CCOO convoca manifestación en defensa dun futuro industrial con emprego e dereitos‏

secretaría xeral

Estimadas compañeiras e compañeiros:
Ante a gravidade da situación laboral que vivimos na nosa cidade e arredores: a
eiva do paro, a redución dos cadros de persoal, a conxelación salarial, as propostas
de baixada de salarios, a perda de poder adquisitivo, a deslocalización das
empresas, as dificultades para negociar os convenios colectivos, o medo a un
presente terrible e a un futuro aínda máis incerto para nós/ás e os nosos fillos/ás,…
CCOO demanda respostas claras por parte do goberno, solucións para unha
bisbarra deprimida por actuacións políticas que non van máis alá de declaracións de
boas intencións que non dan resposta ás demandas dos traballadores e
traballadoras.

A cidade industrial, dinámica e orgullosa, o Vigo que coñecemos, naceu dunha
aposta clara do empresariado procedente de familias coñecidas por todos e todas.
Creció ata converterse na primeira cidade industrial de Galicia, motor social e
dinamizador, creceu ademais xunto á loita da clase obreira, que se partiu a cara día
a día, para conseguir o que hoxe nos negan.

Somos unha bisbarra que nunca se dobregou ante o medo, hoxe este medo
chámase desemprego e xera: pobreza, desigualdade, inseguridade… É a nosa
obriga seguir loitando, seguir reclamando nos centros de traballo e na rúa o que é
noso, o que conseguimos con esforzo e tenacidade, porque ninguén nolo regalou.
Somos nós os que temos que enfrontarnos ao empresariado, á clase política, aos
poderes económicos e berrarlles abonda xa!.

Por iso ante a complexa situación laboral, social e económica que pende sobre a
bisbarra na que vivimos, CCOO convocamos á cidadanía a mobilizarse o próximo
domingo, día 9 de novembro, ás 11.30 horas, no Cruzamento de Vía Norte.
Chamámosvos a participar connosco e a difundir esta convocatoria, para loitar polo
futuro de Vigo e a bisbarra, pola defensa da industria con emprego e con dereitos.

Esperámosvos. Un saúdo combativo.

Amelia Pérez Álvarez
secretaria xeral
Unión Comarcal de CCOO de Vigo

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: