Archive | octubre 30, 2014

MATO DESTACA QUE É “UNHA OBRIGA LEGAL” O CONCERTO DE PRAZAS SOCIAIS A TRAVÉS DA CONVOCATORIA DE CONCURSOS PÚBLICOS

 A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, resaltou hoxe no Parlamento que o contrato é a fórmula establecida pola Lei de Servizos Sociais de 2008 e pola Lei de Contratos do Sector Público para concertar prazas públicas
 Sinalou que un 94 por cento das máis de 4.200 prazas concertadas pola Xunta na área da discapacidade adxudicáronse a entidades de iniciativa social
 Mato resaltou que o compromiso do Goberno galego co colectivo da discapacidade segue a ser unha prioridade e, deste xeito, lembrou que desde 2009 puxo en marcha 850 novas prazas

Santiago, 29 de outubro de 2014.- A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, explicou hoxe no Parlamento de Galicia que para a Administración autonómica é “unha obriga legal” concertar prazas sociais a través da convocatoria de concursos públicos. En concreto, detallou que o contrato é a fórmula establecida pola Lei de Servizos Sociais de 2008 e pola Lei de Contratos do Sector Público para concertar prazas públicas.

Polo tanto, Mato deixou claro que desde 2009 o Goberno galego concerta as prazas públicas a través de contratos públicos, xa que así o marca a Lei e incidiu en que os concertos de prazas de servizos sociais desenvólvese con centros debidamente autorizados. “En caso contrario estaríamos incorrendo nunha ilegalidade”, engadiu.

A titular de Benestar explicou, así mesmo, que os contratos sempre se realizan con transparencia e criterios obxectivos que garanten tanto a continuidade do servizo como a súa calidade, indicando, así, que estes principios nunca supuxeron obstáculo para que a maioría das entidades de iniciativa social que viñan traballando en Galicia coa Xunta o sigan a facer na actualidade “con total normalidade”. Deste xeito, sinalou que un 94 por cento das máis de 4.200 prazas de discapacidade contratadas nestes momentos en Galicia están xestionadas por entidades de iniciativa social.

Así mesmo, a conselleira apuntou que o colectivo da discapacidade segue a ser unha prioridade para a Xunta e, por iso, lembrou que o Goberno galego actual ten creado un 20 por cento máis de prazas de discapacidade, en concreto, 850 prazas novas desde 2009. Tamén resaltou que a Xunta blindou o orzamento para este ámbito durante a crise e que leva dous anos incrementado o orzamento, chegando este ano a superar os 97 millóns de euros, así como mantén “unha colaboración permanente e un diálogo aberto con todas as entidades”.

En definitiva, Mato deixou claro que o Goberno galego seguirá a aplicar a Lei e seguirá a velar principalmente pola calidade dos servizos que a Xunta ofrece ás persoas con discapacidade.

Mark Knopfler en Santiago de Compostela el 29 de julio de 2015

unnamedMark Knopfler en Santiago de Compostela el 29 de julio de 2015

Mark Knopfler, el que fuera líder de los Dire Straits y uno de los artistas con más éxito de todos los tiempos, anuncia nueva gira europea para el próximo verano, y como siempre, nuestro país ocupa un lugar privilegiado en este tour en el que presentará su nuevo álbum Tracker

Su noveno disco en solitario saldrá  a la venta el próximo mes de enero, y se ha grabado  en su estudio al oeste de Londres, British Grove. En él, además de con sus músicos habituales (los mismos que le acompañaran en esta gira) cuenta con la colaboración de artistas como Ruth Moody, Bruce Molsky, Nigel Hitchcock o Phil Cunningham.

Aclamado como uno de los mejores guitarristas de todos los tiempos, Mark ha vendido más de 120 millones de discos con sus trabajos en solitario y su recorrido con Dire Straits.

Ganador de múltiples premios Grammy como cantante/compositor de Dire Straits, Knopfler combina la ironía de sus letras con el virtuosismo de su guitarra para crear éxitos eternos como “Money For Nothing”, “Sultans Of Swing”, “Romeo And Juliet” o “Walk Of Life”. Ha producido discos para Bob Dylan y Randy Newman y ha participado en bandas sonoras de películas imprescindibles (“Cal”; “Local Hero”; “Princess Brice; “A Shot at Glory”).

El genio de Glasgow está deseando embarcarse en esta nueva gira junto con sus ocho músicos, donde además de presentarnos sus nuevas canciones, interpretará esos viejos clásicos que tanto han significado para mucha gente en algún momento de su vidas. Como el propio Mark afirma: “Me gusta tocar las viejas canciones. Yo las escribí y a la gente le gusta escucharlas. Tan sencillo como eso”.

Miércoles 29 de Julio     
SANTIAGO DE COMPOSTELA. Multiusos Fontes Do Sar
A la venta el 5 de noviembre en www.ticketea.com

O GOBERNO MUNICIPAL DE VIGO INCUMPRE O COMPROMISO ADQUIRIDO COS SINDICATOS SOBRE O CONTROL DA OBRA PÚBLICA

Durante o presente ano, os sindicatos maioritarios tivemos dúas reunións co equipo de Goberno de Vigo, coa presencia en ambas do alcalde, Abel Caballero, para tratar sobre os incumprimentos e abusos que se producen nas obras públicas das que é titular o Concello: reparación de rúas, centro deportivo de Navia…

As centrais trasladámoslle a nosa preocupación pola situación que padecen os traballadores/as da construción debido ao enorme nivel de paro existente. Dende o inicio da crise económica, na provincia de Pontevedra destruíronse 28.360 empregos no sector, o 55,39% dos existentes no ano 2007.

Neste sentido, consideramos que a realización de obras de titularidade pública debería servir para, a maiores de dotar á cidade de servizos necesarios, fomentar a creación do maior número posible de empregos.

Para isto esixíamos a non realización de horas extraordinarias nestas obras. O alcalde e o equipo de Goberno amosáronse absolutamente conformes con esta posición sindical, chegando a alardear publicamente do cumprimento desta premisa.

Unha vez máis constatamos que existe unha gran distancia entre as declaracións do alcalde e a realidade dos feitos aos que alude. En todas as obras dependentes do Concello realízanse xornadas de 10 e máis horas diarias traballando en moitas ocasións en días non laborables pactados no convenio colectivo do sector.

É absolutamente impresentable o feito de que, cos niveis de desemprego existentes, as Administracións públicas non tomen medidas para corrixir a inxustiza que significa prolongar de xeito abusivo a xornada laboral en detrimento da creación de emprego e en beneficio dun exclusivo grupo de empresas que parecen abonadas a copar todas as obras públicas do Concello de Vigo.

Un Goberno municipal que se di de esquerdas debería amosar unha maior sensibilidade ante a dramática situación que padecen milleiros de familias na comarca viguesa por falta dun traballo que lles permita atender as necesidades de supervivencia. E calquera gobernante serio debería cumprir co que di.

A federación da Construción e Madeira da CIG está a denunciar case a diario esta problemática ante os interlocutores/as designados polo alcalde para tratar sobre a situación, sen que até o de agora teñamos constatado ningunha melloría.

Todo o contrario. Parece que tales obras gozan de impunidade. Calquera persoa que observe os traballos nas rúas comprobará o exceso de xornada e a carencia de medidas de seguridade: córtase a pedra sen gafas, máscaras nin protectores auditivos e sen aplicar mecanismos que eviten a expansión do po de sílice que, a maiores de poñer en perigo a saúde dos traballadores/as, inunda a cidade de auténticas nubes de po.

Co cambio horario temos constatado que se traballa xa entrada a noite sen que se doten as obras de iluminación suficiente, con grave risco para os traballadores/as.

Asdo. Alberto Fernández Campo
Secretario Comarcal da FCM-CIG

A CIG ten denunciado todos estas cuestións ante a Inspección de Traballo e ten solicitado unha entrevista co seu responsábel para propoñer accións concretas para regularizar a situación das condicións de traballo no sector da construción.

FESTIVAL SINSAL 12 // CONTINÚA SINSAL ANECOICO CON CAXADE ESTE VENRES

CAXADE NO SINSAL ANECOICOunnamed

Sinsal Anecoico é un proxecto que nace coa colaboración entre o Festival Sinsal, o Museo MARCO de Vigo, o laboratorio de acústica organizado por AtlanTIC na EE Telecomunicación da Universidade de Vigo e co apoio do Concello de Vigo.

Sinsal Anecoico é unha exploración dos límites do son que procura espertar nos asistentes sensacións estranas e únicas. O Festival Sinsal continúa cun ciclo que vai a acoller diferentes manifestacións da música galega actual no interior dunha sala semianecoica, unha cámara especialmente deseñada para que as paredes, o teito e o chan absorban todas as ondas sonoras, de xeito que non se produza ningún tipo de reverberación.

Este venres será o turno de Caxade, e unha vez máis levaranse ao cabo dous pases entre as 15.00 e as 17.30. 

SINSAL ANECOICO

Universidade de Vigo

Escola de Enxeñaría de Telecomunicación

Vigo

Entrada de balde con invitación.

Venres 31 de outubro, de 15.00 a 17.30. Caxade

PROGRAMACIÓN DO FESTIVAL SINSAL 12 

O Festival Sinsal volve a Vigo, a súa casa, na súa edición número 12 cunha programación que unha vez máis aposta pola diferenza, a sorpresa e o eclecticismo. Nesta ocasión os principais concertos realizaranse durante o 6 de decembro en dous espazos, o auditorio do MARCO e a Sala Máster. Sinsal 12 conxuga experiencia e xuventude, Pere Ubu e Half Japanese, dúas propostas fundamentais para comprender a música actual, e Sandra Kolstad, unha promesa da electrónica europea chegada dende Noruega.

DESCARGA DE INFORMACIÓN-GALEGO E CASTELÁN

CONCERTOS 6 DE DECEMBRO

SANDRA KOLSTAD + HALF JAPANESE
6 de decembro 2014 | 20.30h
MARCO de Vigo

13€ anticipada/15€ billeteira

PERE UBU
6 de decembro 2014 | 23.30h
Sala Master, Vigo

13€ anticipada/15€ billeteira

Bono: 20€ anticipada/25€ billeteira

ENTRADAS SERVINOVA

CONTINÚA SINSAL ANECOICO

Universidade de Vigo

Escola de Enxeñaría de Telecomunicación

Vigo

Entrada de balde con invitación.

Venres 5 de decembro, de 9.30 a 13.30. Ulobit

PP Galicia noticias

O GRUPO POPULAR DESTACA A DOTACIÓN DE 1,5 MILLÓNS DE EUROS PARA O TÍCKET ELÉCTRICO SOCIAL NOS ORZAMENTOS DA XUNTA PARA 2015

 O deputado Hipólito Fariñas explicou que esta iniciativa, a disposición das persoas máis necesitadas, complementa o bono social e aporta entre 15 e 20 euros dos recibos eléctricos dos destinatarios

  • Fariñas sinalou que “para referirse á pobreza enerxética hai que facelo non só no marco da política enerxética, senón tamén da política social”.
  •  O GRUPO POPULAR SALIENTA O PLAN DE CHOQUE DO FOGASA PARA FACER FRONTE AO ALTÍSIMO NÚMERO DE EXPEDIENTES ATRASADOS DO PERÍODO 2008-2011

    O portavoz de Emprego, Miguel Tellado, dixo que o actual Goberno central fixo unha excepción á taxa de reposición do persoal público para cubrir 80 vacantes no 2013 e contratar máis de 250 interinos

    • En concreto, Tellado concretou que neste tempo o número de expedientes pendente de resolución aumentou un 378 por cento, ao tempo que os días de espera pola resolución dos expedientes creceu nun 1.600 por cento
    • Asegurou que “non se privatizou nada, fíxose unha encomenda de xestión á empresa pública estatal Tragsatec para desbloquear todos eses expedientes, encargo que durou un ano e remata de forma inminente.
    • O GRUPO POPULAR CUALIFICA DE “ENGANO MASIVO” A INICIATIVA DE AGE SOBRE A FLOTA DO XEITO E PIDE QUE A OPOSICIÓN APOIE AS INICIATIVAS IMPULSADAS POR XUNTA E FEDERACIÓN GALEGA DE CONFRARÍAS

      O voceiro do Mar, Jose Manuel Balseiro, asegurou que a Xunta sempre estará do lado das demandas dos profesionais do xeito e repasou as distintas xestións promovidas polo Goberno galego para evitar que Europa prohiba o uso destas redes

      • Se Galicia incumpre a lexislación comunitaria e unilateralmente permite a pesca da sardiña en augas interiores incorrería nunha situación ilegal que implicaría sancións por sobrepesca
      • Os populares fan un chamamento ao consenso e demandan unha fronte política común en defensa dos intereses de Galicia en Europa.
      • Figueroa: “El compromiso del Partido Popular es con la ciudad y con el futuro de Vigo y de los vigueses”

        • Somos un partido creíble y seguimos apoyando y respetando los grandes proyectos, que son el futuro. El PP firmó un acuerdo por Vigo”, afirma el portavoz del Grupo Popular.

        • José Manuel Figueroa asegura que “la Diputación es la que más avanzada va en la remodelación de Balaídos porque ya ha puesto en marcha la financiación que le corresponde”.

        • El líder del PP vigués anuncia que el DOG publica hoy la licitación de la ampliación del vial para el nuevo hospital. “Es un proyecto que, gracias al Partido Popular, ya no tiene obstáculos; de la misma forma que trabajamos para desbloquear la Ciudad de la Justicia, el problema de San Francisco, el transporte metropolitano, el estudio del agua, o la aportación de la Diputación al Marco”.

        •  O GRUPO POPULAR DEFENDE QUE O MINISTERIO DE SANIDADE MANTEÑA UNHA VIXILANCIA E ESTUDO DA UTILIZACIÓN DAS VACINAS DA VARICELA E MENINXITE B PARA AVALIAR UN NOVO TIPO DE DISPENSACIÓN

           O deputado Aurelio Núñez Centeno afirmou que “os temas de vacinacións deben debatelos os expertos, e as autoridades sanitarias deben limitarse a cumprir as súas recomendacións”

          • Núñez Centeno explicou que en España estábase a vacinar de varicela fóra do calendario arredor do 60% dos nenos
          • Recordou que a comercialización da vacina da meninxite B como de uso hospitalario baseouse na ausencia de datos de eficacia clínica, na baixa incidencia da enfermidade e na ausencia de recomendacións oficiais de uso por parte de saúde pública.

       

      O PARLAMENTO APROBA A PROPOSTA DO GRUPO POPULAR PARA IMPULSAR UNHA CAMPAÑA DE PROMOCIÓN E POSTA EN VALOR DO MEXILLÓN DE GALICIA

      O voceiro do Mar, Jose Manuel Balseiro, explica que o plan destacará tres aspectos básicos deste produto: a súa máxima calidade, o seu prestixio gastronómico e nutricional e as súas totais garantías de salubridade

      • A iniciativa permitirá contrarrestar tamén as consecuencias que para o sector puideron supoñer a sucesión das mareas vermellas dos últimos meses
      • Os populares sempre defenden a diferenciación do mexillón galego e, no tocante á normativa de etiquetaxe, demandan un acordo entre produtores e toda a cadea de transferencia.
      •  O PARLAMENTO INSTA Á XUNTA PARA QUE ADXUDIQUE A CONSTRUCIÓN DO DESDOBRAMENTO DO CORREDOR DO MORRAZO ANTES DE QUE REMATE O 2015

         Co único voto favorable do Partido Popular, xa que PSOE e AGE votaron en contra desta iniciativa, na que o BNG se abstuvo

        • “Trátase dun obxectivo irrenunciable para o PP, logo de que este corredor fora unha actuación iniciada por un Goberno popular e se vaia a rematar con outro goberno popular”, afirmou o portavoz de Infraestruturas, Alejandro Gómez Alonso.

A XUNTA LICITA POR DOUS MILLÓNS DE EUROS AS OBRAS DE MELLORA DA AVENIDA CLARA CAMPOAMOR, QUE CANALIZARÁ OS TRÁFICOS DO NOVO HOSPITAL PÚBLICO DE VIGO

clip_image002A actuación, que se publica hoxe no Diario Oficial de Galicia, comeza ao sur, na glorieta do enlace co segundo cinto de circunvalación de Vigo (VG-20), na que se prevé a execución dunha nova saída exclusiva para acceso ao hospital
 Tamén se define unha nova glorieta, na zona norte, con dous carrís, e unha senda peonil para conectar as urxencias do hospital

Santiago, 29 de outubro de 2014.- A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, a través da Axencia Galega de Infraestruturas (AXI), publica hoxe a licitación no Diario Oficial de Galicia (DOG), por case dous millóns de euros, das obras de mellora da Avenida Clara Campoamor en Vigo, que permitirán o acceso ao novo Hospital público da cidade olívica. O prazo de execución destes traballos que se establece no prego de licitación é de catro meses.

O obxectivo da actuación é canalizar os fluxos de tráfico con destino e orixe no centro sanitario, e a mellora da avenida Clara Campoamor, co fin de que a incorporación á mesma sexa axeitada. Para conseguilo, actuarase nun treito dunha lonxitude de 590 metros, no que se proxecta a ampliación da plataforma da avenida para incrementar a súa capacidade, a execución dunha nova glorieta para facilitar o acceso á entrada principal do hospital, e un semienlace para a zona das urxencias deste centro hospitalario. O carril de uso exclusivo para urxencias cruza o río Barxa mediante un pequeno viaduto e desemboca na glorieta do hospital.

A actuación comeza na glorieta do enlace co segundo cinto de circunvalación de Vigo (VG-20), prevíndose a construción dunha nova saída exclusiva para acceso ao hospital. Esta vía bifúrcase en dous carrís, un para acceso exclusivo de urxencias e o outro que continúa como ramal de servizo ata á entrada principal do Hospital. Así, a avenida neste treito engadirá aos actuais dous carrís por sentido, outros dous carrís de acceso ao centro.

Beneficios para os cidadáns
Nesta zona permítese a saída dos vehículos do hospital á avenida. Así, a poboación dos concellos que pertencen á área sanitaria de Vigo veranse beneficiados.

Para complementar a obra, permitindo un cambio de sentido, executarase unha nova glorieta con dous carrís de 4 metros de ancho, unha beiravía interior de 1,5 metros e exterior de 0,5 metros. Finalmente, executarase unha senda peonil para conectar esta glorieta norte coa que dará acceso ás urxencias do hospital.

Cómpre lembrar que no mes de setembro anunciouse que se sometía ao trámite de información pública, en materia de expropiacións, a relación de bens e dereitos necesarios para a execución deste proxecto de mellora. As empresas interesadas en presentar a súa oferta dispoñen dun prazo de 26 días naturais, que non coincida en domingo ou festivo, empezando a contar desde o día seguinte a súa publicación no DOG, para remitir a documentación. A continuación, a Axencia Galega de Infraestruturas analizará as ofertas recibidas para poder iniciar as obras en 2015.