Galiza ten 1.500 docentes máis en situación precaria que en 2010

Galiza ten 1.500 docentes máis en situación precaria
que en 2010

O colectivo docente perdeu un 20% de poder adquisitivo en só catro anos

En Galiza duplicouse o número de docentes en situación precaria nos últimos catro anos. Segundo
os datos que manexa o Sindicato de Traballadores e Traballadoras do Ensino de Galiza (STEG),
dos 1.445 interinos/as ou substitutos/as durante o curso 2009¬2010, pasouse aos 2.982 a comezos
do actual. A organización sindical tamén critica o aumento das horas lectivas para o profesorado,
o “aumento exponencial” de prazas en interinidade e o “alarmante” incremento de prazas con
itinerancia, isto é, profesorado que ten que acudir a dous ou máis centros distintos durante a
semana, sobre todo nas especialidades de Pedagoxía Terapéutica e de Audición e Linguaxe.

Ademais, o colectivo docente perdeu ao redor dun 20% de poder adquisitivo en só catro anos.
Por exemplo, un mestre ou mestra con 15 anos de servizo neste corpo e sen cargo directivo, viu
reducido o salario un 8,64%, mentres que o índice de prezos ao consumo (IPC) se incrementou o
10,2%, o que significa unha perda de poder adquisitivo do 18,84%. Pola súa parte, un profesor ou
profesora de secundaria en idénticas condicións sufriu un recorte salarial do 9,96%, polo que a
perda acumulada ascende ao 20,16%.

Máis recortes, menos servizos

Ademais do aumento da precariedade e da perda de poder adquisitivo, o STEG sinala outras eivas
coas que se atopa o profesorado para realizar o seu labor. Unha delas é o incremento de horas
lectivas que se produciu nos últimos anos, o que está a ocasionar dificultades para que os docentes
fixen reunións, se coordinen e planifiquen actividades.

A isto cómpre sumar o proxecto de novo decreto de especialidades, que supón un “ERE masivo”
para o profesorado interino. Non será mellor a situación para o profesorado restante, que deberá
asumir esa carga de traballo, coa agravante de que o fará coa impartición de materias das que non é
especialista, “polo que ademais haberá unha maior deterioración da calidade educativa”, critica o
STEG.

“Ofensiva” contra a educación pública

En definitiva, “traballamos máis horas lectivas ca antes e, por mor dos recortes, facémolo con
menos recursos e peor pagados”, denuncia o sindicato, que ve nesta situación “un regreso a tempos
que críamos superados” e “unha proba máis da ofensiva” do PP contra a educación pública. Por
este motivo, o STEG pide unha participación “histórica” e en defensa da educación pública nas
eleccións sindicais do vindeiro 4 de decembro.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: