A XUNTA AUMENTARÁ O ORZAMENTO PARA PROGRAMAS DE EDUCACIÓN NON FORMAL NUN 25% ATA CHEGAR AOS 2,5 MILLÓNS E BENEFICIAR A 4.000 MOZOS

 A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, inaugurou hoxe en Teo a xornada ‘A educación non formal en programas de mobilidade e voluntariado’
 Mato avanzou que o programa de mobilidade transnacional, Galeuropa, contará en 2015 cun millón de euros, un 55 por cento máis que este ano, co que se poderán beneficiar 700 persoas
 A nova iniciativa do departamento autonómico, ‘Deseñando o teu futuro’ disporá en 2015 de 130.000 euros e 750 beneficiarios
 Benestar seguirá a reforzar as axudas de Iniciativa Xove, o programa de Voluntariado Xuvenil e o certame Xuventude Crea
 Mato anunciou que o Goberno galego está a traballar nun Decreto que regulará por primeira vez no Estado a expedición de certificacións oficiais das experiencias adquiridas polos mozos que participen en programas de educación non formal

Teo (A Coruña), 14 de novembro de 2014.- A Consellería de Traballo e Benestar incrementará en 2015 o orzamento destinado a programas de educación non formal aos que destinará 2,5 millóns de euros para poder beneficiar a 4.000 mozos e mozas. Así o anunciou hoxe en Teo a titular do departamento autonómico, Beatriz Mato, na inauguración da xornada ‘A educación non formal en programas de mobilidade e voluntariado’.

Mato resaltou a importancia de promover desde as administracións públicas as iniciativas dirixidas a fomentar a educación non formal porque impulsan valores tan esenciais como a creatividade, a iniciativa, o espírito emprendedor, a responsabilidade, o traballo en equipo, a toma de decisións, a capacidade comunicativa, a solidariedade ou a tolerancia, entre outros. Deste xeito, destacou que a educación non formal pode axudar nun futuro a que un mozo ou moza atope un emprego.

Por iso, afirmou que de cara a 2015 a Xunta seguirá a reforzar este tipo de programas nos que este ano participaron en Galicia preto de 2.700 mozos e mozas.

Así, a Consellería incrementará nun 55 por cento o programa de mobilidade transnacional, Galeuropa, ao que se destinará un millón de euros para beneficiar a 700 persoas. Grazas a esta actuación, un total de 300 mozos e mozas tiveron a oportunidade de realizar prácticas laborais no estranxeiro ao longo deste ano. Mato lembrou que Galicia foi a primeira comunidade autónoma en participar neste programa de mobilidade.

Así mesmo, a titular de Benestar anunciou que en 2015 se porá en marcha o novo programa ‘Deseñando o teu futuro’, que vai permitir aos mozos de entre 15 e 18 anos coñecer a realidade laboral da profesión que queren escoller antes de iniciar os seus estudos. Para esta iniciativa dedicaranse 130.000 euros para beneficiar a 750 mozos e mozas.

De cara a 2015, a Xunta, ademais, seguirá a reforzar outros tres programas de educación non formal: as axudas de Iniciativa Xove, que contarán con 550.000 euros e 750 beneficiarios; o programa de Voluntariado Xuvenil, que terá 500.000 euros de orzamento para beneficiar a 830 voluntarios e voluntarias; e Xuventude Crea ao que se destinarán 100.000 euros e se prevé a participación de 400 persoas.

Así mesmo, a Consellería de Traballo e Benestar seguirá promovendo os campos de traballo, xa que, segundo explicou Mato, promoven a implicación social, fomenta as accións voluntarias e contribúen á mobilidade, ofrecendo aos mozos e mozas galegos a oportunidade de tomar parte en campos doutras rexións e países. En 20014, a Xunta ofertou 649 prazas de campos de traballo para mozos e mozas de entre 18 a 30 anos. Esta oferta converteu a Galicia unha comunidade de referencia a nivel nacional nesta materia.

Certificacións para a educación non formal
Por último, e no eido da educación non formal, a conselleira sinalou que a Xunta está a traballar nun Decreto que regulará a expedición de certificacións oficias das experiencias, competencias e habilidades adquiridas polos mozos que participen neste programas de educación non forma, de igual maneira que xa se está a facer no eido do voluntariado.

Desta forma, Galicia converterase na primeira comunidade do Estado que valide de forma oficial a participación da mocidade nestes programas.

Ademais, destacou que a educación non formal volverá ser tamén un dos piares do Plan Estratéxico de Xuventude 2014-2016, que se puxo en marcha este ano e que conta cun total de 240 medidas concretas. Neste plan estase a investir preto de 344 millóns de euros e ten como obxectivo dar resposta ás demandas e necesidades de preto de 450.000 mozos e mozas.

En definitiva, Mato apelou á importancia da educación non formal, xa que explicou que supón “un complemento primordial” á formación que os mozos reciben nos centros educativos e mesmo tamén na educación que reciben na casa.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: