PRESENTACIÓN DA NOVA NOVELA DE FRANCISCO CASTRO
O escritor vigués Francisco Castro presenta a súa nova novela TES ATA AS 10 mañá martes ás 20 horas na Casa do Libro.
Unha trepidante novela de intriga que está atrapando a lectores e críticos.
O escritor vigués Francisco Castro presentará mañá martes na Casa do Libro de Vigo a súa nova novela titulada TES ATA AS 10 acompañado pola autora Inma López Silva e o director xeral de Galaxia, Víctor F. Freixanes.
En TES ATA AS 10, Francisco Castro constrúe unha trepidante historia que atrapa aos lectores e lectoras dende o primeiro instante obrigándoos a seguir ata o final e desentrañar o misterio que encerran as súas páxinas.
A historia parte dun correo electrónico que o protagonista da novela recibe de parte do seu pai. O problema é que o seu pai está morto. A partir desa estrañísima mensaxe, o pai, ou quen por el se fai pasar, vai dirixindo ao protagonista (a partir de sms, mails, notas en distintos lugares, etc.) por unha investigación que o vai levar a desentrañar unha terrible historia do pasado que no seu día non puido ser contada. Polo medio, dúas historias de amor sorprendentes. E unha revisión da nosa historia recente.
Unha novela que está chamada a enganchar ás lectoras e lectores para non deixalos marchar ata o punto e final do libro.
Presentan en Vigo un innovador sistema robotizado de asistencia en rehabilitación clínica en el que colabora AIMEN Centro Tecnológico
FISIOROB, que permitirá asistir a los pacientes en ejercicios intensivos de rehabilitación, aunando la robótica y la realidad virtual, fue presentado en las VI Jornadas sobre Tecnologías y Soluciones para la Automatización Industrial, que se celebran esta semana en Vigo.
El consorcio del proyecto está formado por las empresas gallegas COMSA EMTE, AEQUS, IZMAR, I3TE, BALIDEA y POVISA; y cuentan con la colaboración de AIMEN Centro Tecnológico, CIS Galicia y de la Universidad de Vigo en temas relacionados con la robótica, electrónica, sistemas de realidad virtual y adquisición de señales.
MARCO Vigo: convocatoria taller CLÁUDIA DIAS
CLÁUDIA DIAS
Do 25 ao 28 de novembro de 2014
OBRADOIRO DE ARTES ESCÉNICAS
Cláudia Dias
Obradoiro destinado a estudantes e profesionais de artes escénicas, Belas Artes e disciplinas afins
Organiza: MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo
Dirixe: Cláudia Dias
Coordina: Pablo Fidalgo
Datas: martes 25, mércores 26, xoves 27 e venres 28 de novembro, 2014
Horario: de 17.00 a 20.00
Lugar: salón de actos do MARCO
PREVIA INSCRICIÓN E MATRÍCULA. Prazas limitadas a 15 participantes
Prezo matrícula: 30€ (20€ para estudantes e membros Agrupación Amigos MARCO, previa acreditación)
[Selección de participantes en función do número de solicitudes recibidas e da súa adecuación
aos contidos e obxectivos do obradoiro]
OBRADOIRO DE ARTES ESCÉNICAS
Cláudia Dias
O OBRADOIRO
Un obradoiro é un lugar onde se exerce un oficio, unha arte, unha profesión; é dicir, é un lugar de traballo. Un espazo-laboratorio onde non só se producen “obxectos” senón que se ensaian formas de facer máis eficaces, para crear un produto final que sirva mellor a quen o adquira. Na miña opinión este principio tamén se aplica á área do teatro e das artes performativas en xeral.
Así, este obradoiro será un lugar de traballo onde se exerce un oficio que é a representación. Desígnoo como un espazo pre-arte que cuestiona, na práctica, modos de facer. É pois, un obradoiro de reflexión teórico-práctica sobre a representación.
O OFICIO
O acto de representar non é sinónimo de finxir. E precisamente porque non se finxe, se está na realidade, se toma conciencia de que se está nun espazo ficcional. Con todo, o corpo que habita ese espazo é real. Un corpo que, sendo real, crea a distancia necesaria entre o que é e o que fai. Digamos que é un corpo real con consciencia de que aquilo que produce é ficción. Un corpo que deixa de situar a cuestión entre a verdade e a mentira para entrar só no dominio do crible. Un corpo que abdica do artificio no interior da convención da representación.
OS ARTIFÍCES
Abdicar do artificio é abdicar do xesto “creativo”, da idea de que a función do actor é inventar. Así, o desafío para os participantes neste obradoiro será o de aceptar a súa condición de funcionarios e que os seus xestos son só funcionais. Neste sentido, non producen acontecementos. Crean as condicións para que os acontecementos acontezan. Isto implica un traballo de limpeza dos impulsos e das accións reflexas. Actuar por impulso ou limitarnos ao xogo da acción/reacción non é sinónimo de liberdade. Aparenta liberdade e autenticidade, como se non pensar fose condición para ser libre e auténtico. Ocorre que aquilo que queremos está, en principio, contaminado cunha serie de información que adoitamos considerar “nosa”, pero que non nos pertence e por iso non nos representa. Ser libres implica pensar, elixir e responsabilizarnos da nosa elección. Así, gran parte do traballo deste obradoiro consistirá en dotar a cada participante de ferramentas que o fagan libre para poder elixir asertivamente.
AS FERRAMENTAS
As ferramentas da Composición en Tempo Real organizaranse en torno a principios que fan posible a existencia dunha plataforma de entendemento e comunicación –se se quere, dunha linguaxe común– necesaria para o diálogo entre o colectivo (onde se inclúe a figura do espectador).
OBRADOIRO DE ARTES ESCÉNICAS
Cláudia Dias
PRESENTACIÓN PEZA ESCÉNICA
Cláudia Dias. Vontade de ter vontade
Unha vez finalizado o obradoiro, o sábado 29 de novembro, o salón de actos do MARCO acollerá unha peza escénica da artista, aberta ao público en xeral.
Cláudia Dias
Vontade de ter vontade
Peza escénica
Data: sábado 29 de novembro ás 20.00
Salón de actos
Entrada libre e gratuíta ata completar aforo
NOTA BIOGRÁFICA
Cláudia Dias naceu en Lisboa en 1972. Master en Artes Escénicas, Facultade de Ciencias Sociais e Humanas, Universidade Nova de Lisboa (2011- ). Iniciou a súa formación en danza na Academia Almadense, e continuou os seus estudos cunha bolsa na Companhía de Dança de Lisboa. Seguiu o Curso de Formación de Intérpretes de Danza Contemporánea, promovido por Fórum Dança, e o Curso de Formación Profesional en Xestión de Organizacións e Proxectos Culturais, promovido por Cultideias.