Ó PLENO DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA

MOCIÓN DO GRUPO PROVINCIAL DO PARTIDO POPULAR (PP) SOBRE A CONSTRUCCIÓN DUNHA ROTONDA NO CRUCE DA N-550 COA EP AMOEDO-OS VALOS NA CONFLUENCIA DOS CONCELLOS DE REDONDELA, MOS E PAZOS DE BORBÉN
O Grupo do Partido Popular de Galicia (PPdG) na Deputación de Pontevedra, en base á lexislación vixente, presenta diante do Pleno da Corporación Provincial esta moción relativa á necesidade de construcción dunha rotonda no cruce da EP Amoedo-Os Valos coa N-550 no punto kilométrico 147,00, lugar de confluencia dos concellos de Redondela, Mos e Pazos de Borbén.

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
1.- A estrada provincial 2702 Amoedo-Os Valos atópase coa estrada nacional N-550 no punto kilómetrico 147 desta última vía, no lugar conocido como Alto dos Valos, na parroquia de Louredo (Mos), onde conflúen os termos municipais de Redondela, Mos e Pazos de Borbén.
2.- O devandito cruce tén unha alta concentración de vehículos, particulares e pesados, que proceden das zonas industriais de Vilar e Arrufana (Mos) e de Puxeiros e veñen a sumarse aos que se dirixen a Redondela e Pazos de Borbén ademáis do tráfico rodado hacia Porriño. Concurre no cruce tamén unha alta densidade de vehículos pesados que circulan a diario hacia Redondela ou Porriño, Ourense, Madrid e o norte de Portugal e todos aqueles que, con esas mesmas direccións, queren evitar a autopista de peaxe AP-9.
3.- Por esa alta concentración de vehículos, o Alto dos Valos está considerado como un dos <puntos negros> da rede viaria provincial ao soportar unha intensidade media diaria de tráfico de 8.995 coches, según datos do ano 2012, unha das cifras máis altas da provincia.
4.- As incorporacións ou cruces que se realizan ao longo do día implican maniobras que poñen en risco a seguridade tanto dos conductores como dos peóns e foron motivo de frecuentes accidentes na zona. Unha situación que se verá incrementada no futuro próximo polas obras previstas para a construcción da Autovía A-59, entre Vilaboa e a A-57 e o enlace co aeroporto de Peinador, así como pola creación de novas zonas de tipo industrial no entorno, según se establece no Plan Sectorial de Áreas Empresariais de Galicia.
5.- A instalación dun límite de velocidade de 50 kilómetros por hora ou a colocación dun radar en dirección Redondela-Mos foron medidas que, só en parte, aminoraron a perigosidade do citado cruce do Alto dos Valos.

Polas anteditas razóns, sometemos á consideración do Pleno da Deputación de Pontevedra esta moción para que se adopte o seguinte ACORDO:
• A Deputación de Pontevedra insta ao Ministerio de Fomento, titular da N-550, a construir unha rotonda no Alto dos Valos, no punto kilométrico 147, confluenza dos concellos de Redondela, Mos e Pazos de Borbén, que regule o movemento dos vehículos e redunde nunha maior seguridade vial e do tráfico no citado punto.

En Pontevedra, a 21 de outubro de 2014
Asinado: Xosé Crespo Iglesias e José Manuel Figueroa Vila, portavoces do Grupo Provincial do Partido Popular

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: