MATO DESTACA O REFORZO E AMPLIACIÓN DOS CONTROIS DAS AXUDAS AOS PROGRAMAS DE FORMACIÓN DESDE 2009

 A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, realizou estas declaracións en resposta a unha interpelación no Parlamento galego
 O Goberno galego creou en 2009 por primeira vez o Servizo de control e verificación de fondos na área de emprego
 En maio de 2011, antes do inicio de calquera investigación xudicial neste sentido, solicitouse a ampliación de persoal deste servizo e incluíuse por primeira vez aos Programas integrados de emprego nas inspeccións presenciais
 Este reforzamento permitiu detectar, a principios de 2012, irregularidades en 5 programas que foron trasladados á Fiscalía
 “Este Goberno puxo e poñerá os recursos necesarios para loitar contra calquera tipo de fraude, ante o que haberá tolerancia cero”, subliñou a titular do departamento autonómico.

Santiago, 29 de outubro de 2014.- A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, reiterou hoxe que se reforzaron e ampliaron, desde o ano 2009, os controis das axudas e subvencións destinadas aos distintos programas de formación, que inclúen fundamentalmente tres eixos: os cursos para desempregados, para ocupados e os programas integrados de emprego. De feito, explicou que en 2009 este Goberno foi o que creou por primeira vez o “Servizo de control e verificación de fondos” na área de emprego.

Así o destacou hoxe no Parlamento galego en resposta a unha interpelación na que detallou os mecanismos de control que se aplican a cada un dos programas.

No que se refire aos cursos de formación para desempregados, estes son sometidos na súa totalidade a un mínimo de tres inspeccións, que se realizan in situ. Trátase dun mecanismo vixente desde hai 16 anos.

En canto á formación para ocupados, os controis realízanse a través de auditorías externas de recoñecido prestixio, unha vixilancia que foi intensificada desde o ano 2009, moi especialmente a través do incremento das visitas presenciais e do control exhaustivo das plataformas informáticas.

Xa no referente os programas integrados de emprego, Mato sinalou que “foi este Goberno o que por primeira vez obriga a realizar comprobacións e verificacións presenciais para avaliar estas accións”. Isto é, ata “a chegada deste Goberno nunca se fixera un control presencial” nestas accións.

Así, en 2011 na convocatoria destas axudas redactouse a obriga de realizar inspeccións presenciais sobre os programas integrados de emprego. Precisamente para cumprir con este fin, en maio de 2011, antes do inicio de calquera investigación xudicial neste sentido, solicítase o incremento de persoal do servizo de control e verificación de fondos, un persoal que se incorpora en setembro de 2011.

Este persoal realiza as súas inspeccións cando comezan a desenvolverse os programas integrados de emprego outorgados na convocatoria de 2011. É neste momento cando se detectan irregularidades en 5 programas, que se remiten á Fiscalía en marzo de 2012, previo informe da asesoría xurídica.

“Podemos afirmar que, desde a nosa chegada, estes cursos están todos sometidos aos mecanismos de control necesarios para garantir o bo uso dos cartos públicos. Este Goberno puxo e poñerá os recursos necesarios para loitar contra calquera tipo de fraude, ante o que haberá tolerancia cero”, rematou a titular do departamento autonómico.

About Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: