A EDITORIAL GALAXIA ANUNCIA A PUBLICACIÓN DA NOVA NOVELA DE FRANCISCO CASTRO

Prensa Tes ata as 10 Prensa Tes ata as 10sA Antonio non daba creto ao correo que viña de entrarlle no seu ordenador. Era de seu pai. O problema é que o seu pai leva morto un día. Así arranca esta trepidante historia de intriga e suspense na que Francisco Castro constrúe unha trama que contén, á súa vez, moitas historias distintas. A través de correos electrónicos, cartas e outra clase de pistas misteriosas e sorprendentes, o seu pai, morto, ou quen está a facerse pasar por el, vai obrigando a que o protagonista investigue un terrible asunto do pasado que quedou sen resolver. Libros misteriosos, vinganzas dende o Máis Alá, historias de amor que hai que manter ocultas…, todo un mollo de asuntos nunha novela que nos vai levar de viaxe pola historia recente de España e Galicia, mais tamén por dentro
do corazón dos namorados que o están de verdade. Unha novela que te vai obrigar a seguir lendo ata o final.
Francisco Castro naceu en Vigo en 1966. É escritor en lingua galega e ten escrito para todos os chanzos de idade. Parte da súa obra está traducida para o castelán, catalán, italiano, portugués do Brasil… Traballa como editor de Literatura Infantil e
Xuvenil e Coordinador de Novos Proxectos na Editorial Galaxia. Entre outras obras escribiu

Spam (premio Blanco Amor de novela 2005), para pequenos, Chamádeme Simbad (Lista de Honra de IBBY 2012), e, en colaboración con Fina Casalderrey, O neno can (Lista de Honra IBBY de Oslo como un dos mellores libros do mundo no tratamento da discapacidade en 2013). Na colección Costa Oeste tamén publicou un dos libros máis lidos nos centros de ensino do país, O
segredo de Marco Polo.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: