Archive | noviembre 4, 2014

Concello de Vigo

O Concello adopta medidas de porosidade a favor dos peóns sen dificultar o tráfico

O alcalde avanzou esta mañá que o Concello traballa «nun proceso activo de facer a cidade máis porosa para os peóns, sen dificultar o tráfico dos vehículos». Entre outras medidas, referiuse á instalación nos últimos meses de 12 semáforos, pintado de novos pasos de peóns, graduar ven as ondas verdes, así como facilitar a circulación de motos.

 


Vigo acollerá un proxecto didáctico expositivo sobre o impacto do plástico nos océanos

O Concello participará na proposta multidisciplinar «Out to Sea. The Plastic Garbage Project», impulsada pola Fundación Barrié xunto á empresa Desoños, un proxecto «educativo e de concienciación ecolóxica», segundo apuntou o alcalde de Vigo, para visualizar os efectos negativos dos plásticos en mares e océanos.

 


O goberno de Vigo cooperará nunha campaña de atención cardiolóxica dirixida ás mulleres

Impulsada polo Servizo de Cardioloxía do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo, a campaña «As Mulleres Temos Corazón» presentarase próximamente e contará coa participación «activa» do Concello, en verbas de Abel Caballero, para promover a atención e revisión cardiolóxica das mulleres.

 


Caballero anima a encher as Travesas para apoiar ao Mosteiro Bembrive contra o FC Barcelona

Este mércores, ás 21 horas, o pavillón municipal das Travesas acollerá a eliminatoria de oitavos de final da Copa do Rei de fútbol sala entre o Mosteiro Bembrive FS, de 2ª división B, e o Fútbol Club Barcelona, da máxima categoría. O alcalde felicitou ao club vigués polo xa conseguido e animou á cidadanía a gozar do espectáculo.

 


«CAFÉS LITERARIOS»

O Club de lectura do Centro de Documentación e Recursos Feministas programa para o mércores 26 de novembro, ás 18 horas una sesión de cafés literarios no que se abordará a novela «La vieja sirena», de José Luís Sampedro. A relatora será Elena Ocampo, xornalista.
Se tes interese en formar parte do «grupo estable» podes inscribirte persoalmente no CDRF ou no tfno. 986 22 90 74

 


O MARCO organiza un Obradoiro de Artes Escénicas

Cláudia Dias dirixirá o Obradoitro de Artes escneícas que se celebrará no MARCO do 25 ao 28 de novembro e destinado a estudantes e profesionais de artes escénicas, Belas Artes e disciplinas afins.

GALICIA PECHA O MES DE OUTUBRO COMO A COMUNIDADE AUTÓNOMA COA MAIOR BAIXADA INTERANUAL RELATIVA DO PARO REXISTRADO

 A directora xeral de Formación e Emprego, Ana María Díaz López, resaltou que “non se pode facer unha valoración positiva” do incremento do desemprego a nivel mensual
 Con todo, puxo en valor a evolución interanual, que xa leva rexistrando desde hai un ano un comportamento positivo e que, nesta ocasión, acada o seu descenso máximo, cun 9,02% menos
 A evolución interanual de Galicia é a mellor dun mes de outubro de toda a serie histórica desde 1996

Santiago, 4 de novembro de 2014.- Galicia pechou o mes de outubro cun total de 244.044 persoas desempregadas, un 2,45 por cento máis que en setembro (+5.841). En canto á evolución interanual en termos relativos, esta comunidade autónoma rexistrou a maior baixada en todo o Estado.

A directora xeral de Formación e Emprego, Ana María Díaz, sinalou hoxe que “non se pode facer unha valoración positiva” ao terse rexistrado un incremento mensual do desemprego “como é habitual nos meses de outubro”, pero puxo en valor a evolución interanual do paro en Galicia, xa que esta constitúe unha referencia “desestacionalizada” á hora de valorar as cifras.

En concreto, precisou que de outubro de 2013 a outubro de 2014 o desemprego descendeu en 24.181 persoas, un -9,02%. Trátase, polo tanto, “da décimo segunda baixada interanual consecutiva do paro e a maior de todas elas. Isto é, xa se cumpre un ano de descensos, o que confirma a mellora progresiva do comportamento do mercado laboral”.

Os datos interanuais deste mes constitúen, ademais, o mellor comportamento interanual nun mes de outubro de toda a serie histórica en termos absolutos (estatísticas publicadas desde 1996) e, en termos relativos, desde 1999.

Deste xeito, “Galicia remata outubro con menos parados dos que había no mesmo mes dos anos 2013 e 2012”, sinalou Díaz López.

Cabe destacar, ademais, que desde xaneiro deste ano (evolución anual) o paro descendeu en Galicia en 37.033 persoas.

En España, o desemprego subiu en 79.154 persoas, un 1,78 por cento, ata situarse nos 4.526.804. En termos interanuais, o desemprego en España descendeu nun 5,91%. Deste xeito, Galicia sitúase por riba da media estatal a nivel interanual.

Por sectores, o incremento do paro concéntrase de novo no sector servizos (+5.388), aínda que tamén hai un aumento na agricultura e a pesca (+1.090), polo fin da vendima; e na industria, con 170 desempregados máis. Pola contra, rexístrase un descenso nos outros dos sectores económicos: no colectivo sen emprego anterior (-612) e na construción (-195).

Por provincias, o desemprego subiu en todas elas. O principal incremento detectouse en Pontevedra (+2.487), seguida pola Coruña (+1.507); Ourense ( +941) e Lugo (+906).

Na evolución dos contratos, este mes rexistráronse un total de 78.171 contratos, 2.189 menos que no mes anterior, o que supón unha baixada do 2,72%. Deste total, 6.583 foron indefinidos (8,42%), e 71.588 temporais (91,58%). No eido dos contratos, tamén se rexistra unha interanual positiva do 6,47%.

China y Dubai, dos destinos para más de una veintena de empresas gallegas

Camara_VigologoUna decena de ellas ya están en la China Fisheries & Seafood Expo 2014, en el marco del plan FOEXGA, y el resto acuden esta misma semana al encuentro empresarial de la Feria Seafex Dubai, organizado por la Cámara de Comercio de Vigo y el Consorcio de la Zona Franca

Vigo, 04/11/2014. El calendario de promoción exterior de la Cámara de Comercio de Vigo no para. Si el pasado viernes una delegación del ente cameral y la Zona Franca partía hacia México para acudir a la Feria Expo Sapuraiya, el lunes una decena de empresas hacía lo propio para estar, desde mañana y hasta el viernes en la China Fisheries & Seafood Expo 2014. Esta acción, que se enmarca dentro del Plan Foexga, resulta tremendamente atractiva para las empresas gallegas ya que el evento ha duplicado en los últimos seis años tanto el número de expositores, como el índice de visitantes, convirtiéndose así en la segunda mayor feria de pescados y mariscos del mundo.

China está en el punto de mira de muchas empresas que ven, en la segunda economía del mundo, un mercado objetivo excepcional para sus productos y servicios. Con respecto al sector de la acuicultura, los datos hablan por sí solos. Y es que en los últimos trece años, el país incrementó su producción de 15 millones de toneladas en el año 2000 a 40 millones de toneladas en 2013, casi 2 millones de toneladas promedio por año.

Por otro lado, a finales de esta semana doce empresas gallegas, dedicadas a la conserva de pescado y marisco, maquinaria para la industria alimentaria, y del sector del pescado fresco, congelado y elaborado, se desplazarán a los Emiratos Árabes para participar, del 9 al 11 de noviembre, en el encuentro empresarial de la Feria Seafex Dubai, una acción organizada por la Cámara de Comercio de Vigo y la Zona Franca, y que contará con la participación del Secretario General del Consorcio, Santiago López-Guerra

La Feria SEAFEX es el único evento relevante de la región exclusivamente dedicado a productos del mar. Por grupo de productos, los más representados son los pescados, seguidos de crustáceos y moluscos. En términos generales, las importaciones de alimentos en los Emiratos Árabes Unidos (sean estos procesados, semiprocesados o frescos) siguen un régimen libre. Las prohibiciones y restricciones a las importaciones de alimentos se pueden dar por razones sanitarias o fitosanitarias, razones de seguridad alimentaria o por cuestiones religiosas y culturales. Hay que tener especial cuidado en el caso de que el producto que se va a exportar a EUA sea procedente de la acuicultura (así como productos comestibles a base de los mismos) de países que permitan la alimentación de peces y otros animales de acuicultura, con proteínas de origen porcino, como es el caso de España. En este caso será necesario un certificado sanitario que acredite que los peces no han sido alimentados con proteínas animales procesadas de origen porcino.

A Escola de Negocios de Afundación sitúase entre as 1000 mellores do mundo

A Escola de Negocios da Fundación Galicia Obra Social (Afundación)  sitúase por sétimo ano consecutivo entre as 1000 mellores do mundo, segundo o informe anual de escolas de negocios que publica Eduniversal, a axencia internacional de rankings na área da Educación Superior. A institución académica de Afundación foi premiada con dúas palmas Eduniversal, o que a cataloga como unha «Good Business School». En España, só 22 institucións foron incluídas nesta clasificación mundial.

A Selección Oficial Eduniversal é froito dun traballo de investigación e evaluación de un comité científico internacional integrado por nove expertos independentes con ampla experiencia en el ámbito académico. O informe analiza un total de 13.000 institucións académicas de 154 países e elixe as 1000 mellores mercé á súa calidade formativa e a súa influencia internacional.

El Grupo Popular insta al alcalde a que agilice el proyecto de reforma de Balaídos, una vez que la Diputación ya aprobó el viernes la financiación que le corresponde

  • Vigo En estos momentos sólo existe un proyecto de reparación para la grada de Río, desconocemos el documento para la obra del nuevo estadio, aún no está redactado”, afirma José Manuel Figueroa.

  • El portavoz del Grupo del PP y vicepresidente de la Diputación enfatiza que “en menos de veinte días desde la reunión con el alcalde el organismo provincial ya aprobó 1,6 millones para el nuevo estadio”.

  • El alcalde tiene ahora que ordenar la redacción del proyecto básico de la obra y asegurar la financiación que anunció para 2015; un expediente para el que tiene que contar con el apoyo de los votos de alguno de los grupos políticos de la oposición”, argumenta Figueroa.

AS OBRAS DE MELLORA DA EDAR DE redondela COMEZARÁN A PRINCIPIOS DO VINDEIRO ANO, TRAS A SÚA ADXUDICACIÓN POR 170.000 EUROS saúdos,

20141103111157__MG_2128 O director de Augas de Galicia visitou esta mañá as instalacións desta depuradora, xunto coa delegada territorial da Xunta e o alcalde de Redondela
 A Xunta aporta o 100 por cento do investimento necesario para a execución da mesma e que conta con fondos europeos FEDER, tal e como se recolle no convenio asinado entre Augas de Galicia e o Concello
 As tarefas a realizar pretenden tratar os olores e reducir a emisión destes nas instalacións existentes, ademais de mellorar a calidade visual e sonora na contorna da EDAR

Santiago, 3 de outubro de 2014.- O director de Augas de Galicia, Gonzalo Mosqueira, avanzou este mañá que as obras de mellora da Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR) do Concello de Redondela comezarán a principios do vindeiro ano, tras adxudicar esta actuación por un importe de máis de 171.000 euros. Gonzalo Mosqueira visitou esta mañá as instalacións da depuradora xunto coa delegada territorial da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch, o tenente alcalde de Redondela, Miguel Ángel Álvarez, e a concelleira de Limpeza Viaria e Parques, María José Barciela Ramos, aos que lles confirmou que este contrato foi adxudicado á empresa Macraut Enxeñeiros SL.

As tarefas, cuxo prazo de execución é de 6 meses, que se van realizar pretenden tratar os olores ou reducir a emisión destes nas instalacións existentes, ademais de mellorar a calidade visual e sonora na contorna da EDAR.

En base a esta actuación, que se executa no marco dun acordo de colaboración entre Augas de Galicia e o Concello de Redondela, realizarase a instalación dun sistema de desodorización, posto que un dos obxectivos do proxecto é reducir a contaminación por olor, así, unha vez localizados os focos máis importantes de contaminación olfativa da EDAR, situados no edificio de deshidratación e no espesador de lodos, ademais de no pozo de grosos, proponse a instalación de sistemas de desodorización, instalarase unha cubeta no espesador de lodos para poder confinar e eliminar o olor xerado nesta instalación.

Tamén, se procederá á adaptación dos sistemas de control da planta, incorporando as sinais dos novos equipos e da rexa de grosos ao centro de control da Estación Depuradora de Augas Residuais. Finalmente, farase unha instalación dun peche vexetal perimetral en toda a EDAR, coa súa correspondente rede de rego.

As accións a levar a cabo supoñen un investimento de case 200.000 euros, aboados pola Xunta de Galicia coa cofinanciación de fondos europeos FEDER. Cabe sinalar que a porcentaxe de financiamento por parte da Xunta para este tipo de colaboracións é ata do 100% do total do custo das obras requiríndose a previa aprobación polo Consello da Xunta no suposto de conterse obrigas de gasto plurianuais ou unha contía superior a 150.233 euros, como é o caso.

Antecedentes
A actual depuradora é unha infraestrutura do ano 1992, na que, posteriormente, se fixeron distintas melloras técnicas, co propósito de incrementar o rendemento na depuración. Máis tarde, froito da revisión do informe da empresa adxudicataria do contrato de asistencia técnica para o control e asesoramento á explotación das instalacións de depuración de augas residuais de Galicia, encargouse a redacción do proxecto que se vai levar a cabo.

Co paso do tempo, este inmoble quedou integrado nunha trama urbana deste importante núcleo de poboación, moi preto do mercado e de colexios, instalacións deportivas e vivendas. Recentemente tamén se construíu un paseo fluvial que bordea a instalación, facendo aínda máis notable a súa presenza.

Esta actuación tramítase ao abeiro do Decreto 59/2013, do 14 de marzo, polo que se desenvolve a Lei 9/2010, do 4 de novembro, de Augas de Galicia, en materia de execución e explotación de infraestruturas hidráulicas, no que se establece a regulación do procedemento de colaboración técnica e financeira entre a Administración hidráulica de Galicia e as entidades locais. Esta normativa establece a posibilidade de financiamento e execución por parte do executivo autonómico de obras de abastecemento e saneamento de auga, incluso os proxectos técnicos e construtivos, nos termos municipais de Galicia.

Afundación presenta O cocido sinfónico en Vigo

A Fundación Galicia Obra Social (Afundación) acollerá desde mañá, martes 4 de novembro, ata o xoves 6, ambos incluídos, no Centro Cultural da entidade en Vigo, con funcións ás 10.00 e ás 12.00 h os tres días, a representación da obra O cocido sinfónico por parte da compañía Os tres tenedores. Un total de 2747 escolares procedentes de 51 centros de Vigo teñen a súa reserva realizada para asistiren a este espectáculo.

La Virreina Centre de la Imatge y La Fábrica editan «On the Table. Ai Weiwei»

unnamed

Con motivo de la exposición homónima que acoge La Virreina Centre de la Imatge desde hoy hasta el próximo mes de febrero

El artista chino ha supervisado personalmente la concepción, el diseño y la edición gráfica de un libro que recorre su obra a través de 184 páginas y más de 240 imágenes

El volumen incluye una entrevista realizada por el director de La Virreina Centre de la Imatge, Llucià Homs, en el estudio del artista en Pekín y un ensayo de la comisaria de la exposición, Rosa Pera