OS CLIENTES DO CCA DE BAIONA PODEN ESCOLLER O SEU COMERCIO FAVORITO E CONSEGUIR AGASALLOS COA CAMPAÑA MÁIS QUE COMERCIO!

 A delegada territorial da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch, presentou esta iniciativa coa que a Consellería de Economía e Industria busca reforzar o comercio de proximidade e impulsar as vendas
 Os clientes dos establecementos asociados ao CCA poden elixir o seu negocio preferido durante todo o mes de novembro e optar a tarxetas regalo para mercar no comercio local
 O comercio máis votado recibirá un recoñecemento público ao seu labor

Baiona, 05 de novembro de 2014.- A delegada territorial da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch, acompañada pola concelleira de Comercio da localidade, María Jesús Garbín, presentou hoxe a campaña de dinamización comercial Centros Comerciais Abertos. Máis que comercio!, que se desenvolverá durante todo o mes de novembro no centro comercial aberto da vila, e que busca impulsar as vendas do comercio de proximidade premiando a confianza dos seus clientes. No acto tamén estiveron presentes o presidente e xerente da Asociación de Comerciantes e Empresarios de Baiona (ACEBA), Marcos Comesaña e Carlos Fernández, respectivamente, así coma representantes da Federación de Comercio.

Coma explicou Bravo Bosch, as persoas que merquen nos comercios asociados ao CCA e que participan nesta campaña (un total de 105 negocios) recibirán durante todo o mes un cupón por cada 5 euros de compra, o que lles permitirá participar nun xogo en liña na web http://www.maisquecomercio.com. Nesta páxina, votando ao seu establecemento favorito, poderán optar a unha tarxeta regalo de 200 euros e dúas de 100 para mercar no comercio local ademais de outros agasallos achegados polos propios comerciantes. Ao remate do mes, o establecemento seleccionado polos clientes que participen na iniciativa, recibirá un recoñecemento público ao seu labor. “Esta campaña cumpre o obxectivo de impulsar as vendas do comercio de proximidade premiando así a confianza dos seus clientes”, considerou a delegada da Xunta.

A iniciativa da Consellería de Economía e Industria Centros Comerciais Abertos. Máis que Comercio! percorre os diferentes centros comerciais abertos de Galicia durante todo o ano, co obxectivo de resaltar os valores do comercio de proximidade como a calidade, o trato ao cliente, a diferenciación e a variedade.

Ao mesmo tempo, tal e como especificou Bravo Bosch, destácase o traballo que desenvolven os centros comerciais abertos, unha fórmula que permite, desde o asociacionismo, o desenvolvemento de estratexias comerciais e a prestación de servizos de forma conxunta no pequeno comercio para mellorar a súa competitividade.

Lembrou Bravo Bosch que o impulso ao asociacionismo é un dos eixos da estratexia específica da Consellería de Economía e Industria de apoio ao comercio de proximidade, dentro da cal se inclúe o programa de axudas ás asociacións de comerciantes para a dinamización dos centros comerciais abertos e prazas de abastos, nas cales o CCA de Baiona resultou beneficiado con apoios por máis de 22.000 euros nas últimas convocatorias.

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: