solidariedade anti-imperialista do pobo galego co pobo curdo que resiste con afouteza unha agresión criminal.
Desde Mar de Lumes – Comité Galego de Solidariedade Internacionalista queremos convidarvos participar no acto en solidariedade co Curdistán que organizamos para o día 12 de novembro.
O mércores 12 terá lugar unha concentración ás 20:00h diante do Marco para amosar a nosa solidariedade colectiva co Curdistán, pobo agredido e ocupado por diferentes estados que sufre agora na cidade de Kobane o acoso do ISIS. Denunciaremos tamén o papel do imperialismo na masacre que o ISIS está a practicar contra Siria e outros pobos do Oriente Medio e Próximo, organización financiada e armada polo bloque EUA-UE-Israel e as monarquías feudais do Golfo Pérsico.
Para isto solicitamos a adhesión da vosa organización/colectivo, que faremos pública nunha listaxe de apoiantes con anterioridade á convocatoria, que pecharemos o 11 de novembro.
Desde Mar de Lumes como vimos facendo noutros conflictos pretendemos amosar a solidariedade anti-imperialista do pobo galego co pobo curdo que resiste con afouteza unha agresión criminal.