AS FAMILIAS GALEGAS QUE TEÑAN UN SEGUNDO FILLO PODERANSE BENEFICIAR DE ATA 9.100 EUROS AO ANO EN DEDUCIÓNS FISCAIS, E DE CASE 12.000 EUROS SE É O TERCEIRO FILLO

141111 plenof 01a A conselleira de Facenda lembra que Galicia será en 2015 a comunidade autónoma con máis axudas á natalidade
 Elena Muñoz Fonteriz presentou no Parlamento o proxecto de Lei de Medidas para 2015, que tamén inclúe a devolución do 100% do céntimo sanitario para transportistas e a creación dun imposto ambiental mineiro
 Tamén establece medidas administrativas para afondar na racionalización administrativa e para fomentar a economía e a viabilidade empresarial
 Entre elas figura a redución de prazos en materia urbanística e a adaptación da Lei de Cámaras de Comercio

Santiago, 11 de novembro de 2014.- A conselleira de Facenda, Elena Muñoz Fonteriz, avanzou hoxe que dende 2015 as familias galegas que teñan un segundo fillo poderanse beneficiar de ata 9.100 euros en deducións fiscais, unha cantidade que chegará ata os 12.000 euros en caso de ter un terceiro fillo.

Muñoz Fonteriz presentou hoxe no Parlamento o proxecto de Lei de Medidas Fiscais e Administrativas para o ano 2015, unha norma que complementa o proxecto de Lei de Orzamentos, que actualmente tamén se atopa en tramitación parlamentaria.

Na súa intervención, explicou que esta lei inclúe medidas fiscais como o incremento das deducións para impulsar a innovación, para fomentar a utilización das enerxías renovables e para favorecer a natalidade, que converterán Galicia na comunidade con máis axudas por nacemento de fillos.

As bonificacións pasan de 360 euros a 1.200 e 2.400 euros, segundo se trate do segundo ou terceiro fillo, e prolongaranse durante tres anos dende o nacemento do neno. Estas deducións, sumadas ás do Estado, fan que a bonificación total para unha familia que teña o segundo fillo chegue ata os 9.100 euros ao ano, e case 12.000 euros de ser o terceiro fillo.

O Goberno galego tamén aprobará a devolución do 100% do tramo autonómico do Imposto sobre Hidrocarburos para os transportistas profesionais. Esta medida permitirá mellorar a competitividade do sector do transporte, toda vez que pasarán a ter a tributación efectiva máis baixa dende o ano 2004. Ademais, a Xunta seguirá mantendo o ‘tipo 0’ para o gasóleo do sector primario (agrícola ou pesqueiro) e para o combustible de calefacción.

Outra das medidas fiscais é a creación dun imposto compensatorio ambiental mineiro, que se configura como un tributo propio da Comunidade Autónoma. Este imposto terá un carácter medioambiental, sen afán recadatorio e co obxectivo de compensar as externalidades negativas xeradas polas actividades de extracción.

Simplificación administrativa e impulso á economía
No eido administrativo, a Xunta tamén inclúe medidas co obxectivo de afondar na simplificación e na racionalización administrativa, de incentivar a actividade económica e a viabilidade empresarial.

Así, no ámbito do urbanismo redúcense os prazos dos informes sectoriais en materia urbanística de 18 a 3 meses. Esta proposta, implementada xunto co instrumento do informe único previsto na nova Lei do Solo actualmente en tramitación, permitirá reducir nun 50% o tempo empregado na tramitación dos planeamentos urbanísticos.

O Goberno galego tamén adaptará á realidade galega a normativa estatal referente as Cámaras de Comercio, sentando as bases para un novo mapa cameral. A Administración galega permitirá a fusión e integración entre Cámaras de distintas provincias, abrindo así á vontade empresarial.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: