OS ORZAMENTOS DE TRABALLO E BENESTAR PARA 2015 DESTINAN PARA A ATENCIÓN Á DISCAPACIDADE 100 MILLÓNS, UN 3% MÁIS QUE EN 2014

 A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, mantivo hoxe en Santiago unha xuntanza cos responsables en Galicia do Comité Español de Representantes de Persoas con Discapacidade (Cermi)
 Na área social, incrementaranse en 140 as prazas dirixidas a este colectivo antes de que remate este ano e para o mantemento destes servizos dedicaranse 52,6 millóns, un 6% máis que este ano
 Farase especial fincapé na atención temperá á que se reservan nas contas 312.500 euros, un 162% máis que este exercicio
 En materia de emprego, os orzamentos inclúen para o ámbito da discapacidade 17,7 millóns de euros, destacando a partida dos centros especiais que crece un 4 por cento ata alcanzar os 8,6 millóns
 Mato salientou que a Xunta blinda con máis de 3 millóns a cantidade destinada ao mantemento das 10 entidades que conforman Cermi

Santiago, 21 de novembro de 2014.- A Consellería de Traballo e Benestar destinará o próximo ano ao eido da discapacidade 100 millóns de euros, un 3 por cento máis que este ano. Por segundo ano consecutivo aumentan as partidas para atender ás persoas con discapacidade, segundo destacou hoxe a titular do departamento autonómico, Beatriz Mato, nunha xuntanza que mantivo en Santiago cos responsables en Galcia do Comité Español de Representantes de Persoas con Discapacidade (Cermi).

Mato indicou que o obxectivo prioritario do Goberno galego é ofrecer a estas persoas unha atención integral, tanto en materia social, como en emprego.

Por iso, indicou, por unha banda, que na área social, a Consellería seguirá a incrementar as prazas de atención para este colectivo. Así, a conselleira anunciou que antes de que remate o ano poranse en marcha 140 novas prazas e resaltou que desde 2009 a Xunta aumentou nun 20 por cento o número de prazas coa posta en marcha de 848 novas.

Así mesmo, e neste eido, Mato sinalou que ao mantemento destes servizos dedicaranse 52,6 millóns de euros, un 6 por cento máis que neste exercicio, e resaltou que en 2015 farase especial fincapé na atención temperá, á que se dedicarán 312.500 euros, un 162 por cento máis que este ano. Esta partida específica aparece por primeira vez recollida nos orzamentos. “O obxectivo é dar resposta aos nenos e nenas que teñen algún tipo de discapacidade desde os primeiros anos de vida”, subliñou a conselleira.

Por outro lado, Mato destacou que en materia laboral refórzanse as actuacións para mellorar a empregabilidade das persoas con discapacidade, aumentando o orzamento dos programas de emprego para a discapacidade en 350.000 euros. Deste xeito, a partida global alcanzará os 17,7 millóns de euros. Esta cantidade inclúe os centros especiais de emprego que contan en 2015 con 8,6 millóns de euros, un 4 por cento máis que neste exercicio. Deste xeito, poderá subvencionarse o emprego dos 2.000 traballadores e traballadoras con discapacidade dos 114 centros especiais de Galicia.

Por último, a titular do departamento autonómico salientou que de cara a 2015 blindarse con máis de 3 millóns de euros a cantidade destinada ao mantemento das 10 entidades que conforman Cermi.

En definitiva, a conselleira apuntou que, tal e como reflicten estes orzamentos, “o colectivo da discapacidade segue a ser unha prioridade para este Goberno co obxectivo de seguir avanzando en ofrecerlles unha atención de calidade e especializada”.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: