Chévere achega á Universidade as súas ultranoites, mistura de teatro, música e humor

ChévereChevere_Ananos 25-04 436 _MAT6488

Ultranoite no país dos Ananos

 

Data:    Mércores, 29 de outubro

Hora:   18.30 h  //  Entrada libre e gratuíta ata completar aforamento

Lugar:  Teatro de Cidade Universitaria. Univeridade de Vigo.

A axenda cultural da Universidade de Vigo deste cuadrimestre achega mañá a actuación de Chévere ás 18.30 horas no auditorio de Cidade Universitaria. En Ultranoite no País dos Ananos -título que persegue evocar o Viaxe ao país dos ananos de Celso Emilio Ferreiro- o grupo de teatro fai unha homenaxe ás ultranoites, xénero inventado por esta compañía, que xunta teatro e música con moito humor e irreverencia. Ao cumprirse este ano dúas décadas desde a posta en escena da primeira ultranoite, Chévere fai nesta representación unha crónica satírica de Galicia e dos galegos neste vinte anos transcorridos.

Ultranoite no país dos Ananos é, segundo o propio grupo teatral, “un cabaré nihilista para rirse da indiferenza dun pobo diante da súa autodestrución”. Nel conviven sketches cheos de tópicos e lugares comúns xunto con pezas musicais e cancións de grande lirismo e beleza.

En escena estarán: Patricia de Lorenzo, Miguel de Lira, Mónica García, Arantza Villar, César Goldi, Xron, Xacobe Martínez Antelo, Max Gómez, Manuel Cebrián.

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: