MEDIO AMBIENTE REMITE AO CONCELLO DE CANGAS O PROXECTO DE ACTUACIÓN NA PRAZA DAS PONTES, DESTINADA A EVITAR AS HABITUAIS INUNDACIÓNS DESTA ZONA

clip_image002 Os traballos teñen por obxectivo levar a cabo unha nova definición urbanística da área, recuperando todos os bens patrimoniais que axuden a mellorar o comportamento do río ante os episodios de crecidas
 Esta obra é unha prioridade para a Consellería de Medio Ambiente, xa que suporá un importante beneficio para o habitantes de Cangas
 Procederase a recuperación parcial da ponte histórica, cuberta pola avenida de Ourense; e da ponte da Forte, tamén cuberta pola canalización
 Ademais realizarase a apertura do vano para facilitar o desaugamento do río, e levarase a cabo a reurbanización da praza en ambas as dúas marxes creadas

Santiago, 27 de outubro de 2014.- A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, a través do organismo autonómico Augas de Galicia, remitiu hoxe o proxecto de recuperación e actuación na praza das Pontes no concello pontevedrés de Cangas, co fin de continuar coa tramitación da obra, para o que é necesario que o Concello proceda a súa aprobación. O departamento que dirixe Ethel Vázquez, que investirá nestes traballos máis dun millón de euros, considera esta actuación unha prioridade, xa que significará un importante beneficio para o habitantes de Cangas, ao eliminarse as posibilidades de inundacións.

Actuacións
As tarefas a levar a cabo na Praza das Pontes teñen como obxecto principal unha nova definición urbanística da zona, recuperando todos os bens patrimoniais que axude a mellorar o comportamento do río fronte os episodios de avenidas. Para elo, farase unha apertura do tramo final do río Bouzós, actualmente canalizado; e instalarase unha pasarela peonil de madeira.

Así mesmo, procederase a recuperación parcial da ponte histórica, cuberta pola avenida de Ourense, e da ponte da Forte, tamén cuberta pola canalización. Ademais, procederase á apertura do vano, para facilitar o desaugamento do río. Por último, levarase a cabo a reurbanización da praza en ambas as dúas marxes creadas

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: