A CONSELLEIRA DE FACENDA SUBLIÑA QUE AS FAMILIAS E EMPRESAS GALEGAS PRECISAN UN SECTOR FINANCEIRO EFICIENTE, SOLVENTE E ÁXIL

141023 facenda 03xElena Muñoz Fonteriz destacou que a nova arquitectura financeira debe dar resposta ao reto da globalización, a innovación e a supervisión macroprudencial
 Subliñou que no 2015 Galicia seguirá apostando pola consolidación fiscal, o emprego e o apoio ás empresas
 A titular de Facenda clausurou en Santiago o encontro ‘O sector financeiro en Galicia’, organizado por APD

Santiago, 23 de outubro de 2014.- A conselleira de Facenda, Elena Muñoz Fonteriz destacou hoxe que as familias e as empresas galegas precisan dun sector financeiro eficiente, solvente e áxil, que impulse a consolidación da recuperación económica.

Así, durante a clausura do encontro ‘O sector financeiro en Galicia’ organizado pola Asociación para el Progreso de la Dirección (APD), Muñoz Fonteriz sinalou que a nova arquitectura financeira debe dar resposta ao reto da globalización, a innovación financeira e a supervisión macroprudencial.

Segundo explicou, na actualidade existe un sector financeiro diferente, cunha maior dimensión empresarial, con controis internos e externos máis modernos e exhaustivos e cunha maior eficiencia.

Na súa intervención, a titular de Facenda resaltou que Galicia manterá en 2015 a mesma folla de ruta que lle permitiu á Comunidade rexistrar mellor comportamento que a media española durante todos os anos da crise. Así, Galicia conseguirá no 2015, por primeira vez, unha balanza por conta corrente positiva de 327 millóns de euros.

A Comunidade galega seguirá apostando pola consolidación fiscal, do mesmo xeito que xa fixo nos anos anteriores, reducindo o seu déficit público, dependendo cada vez menos da débeda e mantendo a súa autonomía financeira. Así, Galicia reducirá en 2015 o déficit público do 1% ao 0,7%, e subliñou que esta autonomía foi a terceira con menos déficit público acumulado, e a segunda con menor incremento do endebedamento durante a crise.

Finalmente, Elena Muñoz Fonteriz avogou pola combinación deste rigor coa aposta firme polo emprego, e o apoio ás empresas no seu proceso de innovación e internacionalización para seguir gañando competitividade e consolidar o crecemento.

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: