A DIRECTORA XERAL DE CONSERVACIÓN DA NATUREZA DESTACA QUE “OS RESULTADOS DA XESTIÓN DO USO PÚBLICO NO PARQUE DAS ILLAS ATLÁNTICAS CONSTATAN A AXEITADA PLANIFICACIÓN DA XUNTA”

ciesislasVerónica Tellado presidiu hoxe a XI Xuntanza do Padroado do Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas

 Na reunión abordouse o estado da tramitación da nova lei de Parques Nacionais
 A directora xeral salientou que o novo texto “potenciará o desenvolvemento da marca Parques Nacionais de España como un identificador común de calidade para as producións destes espazos”
 Tellado anunciou que para o ano 2015 o Goberno galego convocará axudas na área de influencia socioeconómica dos parques por un total de 5 millóns de euros
 Na reunión mantida hoxe presentáronse os novos patróns maiores de Aguiño e Vigo como representantes das confrarías de pescadores
 Na xuntanza expuxéronse os resultados dos traballos efectuados nos arquipélagos de Cíes, Ons, Sálvora e Cortegada, en materia de protección, conservación e estudo e seguimento da flora e fauna ou o patrimonio etnográfico

Vigo, 23 de outubro de 2014.- A directora xeral de Conservación da Natureza, Verónica Tellado, presidiu hoxe a XI Xuntanza do Padroado do Parque Nacional das Illas Atlánticas, onde destacou que “os resultados da xestión do uso público no parque nacional das Illas Atlánticas constatan a axeitada planificación da Xunta”.

Cómpre lembrar que o Padroado e o órgano de participación da sociedade no que estarán representadas as diferentes administracións públicas e aquelas institucións, asociacións e organizacións relacionadas co parque. Así, a esta reunión asistiron representantes das universidades galegas, confrarías de pescadores, concellos ou organizacións ecoloxistas, entre outros. As confrarías de pescadores serán representadas polos novos patróns maiores de Aguiño e Vigo, elixidos nas recentes eleccións aos pósitos.

Nesta xuntanza tivo lugar a presentación da futura lei de Parques Nacionais, explicando os seus puntos máis destacables, as novidades e, por suposto, a aplicación ao parque das Illas Atlánticas.

A directora xeral de Conservación da Natureza destacou como novidade desta lei “a inclusión nos Plans Reitores de Uso e Xestión de elementos, tales como o programa de actividades económicas a por en marcha pola iniciativa privada no marco da integración territorial do parque nacional e as medidas para a conservación e compatibilidade da actividade tradicional e do desenvolvemento económico da contorna coa conservación do parque nacional”.

Por outra parte, o estado das concesións da Illa de Ons tamén foi obxecto desta reunión, na que se explicou que máis do 80 % das solicitudes están resoltas.

Verónica Tellado tamén anunciou que para o ano 2015 convocaranse axudas na área de influencia socioeconómica dos parques nacionais por un total de 5 millóns de euros.
Actuacións no parque
Na reunión de hoxe expuxéronse os resultados dos traballos efectuados nos arquipélagos de Cíes, Ons, Sálvora e Cortegada, en materia de protección, conservación e estudo e seguimento da flora e fauna ou o patrimonio etnográfico.

Os participantes nesta sesión abordaron as accións de investigación que se están a levar a cabo no parque, tales como o seguimento de hábitats de interese comunitario: dunas e matos, a monitorización de poboacións de flora ameazada como Rumex rupestris, Linaria arenaria e Erodium maritimum, comunidades submareais ou as novas aplicacións xenéticas para o estudo da biodiversidade mariña.

Nesta reunión tamén se presentaron as actuacións executadas na mellora dos hábitats nas illas, tales como o reforzo de charcas e puntos de cría para anfibios, rozas para reptís, seguimento da poboación de corvo mariño cristado e a eliminación e control de especies exóticas e invasoras.

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: