirvent)
Fechas 24 octubre 2014 – 25 enero 2015
Lugar Salas de exposición de la primera planta
Horario Martes a sábados (festivos incluidos) de 11.00 a 14.30 y de 17.00 a 21.00
Domingos, de 11.00 a 14.30
Cerrado los lunes
Comisario Juan Canela
Producción MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo

Ignacio Uriarte
Ringbinder Circle, 2014
Instalación de 128 archivadores sobre el sueloMiniaturas+Pies foto_URIARTE_cast
Foto: cortesía MARCO, Vigo /Enrique Touriño

SÍNTESIS DEL PROYECTO EXPOSITIVO

A partir del 24 de octubre se presenta en las salas de la primera planta del MARCO de Vigo una nueva propuesta de producción propia, con la exposición individual de IGNACIO URIARTE: un proyecto comisariado por Juan Canela, que reúne una selección de obras producidas en los últimos años (2008-2014). Nacido y criado en Krefeld, Alemania (1972), Ignacio Uriarte siguió estudios en Administración de Empresas, lo que le llevó a trabajar en distintas empresas en Alemania, España y México. A partir del año 2003 inicia su trayectoria artística, dedicándose a lo que denomina ‘arte de oficina’.

El trabajo de Uriarte toma como punto de partida su anterior ocupación en la oficina de una gran multinacional, para circundar cuestiones relativas a la rutina laboral. Con una estética minimalista y conceptual, desarrolla una práctica meticulosa, incisiva y a veces obsesiva, en la cual las palabras o lo narrativo son invitados extraños, y lo performativo en cambio es protagonista a través de actores como el gesto, el material utilizado, la distancia, la repetición o el tiempo.

Unos y ceros toma su título de la obra del mismo nombre: una serie de hojas A4 sobre las cuales unos y ceros se escriben de manera aleatoria con diferentes modelos de máquina de escribir, intentando emular el lenguaje digital. Para la producción de esta obra, Uriarte ha contado con la colaboración de Colección Sirvent, que reúne unos 3.500 modelos históricos, de los cuales aproximadamente 160 fueron seleccionados y utilizados por el artista en función de sus características técnicas, tintas y tipografías.

A partir de esta pieza se articula un diálogo con el resto de obras en exposición, que emergen una vez más desde la rutina laboral, poniendo el énfasis en el ámbito del trabajo cultural y el impacto de lo digital en todo ello. En una referencia directa espacio-temporal, la muestra de Vigo se cierra con la obra en vídeo Rolling Credits (2014), que presenta, de un modo similar a los títulos de crédito cinematográficos, la estructura laboral del MARCO desde su creación a finales de 2002.

Utilizando formatos y técnicas que mezclan lo analógico con lo digital y un lenguaje binario —blanco y negro, luz y sombra, positivo y negativo—, este conjunto de obras conforma una exposición que, en palabras del comisario, ‘destila un aire un tanto nostálgico, un intento de resistencia a lo inevitable’.

TEXTO CURATORIAL

“El trabajo de Ignacio Uriarte toma como punto de partida su anterior ocupación en la oficina de una gran multinacional, para circundar cuestiones relativas a la rutina laboral. Con una estética minimalista y conceptual, Uriarte ha consolidado ya un amplio cuerpo de obra mediante una práctica meticulosa, incisiva y a veces obsesiva, en la cual las palabras o lo narrativo son invitados extraños, y lo performativo en cambio es protagonista. El gesto, el material utilizado, la distancia, la repetición o el tiempo son los actores a través de los cuales se revela el valor de momentos supuestamente anodinos. A la vez, basándose en las mismas dinámicas de trabajo y utilizando los mismos materiales que cuando trabajaba de nueve a cinco, Uriarte traza un interesante desplazamiento entre dos de las esferas del nuevo trabajador cognitivo del s. XXI (museo y oficina), planteando —mediante el simple hecho de hacer lo mismo en un lugar diferente— cuestiones relativas al papel del trabajador cultural en este nuevo paradigma

1º Rally Eurocidade Valença Tui 236 Km’s a Acelerar e Muita Adrenalina

valencamunicipiologoO 1º Rally da Eurocidade vai se desenvolver por um percurso de 236,11 Kms, pelos concelhos de Valença e Tui, em 7 e 8 de novembro.

Um circuito que vai proporcionar grandes emoções e muita adrenalina, testando a perícia e a velocidade dos pilotos em troços panorâmicos sempre para o vale do rio Minho.

Do percurso de 236,11 Kms, 94,46 Kms correspondem a 8 troços cronometrados por estradas asfaltadas fechadas ao tráfego. A prova cronometrada será dividida em 1 etapa e 4 secções e faz parte das provas oficiais do Campeonato Galego de Rallys.

Valença e Tui serão o palco das grandes emoções do Campeonato Galego de Rally’s, uma competição em asfalto organizada, todos os anos, pela Federación Galega de Automobilismo desde 1979. Uma prova para os amantes ao automobilismo que, ano após ano, atrai até ao Noroeste Peninsular grandes equipas e pilotos.

Esta prova será pontuável, também, para a Copa de Galicia de Rallies para pilotos, Copa de Galicia de Rallies para navegantes, Copa de Galicia de Rallies, Copa de Galicia de Rallies para Escuderías, Copa de Galicia de Rallies para marcas de pneumáticos, Trofeo Gañadores , 5ª Copa Top Ten Pirelli 2014, 9ª Volante FGA Galicia 2014, 5ª Copa KumhoASR de 2014, 1ª Campionato de Galicia de Históricos “Grande Premio Adiva Guinea Ecuatorial, S.L./ADIFORM”, 1ª Copa no + Pinchazos 2014, 4ª Copa Promoción Base, 3ª Copa ELF e o 1º Trofeo CAMAC.

Até 30 de outubro decorrem as inscrições das equipas e respetivos pilotos junto da entidade organizadora, a Escuderia Dona Urraca, www.escuderiadonaurraca.com.

A organização da prova é da Escuderia Dona Urraca e conta com o apoio da Câmara Municipal de Valença, Ayuntamiento de Tui e meio empresarial da região.

Entrega dos premios de xornalismo de Afundación

Afundación fará entrega o vindeiro martes 28 de outubro, ás 20.00 h no Centro Cultural – Café Moderno da entidade en Pontevedra, dos seus premios de xornalismo Fernández del Riego (lingua galega) e Julio Camba (lingua castelá), patrocinados por Ámbito Cultural de El Corte Inglés. Manuel Bragado e Luis Ventoso son os profesionais galardoados, respectivamente, nesta undécima edición do primeiro premio e na trixésimo quinta do segundo.

 

A CONSELLEIRA DE FACENDA DESTACA QUE OS ORZAMENTOS DE 2015 PRESERVAN O GASTO SOCIAL, REBAIXAN O GASTO EN DÉBEDA E ELEVAN O INVESTIMENTO PARA GARANTIR AS INFRAESTRUTURAS PROXECTADAS

141024 facenda 01 pc  Avanzou que os Orzamentos de 2015 inclúen 414,7 millóns de axudas comunitarias, dos que 107,8 proceden do novo marco 2014-2020

  • Tamén se orzamenta por primeira vez o Imposto sobre depósitos bancarios, que suporá uns ingresos de 17 millóns de euros para a Comunidade
  • Elena Muñoz Fonteriz presentou hoxe as contas na Comisión 3ª do Parlamento
  • Lembrou que estes orzamentos están deseñados para consolidar o crecemento económico, e elevan en máis de 60 millóns de euros o gasto dispoñible
  • “Son unhas contas para que Galicia siga sendo dona do seu futuro, blindando a súa autonomía financeira para tomar as mellores decisións en cada momento”, sinalou
  • Puxo en valor o traballo realizado durante a crise, que permitiu a Galicia unha menor caída da economía e unha menor destrución de emprego
  • Facenda logrou reducir un 40% o gasto en alugueres dende 2009, e o vindeiro ano baixará un 1,5% o gasto corrente

 

A Xunta perpetúa a esmola da RISGA nos orzamentos de 2015

Hai uns días o goberno da Xunta presentaba o borrador de orzamentos para 2015 que recollen o aumento da partida destinada a RISGA. Dita partida contará cun orzamento inicial de 47´7 millóns de euros, un 12% máis do gastado en 2014 (42´7 millóns de euros).

As manobras da Xunta por tratar de disimular a miseria na que cada día vivimos máis persoas alporízannos, e moito. Mentres eles enchen titulares falando das bondades da súa merda de política social nós padecemos os seus plans de inclusión, de emprego, de vivenda… que lonxe de eliminar a desigualdade e a inxustiza, perpetúan a pobreza ao mesmo tempo que fan medrar os privilexios -e contas bancarias- dunha minoría.

O 1 de xaneiro de 2014 entrou en vigor a nova lei de RISGA, que lonxe de mellorar as condicións de vida das persoas máis empobrecidas engadiu máis problemas para todas as partes implicadas: solicitantes, beneficiarias, servizos sociais dos concellos, consellería… Problemas que chocan cuns responsables que só falan do esforzo que din facer nesta materia, que supuxo: aumento do número de perceptores, crecemento das partidas, redución da diferenza coa media estatal de RISGA por habitante… Uns datos que nin abondan, nin ofrecen solucións á miseria na que viven cada día máis persoas e que fican en papel mollado se os comparamos con estes:

– Atrasos na tramitación en Galiza superiores aos 8 meses.

– Contía media inferior aos 400€/mes (RISGA 2013).

– Un 41% das solicitudes foron denegadas en 2013.*

– No que levamos de 2014 apenas hai solicitudes resoltas das feitas neste ano de entrada en vigor da nova lei.

– A taxa de perceptores de RISGA por habitante é inferior á media estatal, moi lonxe de Euskadi tanto en beneficiarias como en orzamento. Cunha táboa o vemos moi clariño:

E a todo isto hai que sumar máis violencia e control en forma de inspeccións nos domicilios na procura de fraude entre os perceptores. Pois nada, que mexan por nós e din que chove.

Estamos cansas e fartas de tanta miseria, explotación, de sabermos que cando pasen os axustes estruturais as que ficaremos no labirinto da exclusión e da pobreza somos nós.

Non queremos esmolas, precisamos xustiza social! Renda Básica das iguais e moito máis, XA!

Coia, outubro 2014

A CONSELLEIRA DE FACENDA SUBLIÑA QUE AS FAMILIAS E EMPRESAS GALEGAS PRECISAN UN SECTOR FINANCEIRO EFICIENTE, SOLVENTE E ÁXIL

141023 facenda 03xElena Muñoz Fonteriz destacou que a nova arquitectura financeira debe dar resposta ao reto da globalización, a innovación e a supervisión macroprudencial
 Subliñou que no 2015 Galicia seguirá apostando pola consolidación fiscal, o emprego e o apoio ás empresas
 A titular de Facenda clausurou en Santiago o encontro ‘O sector financeiro en Galicia’, organizado por APD

Santiago, 23 de outubro de 2014.- A conselleira de Facenda, Elena Muñoz Fonteriz destacou hoxe que as familias e as empresas galegas precisan dun sector financeiro eficiente, solvente e áxil, que impulse a consolidación da recuperación económica.

Así, durante a clausura do encontro ‘O sector financeiro en Galicia’ organizado pola Asociación para el Progreso de la Dirección (APD), Muñoz Fonteriz sinalou que a nova arquitectura financeira debe dar resposta ao reto da globalización, a innovación financeira e a supervisión macroprudencial.

Segundo explicou, na actualidade existe un sector financeiro diferente, cunha maior dimensión empresarial, con controis internos e externos máis modernos e exhaustivos e cunha maior eficiencia.

Na súa intervención, a titular de Facenda resaltou que Galicia manterá en 2015 a mesma folla de ruta que lle permitiu á Comunidade rexistrar mellor comportamento que a media española durante todos os anos da crise. Así, Galicia conseguirá no 2015, por primeira vez, unha balanza por conta corrente positiva de 327 millóns de euros.

A Comunidade galega seguirá apostando pola consolidación fiscal, do mesmo xeito que xa fixo nos anos anteriores, reducindo o seu déficit público, dependendo cada vez menos da débeda e mantendo a súa autonomía financeira. Así, Galicia reducirá en 2015 o déficit público do 1% ao 0,7%, e subliñou que esta autonomía foi a terceira con menos déficit público acumulado, e a segunda con menor incremento do endebedamento durante a crise.

Finalmente, Elena Muñoz Fonteriz avogou pola combinación deste rigor coa aposta firme polo emprego, e o apoio ás empresas no seu proceso de innovación e internacionalización para seguir gañando competitividade e consolidar o crecemento.

Afundación e ABANCA Obra Social convocan a bolsa de excelencia artística

A Fundación Galicia Obra Social (Afundación) presenta a convocatoria da Bolsa de Excelencia Artística que desenvolve en colaboración con ABANCA Obra Social e Carlos Núñez. A promoción da arte, en calquera das súas manifestacións, e o interese por apoiar os novos valores culturais de Galicia conduciron a crear unha sinerxía para buscar unha persoa bolseira, seleccionada polo músico vigués e a súa banda, para acompañalos na súa xira de febreiro e marzo de 2015 por Estados Unidos, que rematará en Washington no día de Saint Patrick. Esta aposta pola formación reflicte o interese de Afundación por desenvolver iniciativas que redunden na mellora do ámbito sectorial do coñecemento. 

ABANCA concede 4.500 millóns en créditos durante os primeiros nove meses de 2014

A entidade reforza o seu posicionamento en Galicia cun novo aumento de cota de crédito a particulares e empresas de 1,7 puntos porcentuais ata xuño

15.10.2014. Entre xaneiro e setembro, ABANCA concedeu 4.500,5 millóns de euros en novo crédito a particulares e empresas. Dous terzos do investimento outorgado pola entidade destináronse a Galicia.

Deses 4.500 millóns, 2.356 millóns corresponden a operacións de hipotecas, préstamos ao consumo e circulante empresa, e o resto a volume financiado ao tecido empresarial a través de liñas de desconto, confirming, factoring e comercio exterior.

ABANCA reforzou o seu posicionamento como primeira entidade financeira de Galicia. O banco aumentou 1,7 puntos porcentuais hasta xuño (últimos datos dispoñibles) en cota de crédito a particulares e empresas na súa Comunidade de orixe. Este novo crecemento ratifica o compromiso da entidade financeira de contribuír á dinamización da actividade crediticia en Galicia.

A DIRECTORA XERAL DE CONSERVACIÓN DA NATUREZA DESTACA QUE “OS RESULTADOS DA XESTIÓN DO USO PÚBLICO NO PARQUE DAS ILLAS ATLÁNTICAS CONSTATAN A AXEITADA PLANIFICACIÓN DA XUNTA”

ciesislasVerónica Tellado presidiu hoxe a XI Xuntanza do Padroado do Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas

 Na reunión abordouse o estado da tramitación da nova lei de Parques Nacionais
 A directora xeral salientou que o novo texto “potenciará o desenvolvemento da marca Parques Nacionais de España como un identificador común de calidade para as producións destes espazos”
 Tellado anunciou que para o ano 2015 o Goberno galego convocará axudas na área de influencia socioeconómica dos parques por un total de 5 millóns de euros
 Na reunión mantida hoxe presentáronse os novos patróns maiores de Aguiño e Vigo como representantes das confrarías de pescadores
 Na xuntanza expuxéronse os resultados dos traballos efectuados nos arquipélagos de Cíes, Ons, Sálvora e Cortegada, en materia de protección, conservación e estudo e seguimento da flora e fauna ou o patrimonio etnográfico

Vigo, 23 de outubro de 2014.- A directora xeral de Conservación da Natureza, Verónica Tellado, presidiu hoxe a XI Xuntanza do Padroado do Parque Nacional das Illas Atlánticas, onde destacou que “os resultados da xestión do uso público no parque nacional das Illas Atlánticas constatan a axeitada planificación da Xunta”.

Cómpre lembrar que o Padroado e o órgano de participación da sociedade no que estarán representadas as diferentes administracións públicas e aquelas institucións, asociacións e organizacións relacionadas co parque. Así, a esta reunión asistiron representantes das universidades galegas, confrarías de pescadores, concellos ou organizacións ecoloxistas, entre outros. As confrarías de pescadores serán representadas polos novos patróns maiores de Aguiño e Vigo, elixidos nas recentes eleccións aos pósitos.

Nesta xuntanza tivo lugar a presentación da futura lei de Parques Nacionais, explicando os seus puntos máis destacables, as novidades e, por suposto, a aplicación ao parque das Illas Atlánticas.

A directora xeral de Conservación da Natureza destacou como novidade desta lei “a inclusión nos Plans Reitores de Uso e Xestión de elementos, tales como o programa de actividades económicas a por en marcha pola iniciativa privada no marco da integración territorial do parque nacional e as medidas para a conservación e compatibilidade da actividade tradicional e do desenvolvemento económico da contorna coa conservación do parque nacional”.

Por outra parte, o estado das concesións da Illa de Ons tamén foi obxecto desta reunión, na que se explicou que máis do 80 % das solicitudes están resoltas.

Verónica Tellado tamén anunciou que para o ano 2015 convocaranse axudas na área de influencia socioeconómica dos parques nacionais por un total de 5 millóns de euros.
Actuacións no parque
Na reunión de hoxe expuxéronse os resultados dos traballos efectuados nos arquipélagos de Cíes, Ons, Sálvora e Cortegada, en materia de protección, conservación e estudo e seguimento da flora e fauna ou o patrimonio etnográfico.

Os participantes nesta sesión abordaron as accións de investigación que se están a levar a cabo no parque, tales como o seguimento de hábitats de interese comunitario: dunas e matos, a monitorización de poboacións de flora ameazada como Rumex rupestris, Linaria arenaria e Erodium maritimum, comunidades submareais ou as novas aplicacións xenéticas para o estudo da biodiversidade mariña.

Nesta reunión tamén se presentaron as actuacións executadas na mellora dos hábitats nas illas, tales como o reforzo de charcas e puntos de cría para anfibios, rozas para reptís, seguimento da poboación de corvo mariño cristado e a eliminación e control de especies exóticas e invasoras.