BENESTAR E LA CAIXA COLABORAN NA ‘CAMPAÑA DE AXUDA FAMILIAR’ QUE BENEFICIARÁ A MÁIS DE 160 FAMILIAS EN EXCLUSIÓN

 A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato; o director territorial de La Caixa en Galicia, Marc Benhamou; e o director do Instituto Galego de Xestión para o terceiro sector (IGAXES3), Carlos Rosón, asinaron hoxe en Santiago o convenio para poñer en marcha este programa
 A iniciativa, pioneira en Galicia e en España, conta cun orzamento total de 56.000 euros achegado pola Obra Social La Caixa e permitirá que dispoñan de 300 euros para produtos de primeira necesidade
 A Consellería, de xeito coordinado cos servizos sociais dos concellos, vai facilitar a detección das familias máis adecuadas para ser beneficiarias do programa
 As partidas destinadas á inclusión dos orzamentos de Benestar para 2015 van ser de 70 millóns de euros, un 17,7% máis que en 2014
 Polo que respecta á RISGA, incrementase en 8 millóns de euros ata alcanzar os 47,7 millóns, o que supón un 20% máis que o pasado ano
 Mato avanzou que este mesmo xoves está previsto que o Consello da Xunta dea o visto bo ao inicio da tramitación da nova Estratexia de Inclusión Social de Galicia 2014-2020, que contará con preto de 300 medidas

Santiago, 11 de novembro de 2014.- A Consellería de Traballo e Benestar e La Caixa lanzaron hoxe a nova ‘Campaña de axuda familiar’ que contribuirá a que 166 familias das sete grandes cidades galegas poidan ter acceso a alimentos e produtos de primeira necesidade. En concreto, a axuda articularase a través dunha tarxeta na que disporán de un total de 300 euros por familia este ano.

A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato; o director territorial de La Caixa en Galicia, Marc Benhamou; e o director do Instituto Galego de Xestión para o terceiro sector (IGAXES3), Carlos Rosón; asinaron hoxe en Santiago o convenio para poñer en marcha este programa, pioneiro en Galicia e en España, que conta cun orzamento total de 56.000 euros achegado pola Obra Social La Caixa.

A Consellería, de xeito coordinado cos servizos sociais dos concellos, vai facilitar a detección das familias máis adecuadas para ser beneficiarias do programa, que deberán cumprir unha serie de requisitos, principalmente ter menores ao seu cargo e non ser receptores doutra axuda pública coa mesma finalidade. Pola súa banda, IGAXES3 será a encargada de poñerse en contacto coas familias, xestionar o programa e supervisar que as axudas se destinen efectivamente aos obxectivos da campaña.

Ademais, todas as familias beneficiarias deste programa pasarán a formar parte do Programa Incorpora, que organiza La Caixa –coa colaboración de IGAXES en Galicia– e que ten como obxectivo a inclusión activa dos colectivos máis vulnerables.

Beatriz Mato indicou que “este programa é un novo paso no noso firme compromiso a prol da inclusión de todos os galegos” especialmente as persoas con menores a cargo, coas que se actuará directamente con este proxecto. Así o demostran os orzamentos de 2015 nos que as partidas destinadas á inclusión van ser de 70 millóns de euros, un 17,7% máis que en 2014.

Polo que respecta á RISGA, increméntase en 8 millóns de euros ata alcanzar os 47,7 millóns, o que supón un 20% máis que o pasado ano, e blíndanse as Axudas de Integración Social, con 4,5 millóns de euros.

Inclusión activa
A titular de Benestar engadiu que, ademais, o departamento autonómico aposta pola inclusión activa, en consonancia coas políticas da Unión Europea na materia, co obxectivo de conseguir que as situacións de risco de exclusión non se cronifiquen. Ese é o camiño da Lei de Inclusión Social vinculada ao emprego: un marco legal que articula unha nova RISGA, con tres tramos diferenciados que incentivan e estimulan o traxecto cara a inserción sociolaboral.

Así mesmo, este ano púxose en marcha unha orde para a contratación de persoas que perciben a RISGA, en colaboración directa cos concellos. É a primeira vez que Galicia conta cunha orde destas características. Este ano contou con 5 millóns de euros, beneficiou a máis de 623 perceptores da RISGA de 126 concellos distintos e, en 2015, vaise dobrar o seu orzamento, que pasará a contar con 10 millóns, co obxectivo de chegar aos 1.200 beneficiarios.

Nesta liña, Mato avanzou que este mesmo xoves está previsto que o Consello da Xunta dea o visto bo ao inicio da tramitación da nova Estratexia de Inclusión Social de Galicia 2014-2020, que será remitida para as súas alegacións `por parte do sector. Esta Estratexia vai ser a folla de ruta das políticas do Goberno autonómico para a promoción da inclusión social das persoas en situación de vulnerabilidade no período 2014-2020.

A iniciativa contará con preto de 300 medidas e terá entre os seus eixos prioritarios o de fomentar a transversalidade da actuación da administración, loitar contra a pobreza, con especial atención á pobreza infantil, ou facer fronte ás situacións de exclusión territorial.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: