ACTO DE ENTREGA COLECTIVA DO TICKET ELÉCTRICO

LUNS 24 novembro

hora > 11:00

lugar > Delegación Xunta de Galicia en Vigo (no edificio da Praza da Estrela na Consellería de Industria)

O TICKET ELÉCTRICO SOCIAL da Xunta: a pobreza enerxética como propaganda

Unha vez máis, a Xunta de Galicia desprega políticas sociais miserentas e ineficaces, nesta ocasión coa convocatoria dunha subvención para o pagamento da enerxía eléctrica: o chamado TICKET ELÉCTRICO SOCIAL.

A axuda convócase, supostamente, para paliar a crecente pobreza enerxética na que se atopan cada vez máis fogares da nosa comunidade. Porén o orzamento total adicado á mesma, 600.000 euros, amósase completamente insuficiente. Como xa nos ten acostumados, a Xunta publicita a bombo e prato unha esmola de axuda, pola que se conceden 45 € nun pagamento semestral (60 € para familias numerosas), que sen dúbidas, non solucionan o problema de moita xente que non é quen de afrontar o pagamento dos recibos, véndose privados dun ben de primeira necesidade, que debería estar nas mans e ao alcance de todas.

A isto, súmase o feito dos atrancos na presentación das solicitudes, que só poden facerse telematicamente, con sinatura dixital e coa documentación escaneada. O portal no que teñen que tramitarse as solicitudes non funciona, nin tan sequera nos ordenadores que a Xunta pon a estes efectos no seu edificio. En Vigo, só pode tramitarse a axuda nun ordenador na Consellería de Industria e a tramitación completa require máis de 45 minutos. Entre a documentación esixida atópase un informe dos servizos sociais do Concello que este négase expresamente a emitir.

En definitiva, unha sorte de despropósito e tomadura de pelo, na que a Xunta utiliza a precariedade e a falla de recursos da cidadanía para fins propagandísticos e electoralistas.

Por todo isto, unha parte da cidadanía convidamos a participar nun acto de entrega masiva de solicitudes, co fin de visualizar a imposibilidade real de tramitar as mesmas e denunciar a insuficiencia e miseria da axuda convocada.

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: