CATRO ALUMNOS DE 4º DA ESO DO IES CARLOS CASARES DE VIGO REPRESENTARÁN Á NOSA COMUNIDADE NA CONFINT DE BARCELONA
Trátase da II Conferencia Estatal de Mozas e Mozos “Coidemos o Planeta”
Vigo, 11 de novembro de 2014.- Adrián, Laura C., Laura M. e Marta, alumnos de 4º da ESO do IES Carlos Casares de Vigo, viaxarán estes días a Barcelona para representar á nosa Comunidade Autónoma na II Conferencia Estatal de mozas e mozos “Coidemos o Planeta” (Confint) que se celebra na vila condal dende mañá día 12 e ata o 15 de novembro.
Entre as labores que levarán a cabo durante a conferencia, os catro alumnos presentarán un mapa cos problemas medioambientais de Galicia e explicarán cómo se traballa na nosa Comunidade ao respecto con iniciativas como o Plan Proxecta da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria en colaboración coas de de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras e a de Medio Rural e do Mar.
Ademais, farán un percorrido polo traballo realizado no instituto estes anos, a través de proxectos interdisciplinares e cooperativos especialmente nos últimos catro cursos, desde que eles chegaron ao centro.
Qué é a Confint
A Confint é un proceso de educación ambiental que traballa a dimensión local e global da crise medioambiental desde a biodiversidade, o cambio climático, paisaxe…
Nesta II conferencia que se celebra en Barcelona poñerase de manifesto o compromiso da xuventude coa sostibilidade de Galicia, tema no que o IES Carlos Casares está moi implicado posto que forma parte do seu traballo educativo xa dende o ano 2007.