TRABALLO INCREMENTARÁ EN 2015 O ORZAMENTO DESTINADO AO COOPERATIVISMO NUN 30% ATA ALCANZAR OS 4,8 MILLÓNS DE EUROS

 A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, mantivo hoxe en Santiago unha xuntanza coa Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (Agaca)
 Mato destacou que o Goberno galego reforzará o próximo ano o fomento das cooperativas entre os máis mozos destinando a este eido máis dun millón de euros no marco do YEI
 Salientou que a Xunta xa ten iniciada a tramitación do anteproxecto de Lei de Economía Social, que inclúe a creación do Consello da Economía Social de Galicia e o regulamento da figura da cooperativa xuvenil, entre outras medidas
 A titular de Traballo anunciou que a Xunta comezará a elaborar o próximo ano un Plan Estratéxico de Cooperativismo

Santiago, 19 de novembro de 2014.- A Consellería de Traballo e Benestar destinará en 2015 un total de 4,8 millóns de euros ao cooperativismo, un 30 por cento máis que este ano. Así o avanzou hoxe a titular de Traballo, Beatriz Mato, nunha xuntanza que mantivo en Santiago cos responsables da Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (Agaca).

A conselleira afirmou que o fomento das cooperativas segue a ser unha prioridade para o Goberno galego, xa que é unha fórmula para a recuperación económica, a creación de emprego e o desenvolvemento local. Por iso, indicou que a Xunta ano tras ano está a incrementar a súa aposta por esta fórmula empresarial e avanzou que de cara a 2015 intensificarase o fomento do cooperativismo entre os máis mozos destinando máis dun millón de euros a este eido no marco do proxecto Youth Employment Initiative (YEI).

Así mesmo, Mato lembrou que a Xunta xa ten iniciada a tramitación do anteproxecto de Lei de Economía Social, unha normativa que converterá a Galicia na primeira comunidade autónoma en contar cunha lei destas características. Os seus principais obxectivos son o fomento da economía social; a súa posta en valor, dándolle a relevancia social que merece; e a integración do sector, que ata agora estaba disperso, facilitando, así, a súa representatividade e participación institucional.

Entre as principais medidas que inclúe a normativa destacan a creación do Consello da Economía Social de Galicia para coordinar as actuacións de fomento e promoción deste ámbito ou o regulamento da figura da cooperativa xuvenil. Mato fixo especial fincapé nesta figura que puxo en marcha a Consellería de Traballo e Benestar este mesmo ano.

En concreto, o departamento autonómico facilita a posta en marcha destas cooperativas, constituídas na súa gran maioría por mozos e mozas de entre 16 e 29 anos, reducindo o capital social mínimo (de 3.000 a 300 euros) e facilitando a súa inscrición ao permitir que se faga a través de documentos de carácter privado.

Outras medidas da futura normativa serán a simplificación dos trámites administrativos; a introdución da economía social nos plans de estudio; o fomento da participación da economía social no deseño e posta en marcha das políticas activas de emprego; e a creación de novos instrumentos para o emprendemento colectivo, como programas de microcréditos ou a posible creación dun fondo de capital risco.

Por último, a conselleira anuncio que o departamento autonómico iniciará o próximo ano a redacción dun Plan Estratéxico de Cooperativismo.

En total, en Galicia existen na actualidade máis de 1.240 cooperativas activas, con máis de 90.000 socios, máis de 4.700 socios dos que había en 2009, isto é, un 8 por cento máis. Desde o ano 2009 creáronse 255 novas cooperativas. En total, as 1.240 cooperativas xeran 21.000 postos de traballo directo.

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: