GALICIA PECHA O MES DE OUTUBRO COMO A COMUNIDADE AUTÓNOMA COA MAIOR BAIXADA INTERANUAL RELATIVA DO PARO REXISTRADO

 A directora xeral de Formación e Emprego, Ana María Díaz López, resaltou que “non se pode facer unha valoración positiva” do incremento do desemprego a nivel mensual
 Con todo, puxo en valor a evolución interanual, que xa leva rexistrando desde hai un ano un comportamento positivo e que, nesta ocasión, acada o seu descenso máximo, cun 9,02% menos
 A evolución interanual de Galicia é a mellor dun mes de outubro de toda a serie histórica desde 1996

Santiago, 4 de novembro de 2014.- Galicia pechou o mes de outubro cun total de 244.044 persoas desempregadas, un 2,45 por cento máis que en setembro (+5.841). En canto á evolución interanual en termos relativos, esta comunidade autónoma rexistrou a maior baixada en todo o Estado.

A directora xeral de Formación e Emprego, Ana María Díaz, sinalou hoxe que “non se pode facer unha valoración positiva” ao terse rexistrado un incremento mensual do desemprego “como é habitual nos meses de outubro”, pero puxo en valor a evolución interanual do paro en Galicia, xa que esta constitúe unha referencia “desestacionalizada” á hora de valorar as cifras.

En concreto, precisou que de outubro de 2013 a outubro de 2014 o desemprego descendeu en 24.181 persoas, un -9,02%. Trátase, polo tanto, “da décimo segunda baixada interanual consecutiva do paro e a maior de todas elas. Isto é, xa se cumpre un ano de descensos, o que confirma a mellora progresiva do comportamento do mercado laboral”.

Os datos interanuais deste mes constitúen, ademais, o mellor comportamento interanual nun mes de outubro de toda a serie histórica en termos absolutos (estatísticas publicadas desde 1996) e, en termos relativos, desde 1999.

Deste xeito, “Galicia remata outubro con menos parados dos que había no mesmo mes dos anos 2013 e 2012”, sinalou Díaz López.

Cabe destacar, ademais, que desde xaneiro deste ano (evolución anual) o paro descendeu en Galicia en 37.033 persoas.

En España, o desemprego subiu en 79.154 persoas, un 1,78 por cento, ata situarse nos 4.526.804. En termos interanuais, o desemprego en España descendeu nun 5,91%. Deste xeito, Galicia sitúase por riba da media estatal a nivel interanual.

Por sectores, o incremento do paro concéntrase de novo no sector servizos (+5.388), aínda que tamén hai un aumento na agricultura e a pesca (+1.090), polo fin da vendima; e na industria, con 170 desempregados máis. Pola contra, rexístrase un descenso nos outros dos sectores económicos: no colectivo sen emprego anterior (-612) e na construción (-195).

Por provincias, o desemprego subiu en todas elas. O principal incremento detectouse en Pontevedra (+2.487), seguida pola Coruña (+1.507); Ourense ( +941) e Lugo (+906).

Na evolución dos contratos, este mes rexistráronse un total de 78.171 contratos, 2.189 menos que no mes anterior, o que supón unha baixada do 2,72%. Deste total, 6.583 foron indefinidos (8,42%), e 71.588 temporais (91,58%). No eido dos contratos, tamén se rexistra unha interanual positiva do 6,47%.

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: