STANDARD&POOR´S MANTÉN ESTABLE O RATING DE GALICIA E DESTACA A “SATISFACTORIA” XESTIÓN FINANCEIRA DA COMUNIDADE

 A axencia de cualificación atribúe á Comunidade galega un nivel de crédito indicativo superior ao do Estado, pero lembra que non pode ter un rating superior ao de España
 Tamén resalta o cumprimento dos obxectivos de déficit e os esforzos de consolidación orzamentaria
 Sinala que a liquidez da Comunidade Autónoma é “adecuada”

Santiago, 21 de novembro de 2014.- A axencia de cualificación Standard&Poor´s vén de manter estable o rating de Galicia, de forma que a cualificación da débeda da Comunidade mantense en BBB, ao tempo que destaca a “satisfactoria” xestión financeira de Galicia e o cumprimento dos obxectivos de déficit por parte da Xunta de Galicia.

A axencia precisa que a Comunidade galega debería ter unha cualificación superior, algo que non é posible porque Standard&Poor´s non permite que unha comunidade autónoma de réxime común, excluídas as forais, teña un rating superior ao do Estado soberano.

Standard&Poor´s indica que de acordo cos seus criterios, o nivel de crédito indicativo (ICL) para a Comunidade Autónoma de Galicia é BBB+, superior á súa cualificación, que se ve limitada polo rating do Estado. A ICL non é unha cualificación de crédito, senón que reflicte o nivel de solvencia que esta axencia de cualificación outorga a Galicia, sen ter en conta o límite de cualificación do Estado soberano ao que pertence.

A axencia de cualificación resalta que a xestión financeira da Comunidade Autónoma é “satisfactoria”, e que a liquidez da Administración galega é “adecuada”. Ademais, sinala que os pasivos continxentes son baixos.

Standars&Poor’s destaca tamén –entre outras consideracións– o esforzo de consolidación fiscal que vén realizando Galicia nos últimos anos, maior que a maioría de comunidades autónomas. Galicia pechou o exercicio 2013 cun déficit do 1,1%, cumprindo o obxectivo de estabilidade aprobado no Consejo de Política Fiscal e Financeira (CPFF) e sitúandose de novo por debaixo da media de comunidades. Ademais, mantén o compromiso neste 2014 de volver cumprir o obxectivo de déficit fixado para todas as comunidades, do 1%.

Emisións de débeda
Grazas á política levada a cabo pola Xunta dende 2009, Galicia é hoxe unha comunidade solvente e que garante os servizos públicos e mantén o seu endebedamento por debaixo da media, ao tempo que continúa a ser unha autonomía fiable para os mercados, pois está financiándose sen dificultades e non necesitou acudir aos programas habilitados polo Estado para as comunidades con problemas de liquidez.

De feito, neste mesmo mes pechou unha emisión de débeda por 500 millóns de euros na que acadou o tipo de xuro máis baixo da historia da Autonomía. A operación formalizouse mediante unha emisión a un prazo de cinco anos e cun tipo de xuro do 1,37%.
Segundo os últimos datos do Banco de España, Galicia mantén un nivel de endebedamento 4,2 puntos inferior á media de comunidades, o que a sitúa entre as autonomías con menor ratio débeda/PIB. Este diferencial positivo é aínda maior (4,6 puntos) se se teñen en conta as empresas públicas.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: