O STEG alerta da gravidade da situación actual na educación en Galiza

cartaz_final_A3_cmyk fotogrupostegELECCIÓNS SINDICAIS NO ENSINO

O Sindicato de Traballadoras e Traballadores do Ensino de Galiza (STEG) presenta a súa proposta para as eleccións sindicais no ensino público non universitario do vindeiro día 4 de decembro. O rexeitamento á LOMCE, a reivindicación dunha escola pública universal, gratuíta, igualitaria e inclusiva, unha posición “claramente feminista e coeducativa” e a posta en valor do compromiso dos profesionais da educación coa sociedade son propostas que o STEG achega nesta convocatoria. Todo, para garantir o “futuro do ensino, que comeza agora”, afirman.

O STEG salienta a “gravidade do momento”, motivada pola entrada en vigor con grandes doses de improvisación da Lei orgánica para a mellora da calidade educativa (LOMCE) e polos continuos recortes decretados pola Administración: perdas salariais, redución de planteis, repagamento de comedores escolares ou a redución de bolsas e axudas ás familias. Por esta razón, nas eleccións sindicais o STEG amosará a súa “contundente” oposición á norma e ao seu “pouso ideolóxico”. Ademais, as críticas do sindicato á LOMCE irán acompañadas de propostas, solucións e melloras que “garantan” un futuro para o ensino.

Considera o STEG que nestas eleccións non se trata soamente de reivindicar melloras profesionais e laborais para o profesorado, senón tamén de reflexionar sobre o futuro global do ensino, porque é un asunto que “afecta a toda a sociedade”. A mellora da calidade educativa, en opinión deste sindicato, pasa por dotar suficientemente de medios humanos e materiais os centros e por apostar decididamente pola escola pública universal, gratuíta, igualitaria e incluínte, “que representa todo o contrario á LOMCE, que consagra un sistema privatizador, clasista, adoutrinador e excluínte”.

Un sindicato asembleario

Nas eleccións sindicais do vindeiro 4 de decembro, o STEG presentará candidaturas nas catro circunscricións galegas e porá o acento nos seus valores, xa que constitúen o seu “principal sinal de identidade”. Un destes valores é o seu carácter asembleario, xa que se trata dunha organización plural que traballa en equipos territoriais e que toma as decisións de maneira colectiva e horizontal. En definitiva, é un sindicato “formado por persoas iguais, non por estruturas difusas nin xerárquicas”. Por este motivo, o STEG depositará todo o esforzo da súa campaña na mobilización que en cada centro fagan as persoas que fan parte das súas candidaturas ou que, sen estaren afiliadas, comparten e senten como propias as súas liñas de actuación.

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: