Archive | noviembre 10, 2014

OS 14 CONCELLOS DA ÁREA TERRITORIAL DE VIGO SE BENEFICIARÁN DUN INVESTIMENTO DE CASE 1,3 MILLÓNS DE EUROS, UN 75% MÁIS, PARA A AMPLIACIÓN, MELLORA E MANTEMENTO DE CAMIÑOS E ESTRADAS RURAIS

 A delegada territorial da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch, informou esta mañá da nova convocatoria de axudas do Plan Marco, programa de mellora de camiños de titularidade municipal da Consellería de Medio Rural e do Mar.
 As axudas concedidas pola Xunta de Galicia serán superiores a 1 millón de euros mentres que os concellos aportarán o IVE correspondente.
 O Concello de Vigo será un dos máis beneficiados xa que contará cun investimento global que supera os 145.000 euros para executar melloras nas estradas das zonas rurais do municipio.
 Levaranse a cabo tras a firma do convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia e a Deputación de Pontevedra para financiar parte de ditas actuacións.

Vigo, 10 de novembro de 2014.- A delegada territorial da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch, acompañada polo xefe territorial da Consellería de Medio Rural e do Mar, Miguel Pérez Dubois, informou esta mañá en rolda de prensa da nova convocatoria de axudas do Plan Marco, programa de mellora de camiños de titularidade municipal 2014-2015, cofinanciado con fondos Feader no marco do Plan de Desenvolvemento Rural (PDR) de Galicia 2014-2015.

Coma novidade este ano, e a través dun convenio de colaboración firmado entre o departamento que dirixe a conselleira Rosa Quintana e a Deputación de Pontevedra, os concellos da provincia beneficiaranse dun investimento de preto de 6 millóns de euros para a ampliación, mellora e mantemento de camiños de titularidade municipal. Para desenvolver dito plan, segundo explicou Bravo Bosch, os criterios de reparto foron consensuados entre a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader) e a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp). De tal xeito, os concellos de Pontevedra recibirán arredor de 5 millóns de euros (en concreto 4.885.847 euros) aínda que “co IVE que deben aportar os concellos, o investimento será dun total de máis de 6 millóns de euros”.

Coma explicou a delegada, no que respecta á área territorial de Vigo estes datos tradúcense nun investimento global de case 1,3 millóns de euros (IVE incluído) para os 14 concellos que conforman o ámbito da Delegación Territorial viguesa sendo as axudas concedidas por parte da Xunta de Galicia de máis de un millón de euros. Isto significa un incremento con respecto á anterior convocatoria 2013/2014 que chega case ao 75% xa que o investimento total foi de 720.000 euros. O importante incremento deste novo Plan permitirá atender proxectos que melloren un maior número de camiños, o que repercutirá nunha mellora das condicións de vida dos residentes nas áreas rurais, poñendo en valor as dotacións existentes de infraestruturas básicas.

A cidade de Vigo é a que resulta maior beneficiada xa que recibirá un total de 120.000 euros para poder executar melloras nas estradas das zonas rurais do municipio sendo así a cantidade global de investimento –engadindo o IVE- de máis de 145.000 euros. Unha vez saia publicada no DOG esta nova convocatoria de axudas, os concellos deben presentar os seus proxectos aos que se destinan as cantidades xa preestablecidas.

Na seguinte táboa figuran os datos de asignación por concellos da área territorial de Vigo (IVE incluído):

CONCELLOS 2014-2015
BAIONA 70.097 €
CANGAS 105.644 €
FORNELOS DE MONTES 67.553 €
GONDOMAR 101.457 €
MOAÑA 100.839 €
MOS 84.468 €
NIGRÁN 79.462 €
PAZOS DE BORBÉN 66.848 €
PORRIÑO, O 101.558 €
REDONDELA 77.885 €
SALCEDA DE CASELAS 86.777 €
SALVATERRA DE MIÑO 110.588 €
SOUTOMAIOR 64.554 €
VIGO 145.239 €
TOTAL 1.262.969,00 €

O Plan Marco 2014-2015 é continuación do de 2013-2014. O seu obxectivo principal é mellorar as condicións de vida dos residentes nas áreas rurais, poñendo en valor as dotacións existentes de infraestruturas básicas, e levar a cabo actuacións dirixidas a fomentar a implantación e mellora dos servizos básicos demandados pola poboación rural.

O feito de que todos os concellos poidan dispor duns fondos preestablecidos para a mellora da súa rede viaria resulta fundamental despois dun inverno que provocou estragos nos camiños de titularidade municipal.

A través deste Plan, os concellos de Galicia beneficiaranse de máis de 25,5 millóns de euros para a ampliación, mellora e mantemento de camiños de titularidade municipal. Esta contía supón un incremento de máis do 82% respecto da do Plan Marco 2013-2014, que foi de preto de 14 millóns de euros. Ademais, o Plan Marco 2014-2015, impulsado pola Consellería do Medio Rural e do Mar, inclúe como novidade que unha parte importante da cofinanciación será aportada polas deputacións provinciais. Deste xeito, abórdase o desenvolvemento rural dende unha perspectiva integral e refórzase a colaboración entre as administracións co obxectivo de pór en marcha actuacións que redunden na mellor prestación de servizos á poboación por parte dos concellos.

A nova cofinanciación do Plan Marco distribuirase de xeito que o 75% irá con cargo ao Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER), o MAGRAMA aportará un 12,13% dos fondos e a Xunta e as deputacións provinciais o 12,87% restante. Os concellos beneficiarios das achegas serán os encargados do pagamento do Imposto do Valor Engadido (IVE). Este reparto amosa a colaboración ordenada de todas as Administracións, baixo a coordinación da Xunta de Galicia. A vixencia destes convenios estenderase desde a data da súa sinatura ata o 31 de decembro de 2015.

AXENDA SINSALAUDIO // CONTINÚA VELLO, RARO, NOVO CON LAETITIA SADIER O SÁBADO 15 DE NOVEMBRO NO MAC

unnamedVELLO, RARO, NOVO é un ciclo organizado polo Museo de Arte Contemporáneo Gas Natural Fenosa e comisariado por Sinsalaudio.

Vello, raro, novo é un ciclo adicado á cultura musical nas súas diferentes proxeccións. Trátase dun programa pioneiro e novedoso que abarca, ademáis da música en directo, o campo do coleccionismo musical como ligazón e conexión entre o museo e a cidadanía. Ao longo de varios meses presentaranse concertos internacionais, charlas e actividades didácticas que indagarán no traballo documental.

O primeiro trimestre do ciclo remata coa francesa Laetitia Sadier.

 

LAETITIA SADIER

Museo Museo de Arte Contemporáneo Gas Natural Fenosa, A Coruña
Sábado, 15
de outubro – 21:00

Entrada 7€ en MAC e Discos Portobello

Dende que emprendera a súa carreira a principios da década dos noventa Laetitia Sadier vén asinando algunhas das páxinas máis brillantes do pop contemporáneo. Tanto á fronte dos míticos Stereolab, como no seu proxecto en solitario Monade, ou en colaboracións con proxectos da importancia de Blur, Luna, The High Llamas ou Mouse on Mars, a francesa soubo dar forma a unha orixinal linguaxe na que xéneros como pop, bossa nova, kraut, ou psicodelia conviven cunha valente actitude crítica cara ao sistema.

Tras a disolución de Stereolab, Sadier emprendeu unha carreira en solitario que ata o momento deu como froitos o fundacional e introspectivo The Trip, e o máis recente Silencio, un traballo inspirado pola calma solemne dunha igrexa zamorana e, ante todo, unha obra dun pop tan brillante e emocional na súa forma como racionalmente crítico no seu contido.

Laetitia Sadier estará a presentar as súas cancións en directo nun formato trío que completarán o percusionista Emmanuel Mario e o baixista Xavi Muñoz.

VELLO, RARO, NOVO CONTINÚA NO MAC

Teresa Pedrosa volara en la Feria mexicana de Sapuraiya el esfuerzo de internacionalización de la industria de la automoción viguesa como forma de consolidar y apostar por el futuro del principal sector de la comarca

20141106_184833 (3)Vigo, 10/11/2014. Promover la internacionalización de la industria de la automoción de la comarca, como forma de asegurar la pervivencia de la industria local, ha sido el objetivo del viaje a la feria de Sapuraiya, en Celaya, México de una delegación viguesa que viajó avalada por la presencia y el apoyo institucional de la Delegada del Estado en el Consorcio de la Zona Franca, Teresa Pedrosa. Esta misión comercial a la comarca del Bajío que hoy es uno de los centros de producción más dinámicos de América Latina, reunió en el país azteca a representantes de trece empresas viguesas y del Clúster de Automoción de Galicia con otros más de mil proveedores de la industria y con los responsables del Cluster Automotriz de Guanajuato.

Una intensa agenda de trabajo se desarrolló con gran éxito a lo largo de la semana en la que el Consorcio de la Zona Franca y la Cámara de Comercio organizaron todo tipo de eventos y reuniones en una feria que también abrió la puerta a la robótica como una apuesta de crecimiento futuro. La presencia destacada de Teresa Pedrosa en la inauguración de la feria fue recogida por la prensa del país. La Delegada explicó las fortalezas y ventajas de la comarca viguesa tanto a dirigentes empresariales como el presidente de la Cámara Nacional de Canacintra, Rodrigo Alpisar, y a los principales empresarios celayenses, como a representantes políticos como el Subsecretario para el desarrollo de la empresa del Gobierno de Guanajuato, José Manuel Casanueva, y al Alcalde de Celaya, Ismael Pérez Ordaz, quien recientemente viajó a Vigo donde se hermanaron ambas ciudades.

La importancia de esta misión comercial, en la que también participaron el director-gerente de la Cámara viguesa, José Manuel García Orois y la directora de Promoción Económica del Consorcio, Rosa Eguizábal, viene dada por estar dirigida a un sector cuya la facturación equivale al 12 por ciento del PIB gallego y supone el 26 por ciento de las exportaciones totales de la Comunidad. El cluster de la automoción, inicialmente conformado alrededor de la planta de PSA en el polígono de la Zona Franca de Balaídos, tiene hoy buenas perspectivas tanto de crecimiento como de atracción para nuevas empresa pero que, sin duda, también se halla inmerso en un escenario muy complejo donde es necesario darse a conocer y captar nuevos negocios. Como se apuntaba en el informe Ardán del pasado año, la industria de la automoción por un lado se enfrenta a la disminución de la demanda a escala global, especialmente en los mercados tradicionales y a esta coyuntura se añade el problema estructural de esta industria: el exceso de capacidad de producción, un exceso que algunos informes cifran en el 30 por ciento en el caso de la industria europea. Conocimiento y capacidad e producción son los factores que han llevado a buscar nuevos mercados como los que se presentan en la región de Celaya donde tienen plantas de ensamblaje marcas como General Motors (GM), Volkswagen, Nissan, Honda, Mazda, Audi, Mercedes Benz, BMW y Hyundai.

MATO DEFENDE A NECESIDADE DUN “COMPROMISO COMÚN” DA SOCIEDADE PARA LOITAR CONTRA A VIOLENCIA SEXUAL INFANTIL

 A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, inaugurou hoxe o seminario “Un de cada cinco”, que ten como obxectivo formar aos profesionais da educación na detección e prevención da violencia sexual contra os menores
 Esta actividade inscríbese na campaña do Consello de Europa do mesmo nome, que toma como referencia a estatística de UNICEF que di que “un de cada cinco nenos foi ou será vítima de agresión sexual en calquera das súas formas”
 O departamento autonómico ten posto en marcha ferramentas propias para loitar contra calquera tipo de maltrato contra os nenos e nenas, entre as que destaca o Teléfono da infancia e o Rexistro Unificado de Maltrato Infantil (RUMI)

Santiago, 10 de novembro de 2014.- A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, defendeu hoxe a necesidade de adoptar un “compromiso común” no conxunto da sociedade para loitar contra a violencia sexual infantil, especialmente entre aqueles colectivos que traballan directamente con nenos, nenas e adolescentes.

Así o destacou hoxe durante a inauguración en Santiago de Compostela do seminario “Un de cada cinco”, que ten como obxectivo formar aos profesionais da educación na detección e prevención da violencia sexual contra os menores.

Esta actividade inscríbese na campaña do mesmo nome promovida polo Consello de Europa e que se basea na “escalofriante” estatística feita pública por UNICEF que indica que “un de cada cinco nenos foi ou será vítima de agresión sexual en calquera das súas formas”.

Como mostra do compromiso do Goberno galego con esta loita, a Xunta incorporouse á campaña “Un de cada cinco” o ano pasado, e desde entón organizou diversas actividades de difusión como foros ou seminarios, ou a tradución de textos divulgativos. Ademais, a pasada semana “deuse un paso máis” ao aprobarse no Consello da Xunta unha declaración de adhesión a esta campaña. Deste xeito, Galicia converteuse na primeira comunidade autónoma en unirse de forma oficial a esta iniciativa.

Nesta mesma liña de actuación, Mato adiantou tamén que proximamente se organizará en Santiago un Congreso que abordará a relación entre xustiza e infancia.

Teléfono da infancia e RUMI
Á marxe desta campaña, a conselleira salientou que o departamento autonómico ten posto en marcha “ferramentas propias” para facilitar a detección e a comunicación de calquera tipo de maltrato infantil, entra as que destacou o teléfono da infancia e o Rexistro Unificado de Maltrato Infantil (RUMI).

A liña telefónica de axuda á infancia é de carácter gratuíto, e está atendida por persoal especializado durante as 24 horas do día. Ten un número común a toda Europa: o 116111.

Permite a atención en dous sentidos: facilita que os nenos e nenas poidan expresar libremente a súas preocupacións e recibir axuda profesional e orientación para resolvelos; e constitúe, ao mesmo tempo, unha canle para que os adultos que alberguen sospeitas de que se está a producir un caso de maltrato ou desprotección poidan comunicalo de forma anónima.

Desde 2009, e ata o momento, recibíronse máis de 9.000 chamadas neste número, das cales preto de 1.000 foron para notificar unha sospeita de maltrato.

Por outra banda, o RUMI púxose en marcha en 2010. Trátase dunha ferramenta informática na que se rexistran as posibles situacións de malos tratos á infancia, simplificando os trámites, reducindo os tempos de intervención e mellorando a eficiencia da actuación pública. Máis de 2.000 profesionais dos centros educativos e das forzas de orde público xa teñen sido dados de alta como usuarios deste sistema.

“Quero salientar que non é necesario que o mestre ou educador realice por si mesmo ningunha investigación. Simplemente debe comunicar os signos de desprotección para que os equipo de menores avalíe a situación”, explicou Mato, quen animou aos profesionais a facer uso desta ferramenta para que “ningún caso de maltrato quede sen detectar”.

En definitiva, Mato concluíu que “o traballo de velar polos dereitos dos nenos e nenas é un labor diario, continuo no que é preciso contar coa colaboración do conxunto da sociedade”.

solidariedade anti-imperialista do pobo galego co pobo curdo que resiste con afouteza unha agresión criminal.

1519559_379194105580628_8229022897703075006_oDesde Mar de Lumes – Comité Galego de Solidariedade Internacionalista queremos convidarvos participar no acto en solidariedade co Curdistán que organizamos para o día 12 de novembro.

O mércores 12 terá lugar unha concentración ás 20:00h diante do Marco para amosar a nosa solidariedade colectiva co Curdistán, pobo agredido e ocupado por diferentes estados que sufre agora na cidade de Kobane o acoso do ISIS. Denunciaremos tamén o papel do imperialismo na masacre que o ISIS está a practicar contra Siria e outros pobos do Oriente Medio e Próximo, organización financiada e armada polo bloque EUA-UE-Israel e as monarquías feudais do Golfo Pérsico.

Para isto solicitamos a adhesión da vosa organización/colectivo, que faremos pública nunha listaxe de apoiantes con anterioridade á convocatoria, que pecharemos o 11 de novembro.

Desde Mar de Lumes como vimos facendo noutros conflictos pretendemos amosar a solidariedade anti-imperialista do pobo galego co pobo curdo que resiste con afouteza unha agresión criminal.

Presentación do novo libro de Benigno Campos en Vigo

Martes 11 de novembro ás 20 h n’O Lagharto Pintado.clip_image002

O restaurante O Lagharto Pintado de Vigo (Rosalía de Castro 8) será o escenario onde mañá se presentará o novo receitario do popular cociñeiro do programa da TVG, Larpeiros, e que leva por título COCIÑANDO CON BENIGNO CAMPOS. O autor estará acompañado por o especialista en cociña e historiador Xavier Castro, o xerente de Galicia Calidade, Alfonso Cabaleiro e o director xeral de Galaxia, Víctor F. Freixanes.
Estamos diante dun novo mollo de receitas que, como sinala o prologuista Xavier Castro, experto en cociña e historiador no prólogo do libro, queren celebrar a vida mais sempre dende propostas culinarias ao xeito de Benigno Campos, é dicir, reivindicando os sabores galegos de sempre e a cociña galega de toda a vida.

Acto público de denuncia das discriminacións ás persoas migrantes no acceso á RISGA

11_11_14_migrantesO Foro Galego de Inmigración, xunto coa Oficina de Dereitos Sociais de Coia e máis o Grupo de Axitación Social (GAS), convocamos un acto público, con rolda de prensa previa o martes día 11 de novembro a partires das 11:00 diante da Delegación da Xunta de Galiza en Vigo (r/Concepción Areal 8) para denunciar a intolerable discriminación que sofren ás persoas migrantes comunitarias no acceso ás prestacións sociais da Xunta de Galiza.

O acto incluirá unha concentración de colectivos sociais aberta ao conxunto da cidadanía, e a lectura dun comunicado conxunto.

O Foro Galego de Inmigración e os colectivos vigueses que convocamos este acto e promovemos o comunicado que se lerá de forma pública no mesmo, levamos tempo denunciando as restricións e as vulneracións de dereitos ás que están sometidas as persoas migrantes, que van moito mais alá das actuacións que de cando en vez saltan á primeira plana dos medios de comunicación. No labirinto institucional e burocrático tamén atopamos múltiplas fronteiras e altas doses de racismo e xenofobia.

Como exemplo destas fronteiras interiores temos as restricións que se impoñen ás persoas migrantes á hora de acceder ás prestacións sociais -dereito que segue negado aquelas que carecen de documentación e se atopan en situación de máxima vulnerabilidade-, situación que non só non mudou coa aprobación da Lei de Inclusión Social de Galicia senón que estamos a identificar novos atrancos.

En concreto temos detectadas bastantes situacións en Vigo na que persoas migrantes comunitarias residentes na cidade, ás veces dende hai moito tempo e normalmente de nacionalidade portuguesa, non poden acceder a RISGA (Renda de Inserción Social de Galicia) coa xustificación de non seren considerado residentes, pola normativa que establece a Lexislación Europea e Española de Estranxeiría, cando en realidade son persoas que cumpren o requisito de tempo de empadroamento que establece a norma para poder acceder a estas prestacións.

Temos así por unha banda un elemento claramente discriminador na medida que o documento que xustifica o tempo de residencia na cidade é o certificado de empadroamento e nestes casos esíxelles, a maiores, a inscrición no Rexistro Central de Estranxeiros, Rexistro que non é obrigatorio para residir legalmente segundo establece a propia normativa de estranxeiría. E temos, por outra banda, unha fonda inxustiza xa que a inscrición nese Rexistro esixe a xustificación de ingresos suficientes para residir no territorio español. Así polo feito de non ter ingresos non poden acceder a ese Rexistro, e polo feito de non poder acceder a ese Rexistro non teñen dereito á prestación social específica para as persoas en situación de pobreza e exclusión social. Quedan así excluídas xusto as persoas migrantes que máis o precisan.

Concentrámonos o martes día 11 de novembro en Vigo, en definitiva para cuestionar unha lexislación que resulta contraria aos principios recollidos na propia Lei de Dereitos Sociais, e na Constitución do Estado, que recolle a obriga da administración e dos poderes públicos de garantir o benestar de todas as persoas, sen ningunha distinción. Por iso, denunciamos estes feitos e a trama de mecanismos institucionais que funcionan como fronteiras interiores ao promover a exclusión dunha parte da comunidade no aceso á dereitos fundamentais. Os dereitos sociais son un ben común e por iso mesmo reclamamos:

Ningunha persoa sen dereitos! Nin fronteiras exteriores, nin fronteiras burocráticas