Edición 8 de novembro_FEIRA de produtos ecolóxicos e artesanía de Vigo

cartel FEIRA nov. 2014 - version alternativaFEIRA DE PRODUTOS ECOLÓXICOS E ARTESANÍA DE VIGO
8 DE NOVEMBRO 2014 UNHA EDICIÖN CENTRADA NA SAÚDE

Mañá celébrase unha nova edición de FEIRA no Barrio Alto do Casco Vello en horario
de 10.00h a 15.00h. Esta vez os produtores centrarán a súa oferta en produtos
ecolóxicos de primeira calidade propios desta estación. Non faltarán as verduras de
tempada coas que facer deliciosos caldos e sopas reconstituíntes ou os froitos do outono
como as castañas, noces ou cabaza. Coma sempre, os produtores darán in situ
información sobre como cociñar estes alimentos e sobre os beneficios de cada produto.

Nesta época na que os cambios climatolóxicos son tan bruscos, debemos preparar os
nosos corpos e incrementar as defensas. Conscientes disto esta edición centra parte da
súa programación en actividades pensadas en beneficiar a nosa saúde. Así, a partir das
11:00 en A Tenda do Avó haberá un Taller de prantas medicinais e alimentos que
estimulan a autolimpeza do organismo e fortalecen o sistema inmunolóxico, no que é
preciso inscribirse previamente chamando aos teléfonos 986220275 ou 676266450. En
Matina a partir das 13:00h poderase degustar os pratos do seu novo “Plan de
alimentación saudable”, deliciosas creacións da nutricionista Natalia Carrillo
de http://www.micocinaalternativa.com. No Espacio Nido, ás 13:00h haberá unha clase
gratuita de técnicas de relaxación que impartirá Eidé Estar mellor.

Ademais como en tódalas edicións haberá desgustacións de produtos eco, na Horta de
Abeleira a partir das 12 poderemos probar queixo e embutido ecolóxico e ao longo da
mañá no posto de O alcoubo de Zacande, castañas cocidas en leite, unha sobremesa
moi típica nos días chuviosos de outono.

E para os que queiran facer actividades en familia, a partir das 12:00h, en A tenda do
Avó, haberá unha demostración práctica para tódolos públicos de torno de alfarería. As
persoas que se acheguen ata alí poderán probar a construír unha peza de cerámica
seguindo as indicacións do alfareiro.

Xa para os máis pequenos, a partir das 13:00 teremos para eles un obradoiro de
Samaín, no que os participantes elaborarán unha cabaciña terrorífica moi especial.

Xa pola tarde, a Asociación Cultural Barrio Alto do Casco Vello de Vigo organizará
un magosto para tódolos veciños na Praza do Abanico acompañado dunha Queimada
meiga a cargo do grupo Ciobra e o meigo Lois Soaxe. Esta actividade aplazarase en
caso de choiva.

ACTIVIDADES FEIRA 8 DE NOVEMBRO 2014
De 10.00 a 15.00 h
No Barrio Alto do Casco Vello de Vigo
Horario Título Ubicación
11:00 Taller de prantas medicinais A tenda do avó
12:00 Demostración de torno de alfarería A tenda do avó
12:00 a 13:00
Degustación de queixo e embutido ecolóxico
13:00 Degustación. Plan de alimentación saudable Matina
13:00 Obradoiro infantil de Samaín Carpas de Feira
Toda a mañá Degustación de castañas con leite
A horta de Abeleira
Carpas de Feira.
Posto de O Alcoubo
de Zacande
18:00
Queimada meiga a cargo do grupo Ciobra e o
meigo Lois Soaxe Praza do Abanico
18:00
MAGOSTO da Asociación Cultural Barrio
Alto do Casco Vello de Vigo Praza do Abanico

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: