Concello de Vigo
O Concello aproba melloras en rúas de Bouzas, Coia, o Calvario, Teis e o Casco Vello![]() O alcalde informou este venres de avances na tramitación administrativa de humanizacións na Avenida Atlántida, nas prazas de Argüelles e Princesa, en Alonso Ojeda, en Moaña e en catro viais do Calvario: Toledo, Numancia, Mestre Soutullo e Genaro de la Fuente. Os pasos dados hoxe corresponden a reformas de máis de 1,8 millóns de euros de investimento municipal. |
Air Nostrum conectará Vigo con 8 destinos ao adxudicarse o concurso de promoción turística do Concello![]() A Xunta de Goberno Local celebrada este venres adxudicou definitivamente o contrato de promoción turística de Vigo á compañía, segundo expuxo o alcalde, ao presentar a mellor oferta, cunha baixa de case 600.000 euros sobre o prezo de licitación e o compromiso de abrir oito rutas: Gran Canaria, Sevilla, Málaga e Londres no 2015, aos que se sumarán Alicante, Menorca, Bruxelas e Roma en 2016. No 2017 manteranse os oito destinos, segundo o contrato. |
O goberno local subvenciona con 431.000 euros a actividade deportiva de 146 clubs vigueses![]() A Xunta de Goberno Local resolveu a convocatoria de subvencións a entidades deportivas da cidade, un total de case 431.000 euros repartidos entre 146 clubs da cidade beneficiarios que cubren 44 modalidades deportivas distintas. Abel Caballero tamén informou este venres da contratación do servizo de ximnasia para maiores. |
Unha empresa viguesa cede ao Concello unha maqueta do proxecto de Balaídos impreso en 3D |
O Concello ratifica a súa cooperación nas reformas do pavillón do Carballal Balonmano |
Caballero dalle a benvida a catro profesoras finlandesas que visitan o centro Frián Teis |
El Corte Inglés transmite ao rexedor a súa intención de reforzar a súa presencia na cidade |
Visitas guiadas á exposición «Vigo, a cidade que xurdiu da industria conserveira» |
Maratón cinematográfica de curtametraxes de ciencia ficción, animación e fanfilms «BOOM! XPRESS» |
Obradoiros de iniciación á improvisación teatral a partir de 6 anos![]() |