GALICIA AVANZA UN PASO MÁIS NA CONSERVACIÓN E MELLORA DOS ECOSISTEMA MARIÑOS GALEGOS, AO INCORPORAR MEDIDAS A PROL DO EQUILIBRIO ECOLÓXICO NO PLAN DIRECTOR DA REDE NATURA 2000

A directora xeral de Conservación da Natureza abriu a xornada do grupo de traballo para o estudo dos desfeitos mariños da Convención do Atlántico Norte (OSPAR), que por primeira vez se reúnen en España

 Verónica Tellado sinala que en relación cos hábitats costeiros, o Plan Director contribuirá á protección das augas territoriais e mariñas coa prevención e erradicación da contaminación do medio
 As rías galegas constitúen un dos ecosistemas mariños de maior diversidade biolóxica a nivel mundial, sendo a súa preservación unha das prioridades da Dirección Xeral
 Destaca o esforzo da Xunta en preservar a extraordinaria biodiversidade que acollen os fondos mariños de Cortegada, Sálvora, Ons e Cíes

Vigo, 11 de novembro de 2014.- A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, avanza un paso máis na conservación e mellora dos ecosistema mariños da Comunidade Autónoma. Así o puxo de manifesto a directora xeral de Conservación da Natureza, Verónica Tellado, durante a reunión do grupo de traballo para o estudo dos desfeitos mariños da Convención do Atlántico Norte (OSPAR), que se celebrou esta mañá en Vigo.

Salientou que o Plan Director da Rede Natura 200, aprobado recentemente, incorpora directrices e normas encamiñadas a acadar un equilibrio ecolóxico dos ecosistemas mariños, evitar a progresiva contaminación e promover a conservación e uso sostible dos recursos nas Zonas de Especial protección (ZEC) que se integran na área litoral.

A representante da Consellería de Medio Ambiente destacou que as rías galegas constitúen un dos ecosistemas mariños de maior diversidade biolóxica a nivel mundial, sendo a súa preservación unha das prioridades da Dirección Xeral. Por tal motivo, o primeiro obxectivo de conservación que establece o Plan Director neste ámbito é protexer e preservar o medio mariño, evitar o seu deterioro e -na medida do posible- recuperar os ecosistemas mariños nas zonas que fosen afectadas negativamente. Así mesmo, en relación aos hábitat costeiros, o Plan Director contempla contribuír á protección das augas territoriais e mariñas e acadar os obxectivos dos acordos internacionais pertinentes, incluídos aqueles que teñen como finalidade previr e erradicar a contaminación do medio mariño, como os fixados na Convención do Atlántico Norte (OSPAR).

Tellado Barcia destacou que a presenza de lixo no medio mariño é unha cuestión de carácter transnacional en cuxa resolución resulta básico establecer consensos a nivel técnico e administrativo, con independencia das fronteiras políticas e bioxeográficas. Apostou pola convocatoria de encontros como o celebrado hoxe en Vigo, que por primeira vez se reúne en España, e que servirá como foro de transmisión de coñecementos e experiencias, para buscar medidas de consenso que permitan reducir a presenza de lixo mariño, así como os seus graves efectos ambientais e socioeconómicos.

A directora xeral de Conservación da Natureza destacou o esforzo que realiza a Xunta de Galicia, a través do Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia -que acolleu na súa sede en Vigo a celebración deste encontro, en preservar a extraordinaria biodiversidade que acollen os fondos mariños de Cortegada, Sálvora, Ons e Cíes. Lembrou que o Parque Nacional –que pertence á Rede Ospar desde o ano 2008- é un ámbito especialmente sensible ao impacto do lixo, xa que o seu emprazamento na estrada das Rías Baixas fai que os arquipélagos que o conforman actúen como barreira natural para as correntes oceánicas e, en consecuencia, para os vertidos que transportan.

O convenio Ospar entrou en vigor en 1998, polo que a partir desa data o seu articulado é de obrigado cumprimento para as os países de Bélxica, Dinamarca, Finlandia, Francia, Alemaña, Irlanda, Islandia, Luxemburgo, Holanda, Noruega, Portugal, España, Suecia, Suiza, Reino Unido e a Comunidad Europea, como asinantes. Estes reúnense cada ano e cada cinco anos ten lugar unha reunión ministerial das partes. Esta convención fixa os estándares de biodiversidade mariña, eutrofización, o vertido de sustancias tóxicas e radioactivas aos mares, as industrias gasísticas e petroleiras de alta mar e o establecemento das condicións medioambientais de referencia.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: