A Oficina Municipal de Voluntariado do Concello supera xa os 2.200 inscritos

O edil de Voluntariado, Santos Héctor Rodríguez, salientou este martes o «compromiso coa cidade e os seus concidadáns» dos 2.223 homes e mulleres inscritos na Oficina Municipal. O Concello ofrécelles formación xenérica e específica para as actividades que realizan: asistenciais, medioambientais, solidarias, culturais, sociais e deportivas.

O concelleiro fixo balance este martes «dunha das actividades máis solidarias da nosa cidade» e informou de que a Oficina Municipal de Voluntariado ve incrementada paulatinamente a cifra de participantes -en particular no ámbito medioambiental- e suma xa 2.223 inscritos, dos que 1.407 son mulleres e 816, homes.

Segundo explicou Rodríguez en rolda de prensa, a Oficina Municipal de Voluntariado presta ao longo de todo ano formación xenérica a todos os voluntarios e outra específica para determinados casos, como no acompañamento para discapacitados ou asistencia a maiores. Nestes casos, o Concello forma ao voluntario antes de prestar o servizo e realiza logo un seguemento do mesmo, tanto coa persoa axudada como co propio voluntario.

A OMV programa periódicamente xuntanzas con carácter global para valorar a función prestada e recibir aportacións dos participantes no programa, citas orientadas a mellorar e ampliar as actividades. Conta ademas cun consello asesor, formado por uns dez voluntarios, que tamén participan na organización directa das actividades, afirmou o concello.

Os voluntarios municipais realizan as súas funcións en eventos deportivos, sociais, culturais, solidarios e medioambientais, principalmente. Santos Héctor enfatizou as propostas máis novedosas, como o voluntariado cultural (con lecturas ofrecidas na Biblioteca Neira Vilas ou a Noite Blanca no Quiñones de Leon), o coñecemento da cidade (visitas guiadas por rúas e barrios como o Casco Vello ou Bouzas), o fomento da música, do teatro e da rede museística (para dar a coñecer os distintos recintos), as rutas escultóricas pola cidade e o acompañamento e apoio escolar (como a Aula do Sergas, un programa de respiro familiar que atende a nenos de entre 3 e 6 anos hospitalizados).

Agradeceu Santos Héctor a laboura dos voluntarios municipais e «o seu compromiso coa cidade e cos seus concidadáns», ao tempo que invitou a todos os interesados a inscribirse na Oficina e participar.

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: