ABANCA obtén un BAI de 474 millóns e reforza o seu capital ata o 12,80%
A rendibilidade crece un 26,7% respecto a setembro de 2013
– Os depósitos presentan un incremento de 1.062 millóns de xaneiro a setembro
– A morosidade mellora 3,8 puntos e sitúase no 13,8%
– A entidade incrementa a súa cota de mercado en Galicia
– ABANCA e Banco Etcheverría culminarán a súa fusión este mes
05.11.2014. ABANCA obtivo nos primeiros nove meses de 2014 un beneficio antes de impostos de 474 millóns de euros. Este resultado baséase na recuperación da marxe da actividade comercial, o alto nivel de saneamento da carteira crediticia e a optimización da carteira de renda fixa.
O banco, que se fusionará este mes con Banco Etcheverría, continuou elevando o seu capital ata unha ratio CET1 del 12,80% e reforzou o seu liderado en crédito e depósitos minoristas en Galicia, o seu mercado de referencia.
A rendibilidade, concepto que reflexa a actividade bancaria básica con clientes, continúa ascendendo e sitúase no 1,9%, fronte ao 1,5% de hai un ano, un 26,7% máis.O beneficio neto ascendeu a 342 millóns de euros.