o pp de salcedA CORROBORA A DIFICULTADE NO XIRO DA NOVA GLORIETA NA AVENIDA DE GALICIA

PP_Salceda_glorieta (2) Os populares xa alertaran deste problema no momento do inicio da obra e agora instan a que se revise o proxecto
• Solicitan que se reduza o tamaño da beirarrúa para evitar que os vehículos longos invadan o carril contrario e que se coloquen as baldosas unhas pegadas ás outras
Salceda de Caselas, 4 de novembro de 2014.- O Partido Popular de Salceda de Caselas ven de entregar hoxe no Rexistro do Concello unha solicitude instando ao alcalde a que revise o proxecto de regulación do tráfico na intersección da rúa Vigo coa Avenida de Galicia pola dificultade no xiro de camións e autobuses na nova glorieta construída.
Os populares xa advertiran no momento de inicio dos traballos que non se volvese a cometer o mesmo erro que noutras obras desta índole, como sucedeu na intersección da praza Central, “onde logo de xa estaren feitas as beirarrúas tiveron que rompelas debido a que os vehículos longos non tiñan espazo suficiente para o xiro e montaban por riba das mesmas”, explica Rodríguez Davila. Por isto, dende o PP local sinalaban que era preferible que a rotonda dispuxese dun metro menos de diámetro que logo lamentarse, “que é o que sucede agora”, asegura o concelleiro despois de corroborar que os vehículos longos invaden o carril contrario á hora de trazar a glorieta, sobre todo no lateral onde está situada a oficina de Correos, en dirección ao campo de fútbol, “esquina onde nos solicitamos que se reduza o tamaño da beirarrúa”.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: