Archive | noviembre 27, 2014

LOS GRANDES NOMBRES DE LA AGENCIA MAGNUM RETRATAN TODAS LAS FACETAS DE LA CIUDAD DE PARÍS

unnamedRETRATAN TODAS LAS FACETAS DE LA CIUDAD DE PARÍS

El libro París Magnum es un retrato de la efervescencia de la capital francesa y de los grandes acontecimientos, personajes y celebridades que habitaron sus calles desde 1932 a 2014

Henri Cartier- Bresson, Martin Parr, David Seymour, Robert Capa, Inge Morath, Abbas, Guy Le Querrec, Raymond Depardon o Herbert List, entre otros fotógrafos de Magnum retratan la vida de la ciudad en todas sus formas

400 imágenes que revelan los cambios acontecidos en la ciudad a lo largo de estas décadas así como su fuerte personalidad y espíritu único y eterno

El editor Eric Hazan firma el prólogo inicial y los textos que acompañan a los capítulos cronológicos

‘Taitantos’ en Afundación en Pontevedra e Vigo

A Fundación Galicia Obra Social (Afundación) presenta mañá, venres 28, e o domingo 30 de novembro, en Pontevedra e Vigo, respectivamente, o espectáculo Taitantos, unha divertida e orixinal comedia sobre a nosa loita constante contra o tempo. As entradas para este espectáculo, para todas aquelas persoas que non adquirisen o abono da tempada, están dispoñibles nas canles habituais da entidade en www.servinova.com ou ben no teléfono 902 504 500. A función de Pontevedra terá lugar ás 20.30 h no Centro Social da fundación, localizado en Augusto González Besada, 2. A representación de Vigo será o domingo 30 de novembro ás 19.30 h no teatro do Centro Cultural da entidade, situado na rúa Policarpo Sanz, 13.

O PIB GALEGO REXISTRA UN CRECEMENTO INTERANUAL NO TERCEIRO TRIMESTRE DO 0,4% E O EMPREGO MEDRA POR PRIMEIRA VEZ DENDE 2008

clip_image002 O gasto en consumo dos fogares galegos mostra o mellor comportamento dende o inicio da crise, cun incremento do 0,5%
 O sector servizos rexistra un crecemento do 1,9%, e o sector primario, do 0,5%
 Os datos de contabilidade trimestral de Galicia non se poden comparar cos do INE porque aínda non incorporan as actividades ilegais, que poden ter un impacto duns 1.500 millóns de euros segundo estimacións do IGE

Santiago, 27 de novembro de 2014.- O Produto Interior Bruto (PIB) de Galicia rexistrou no terceiro trimestre un incremento interanual do 0,4%, mentres que o emprego aumentou un 0,7% respecto ao mesmo período do ano pasado e recupera taxas positivas por primeira vez dende o ano 2008.

Segundo os datos publicados hoxe polo Instituto Galego de Estatística (IGE), a variación interanual do PIB autonómico durante o terceiro trimestre foi do 0,4%, mentres que a taxa intertrimestral non rexistrou variación.

En todo caso, os datos de contabilidade trimestral do IGE non se poden comparar cos de contabilidade trimestral do Instituto Nacional de Estadística (INE), dado que os do IGE aínda non incorporan as actividades ilegais, que poden ter un impacto duns 1.500 millóns de euros segundo estimacións do IGE. Esta cifra representaría preto de 2,5 puntos do PIB galego.

Melloría do emprego
En canto á evolución do emprego, o número de postos de traballo equivalentes a tempo completo aumentou en Galicia no terceiro trimestre un 0,7%. Os datos do IGE confirman que dende o segundo trimestre do ano 2008 non se creaban postos de traballo equivalentes a tempo completo. Ademais, este indicador leva mellorando nove trimestres consecutivos.

En canto á demanda, no terceiro trimestre medrou un 0,9% o gasto en consumo final, o dato máis elevado dende o 2008. Tamén recupera taxas positivas a formación bruta de capital (0,2%), mentres que a demanda interna rexistra un crecemento do 0,8%.

Por sectores de actividade, o sector servizos presenta un crecemento interanual do 1,9% e todas as súas ramas rexistran taxas positivas. Neste sector resalta o comportamento da rama de comercio, transporte e hostalería, que aumenta un 2,9% respecto ao mesmo período do ano anterior. Ademais, a rama de agricultura, silvicultura, gandería e pesca aumenta un 0,5% en taxa interanual, grazas ao bo comportamento do sector pesqueiro.

PROGRAMACIÓN DE SINSAL OUTONO NO CONCELLO DE VIGO

unnamedFESTIVAL SINSAL 12

SINSALAUDIO PRESENTA EN ROLDA DE PRENSA A EDICIÓN OUTONO DO FESTIVAL CON IMPORTANTES NOVIDADES E O APOIO DO EXCMO CONCELLO DE VIGO

VIGO

Xoves 27 de outubro, 11:30

Sala de prensa de Alcaldía (planta primeira), Concello de Vigo

Coa presenza de:

Abel Caballero: Alcalde do Concello de Vigo

Julio Gómez: Codirector do Festival Sinsal

O Festival Sinsal 12 chega a Vigo, a súa cidade, o seu centro de operacións dende hai máis dunha década, na súa edición de Outono. Concertos en diferentes sedes e actividades paralelas celebrar a relación do festival con Vigo grazas ao apoio do seu Concello.

Un ano máis o Festival Sinsal desprega a súa programación en diferentes lugares da cidade para achegar á súa cidadanía o mellor dos ritmos contemporáneos, unha coidada selección de artistas e de actividades para poñer en valor a Vigo como receptora e xeneradora de iniciativas culturais. A música, un ano máis, será o centro da actividade do Festival Sinsal na súa edición número 12.

 Sinsal Outono xa está aquí.

A CONSELLEIRA DE FACENDA AVANZA QUE PERSOAL DA ATRIGA AXUDARÁ AOS PENSIONISTAS RETORNADOS NO PROCESO DE REGULARIZACIÓN E LEMBRA QUE NON HAI DISCRIMINACIÓN NA SÚA TRIBUTACIÓN

Elena Muñoz Fonteriz anunciou que antes de final de ano se aprobará un protocolo de colaboración coa Agencia Tributaria para facilitar este procedemento

  • Os pensionistas que se acollan a este proceso non pagarán sancións, recargos nin xuros de demora, e devolveránselles a aqueles que xa os pagaron
  • O presidente da Xunta dirixiuse ao ministro de Hacienda para que a AEAT non siga cos procedementos de apremio iniciados e co embargo de bens polo impago de sancións e os intereses liquidados.
  • A conselleira de Facenda, Elena Muñoz Fonteriz, anunciou hoxe que o persoal da Axencia Tributaria de Galicia (ATRIGA) estará a disposición dos pensionistas retornados ofrecéndolles toda a información necesaria co fin de facilitar o seu proceso extraordinario de regularización, e lembrou que non existe discriminación na súa tributación respecto ao resto de contribuíntes.

    Neste sentido, Muñoz Fonteriz explicou que para facer efectivo este compromiso antes de final de ano se aprobará un protocolo de colaboración coa Agencia Estatal de Administración Tributaria (AEAT), co que “estaremos en disposición de prestar toda a axuda e colaboración que precisen”, pese que a Xunta carece de competencias nesta materia.

    A titular de Facenda, que respondeu no Parlamento a unha pregunta oral sobre emigrantes retornados, sinalou que a Xunta “instará á AEAT para que estableza os medios persoais e materiais precisos para levar a cabo os labores de información e asistencia que precisen”.

    O proceso de regularización durará seis meses e iniciarase o 1 de xaneiro de 2015. Os pensionistas que se acollan a este procedemento non pagarán sancións, recargos nin xuros de demora, e a aqueles que xa o fixeron devolveránselles as cantidades aboadas.

    Desacordo
    Neste marco, Elena Muñoz Fonteriz mostrou o completo desacordo do Executivo galego co feito de que a AEAT siga cos precedementos de apremio iniciados e co embargo de bens como consecuencia do impago das sancións e os intereses liquidados.

    A conselleira explicou que o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, solicitoulle por carta ao ministro de Hacienda que a AEAT non siga con estes procedementos. A titular de Facenda trasladou tamén esta solicitude ao director da Axencia Tributaria do Estado.

    Ademais, lembrou que non existe discriminación na tributación dos pensionistas que estiveron na emigración e aqueles que traballaron exclusivamente en España, posto que de acordo coa lexislación vixente teñen a mesma tributación.

NOCHES DE ESPECTACULO CON «CRISTIAN SHOW» Recibidos x

f15El espectáculo de Cristian hace sus maletas después de estar 18 años en la playa de Samil. Coge sus vestidos sus pelucas, sus atrezos y sobre todo su arte e ingenio para trasladarse al centro centro.

La ubicación del nuevo local: ISLAND CLUB, que como el dice es su segunda casa, una apuesta que asegura dará mucho que hablar. Resume diciendo: «allá vamos, a reírnos de la crisis» .
Nos dice Cristian que es una alternativa única en la ciudad y se atreve a decir que en toda España.
El ha llamado al Island Club el Resort de Ocio y la diversión; por que puedes cenar con espectáculo o solo espectáculo y disfrutar de distintos ambientes de música con la mejor animación, diversión toda la noche y sin moverse del lugar.
Todo esto a partir de este Viernes 28 de Noviembre.
Todos los Viernes y Sábados os espera Cristian Show en Island Club
Plaza de la Estrella , nº8 VIGO