Luzes’ desembarcará en Barcelona o próximo martes 2 de decembro para presentar a revista ao público catalán

Revista Luzes en BCN Luzes-11-capaOs directores Manuel Rivas e Xosé Manuel Pereiro, xunto ao coordinador Iago Martínez, darán a coñecer a cabeceira en dous actos o 2 de decembro
A Facultat de Filologia ás 12.30 horas e o Centre Cívic Pati Llimona ás 20.00 horas acollerán as presentacións da publicación na cidade condal

Mércores, 26 de novembro.- Xornalismo que conta. Ese é o lema da Revista Luzes e iso levarán Xosé Manuel Pereiro, Manuel Rivas e Iago Martínez a Barcelona durante as dúas presentacións da cabeceira que celebrarán o próximo martes 2 de decembro na cidade condal. Os responsables editoriais de Luzes achegaranse primeiramente á Facultat de Filología da Universitat de Barcelona (Edifici Josep Carner. Sala del Professorat. C/Aribau, 2) ás 12.30 para dar a coñecer o conxunto deste proxecto xornalístico cuxo primeiro número apareceu nas librarías galegas en decembro de 2013. Xa pola tarde, contra ás 20.00 horas, o Centre Cívic Pati Llimona (C/Regomir, 3) acollerá unha segunda presentación na que, ademais de Rivas, Pereiro e Martínez, participarán Jordi Puig i Martín, da Asemblea Cultural Galega de Bacelona, e o xornalista Guillem Martínez, sinatura habitual nas páxinas da revista.
Os directores de Luzes, Xosé Manuel Pereiro e Manuel Rivas, arribarán a Barcelona cun número especial da revista baixo o brazo. O exemplar do mes de novembro trazou unha coidada análise da realidade catalá co gallo da consulta do 9-N. Baixo o títular “Catalunya sen tabús”, a revista inclúe perfís, crítica artística, escolmas literarias, amplas reportaxes ou entrevistas en profundidade; artigos todos eles que serviron para lles ofrecer aos lectores unha visión completa do proceso soberanista que está a vivir o país nos últimos anos.

PRENDER AS LUZES
Luzes chegou aos quioscos galegos en decembro de 2013 como unha revista anovadora, que pretendía recoller a mellor tradición do xornalismo. Aquel que establece que as historias hai que contalas tal como foron e co alento que se precise, non como conveñan ou onde caiban. Que os temas que hai que tratar non son os que interesan aos editores nin aos periodistas, senón aos lectores. Esa era e é a intención deste revista mensual, en galego, de 132 páxinas, dirixida por Manuel Rivas e Xosé Manuel Pereiro e coordinada por Iago Martínez, que neste mes de decembro cumprirá o seu primeiro ano de vida con preto de 1.000 subscritores e unha tiraxe de 2.000 exemplares cada mes. Unha vida que principiou como reacción á situación dos medios de comunicación en Galicia. Os promotores da publicación entenderon daquela e entenden hoxe que, “contra a crise dos medios, máis xornalismo”.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: